Con nome de muller

Page 1

Primeiro e Segundo Ciclo (1, 2)

Con nome de muller Guía de Lectura do Clube As Campaíñas Marzo de 2009 Cinco panes de cebada, Lucía Baquedano. (2) Unha xoven mestra que chega a un pequeno pobo cunha firme determinación de cambiar aos seus habitantes acaba absorbida por ese ambiente rural.

Raquel, Isabel-Clara Simó (2) Raquel, unha adolescente sensible e crítica, non quere a súa familia e tampouco se acepta a si mesma. Esta dor agudízase cando morre a súa mellor amiga. Asústate, Merche!, Fina Casalderrey. (2) Unha adolescente comparte os seus problemas e as súas inquedanzas cunha amiga imaxinaria a través dun diario que vai escribindo.

Cabeza de medusa, Marilar Aleixandre. (2) Dúas rapazas víctimas de violación sinten que son elas as que senten vergoña ante os demais, no canto de que as comprendan e axuden. Cuba linda y perdida, Mª del Carmen de la Bandera. (1,2) Un adolescente cubano vive os acontecementos do seu país, arriscando a súa vida.

Harry Potter y el misterio del príncipe, J.K.Rowling. (1,2) O encontro cun antigo ligro de pocións asinadas por un príncipe aureado de misterio fará correr toda unha serie de aventuras ao protagonista.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Con nome de muller by Cerqueiro Landín - Issuu