Guía de Cómics

Page 1

GUÍA DE CÓMICS PARA TODOS OS PÚBLICOS CLUB DE LECTURA AS CAMPAÍÑAS DO CPI DON AURELIO (CUNTIS)

A gracia de Bieito Fendeferro, o humor e a axilidade dos guións son irresistibles. Léndoo pasaredes un tempo divertido; moi divertido, terriblemente divertido!!Está ben porque conta historias parecidas ás de Mortadelo y Filemón As aventuras de Tintín é moi posiblemente a máis influente serie europea de banda deseñada do s. XX. Creada polo autor belga Georges Remi, coñecido polo pseudónimo de Hergé. A serie coñeceu desde os seus inicios un éxito sen precedentes. Calcúlase que se venderon desde entón máis de 250 millóns de álbums en 40 idiomas, sen contar as edicións piratas.

Cuarto cómic da serie «Un misterio para Simón». O protagonista, Simón Martel, resolve un novo caso, ambientado nesta ocasión na fermosa e misteriosa vila portuguesa de Sintra.

Os Barbazóns son unha familia celta composta pola nai, unha vella do castro de Baroña chamada Tara; os tres fillos dela, Con, Bre e Lerankos; a nora Irlandesa, Guinness; o xenro das montañas orientiais do que hoxe é Galiza, Bar; os tres netos, Son, Baal e Minu, e un oso de nome Banza. Todos eles están de aventuras na banda deseñada.

O pequeno Astérix, o galo, vive na sua aldea resistindo, cos seus amigos, ao dominio romano. Para enfrontar os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Menos Obélix, que caeu na poción cando ainda era bebé e por iso posúe naturalmente unha superforza.

Aventura policiaca en dúas partes, protagonizada polo capitán Blake e o profesor Mortimer que ten como marco as tumbas exipcias e o ambiente arqueolóxico.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Guía de Cómics by Cerqueiro Landín - Issuu