O Fervedoiro:
A invisíbel efervescencia da música galega
Román Landín Trazar un panorama da música galega no ano 2010 non deixa de ser unha tarefa curiosa cando o traballo de solistas e bandas está suxeito a uns ritmos diferentes aos que caracterizan unha produción cultural estábel e normalizada. Un disco de Berrogüetto ou Lamatumbá, por falar de dous grupos referenciais, ten un percorrido máis pausado e longo, e a dinámica da edición, presentación, difusión e contacto co público, que ao final retroalimenta a propia creación artística, non sabe de exercicios anuais.
Na escena galega hai calidade, variedade e apostas arriscadas e orixinais Calidade clandestina O ano que vén de rematar volve demostrar que na escena galega hai calidade, variedade e apostas arriscadas e orixinais. A que se debe entón que o público descoñeza o que se está a facer? Por que non existe unha demanda que responda a esta oferta talentosa e relativamente ampla? A música galega sobrevive á marxe dos circuítos maioritarios, o público non a atopa nos medios de comunicación, que lle prestan unha atención marxinal. E se isto sucede en xornais, radiofórmulas e canles de TV privados, máis grave é que os medios públicos prioricen a produción allea fronte á propia. Se o 2009 supuxo a desaparición de programas como Aberto por Reformas e Extrarradio na RG e Onda Curta e Miraxes na TVG, o 2010 confirmou a posición subalterna da música, confinada ás segundas canles e a horarios clandestinos da radio e televisión galegas. As no-
10
vidades discográficas rara vez teñen cabida en informativos e magazines, que non adoitan picar discos galegos nas ráfagas, anuncios e minutos musicais de recheo. A RG mesmo lle fixo contraprogramación ao Apologhit, concurso que viña coorganizando exitosamente con Vieiros, e lanzou o concurso Vas-sacar-nota. Sounds from Spain A esta eiva sumouse a falta de planificación institucional dunha Consellería de Cultura que parece desistir da encomenda de fortalecer unha industria musical aínda feble e necesitada de circuítos e estratexias de difusión. Relegada a un lugar secundario na programación xacobea, a consellería volveu caer na identificación entre música en galego e música de raíz. “O pop e a música galega marcan a axenda de concertos patrocinados por Xacobeo 2010”, titulaba un comunicado de prensa da Consellería. Ignoramos que prexuízos existen para non vender como música galega o rock, o pop, o hip hop ou a fusión, e si grupos que cantan en castelán e inglés. Isto mesmo se repite nas publicacións da AGADIC ou de Xuventude e nas feiras internacionais ás que acode Cultura, agora baixo o selo Sounds from Spain que dilúe a oferta diferenciada nunha etiqueta global. A falta de patrocinios aos festivais locais e comarcais, onde os grupos galegos se fixeran un oco nos últimos anos, e a inercia na xestión das redes de locais de ensaio e locais de música en vivo, debilita máis os circuítos que dan oportunidades ás novas xeracións musicais. Mais falabamos dunha oferta de calidade e diversa no 2010. A música de raíz retomou parte do vigor perdido na década cun auxe importante das citas reservadas á música tradicional e coa publicación dos discos de gran-