Linguas en contacto: as linguas minorizadas (traballo)

Page 1

TRABALLO DE SOCIOLINGÜÍSTICA LINGUAS EN CONTACTO. AS LINGUAS MINORIZADAS Introdución Esta actividade busca que o alumnado coñeza e identifique os principais fenómenos que se dan nos contextos de contacto entre linguas a partir do achegamento á situación de diferentes idiomas minorizados. A reflexión crítica sobre o perigo e as consecuencias da homoxeneización lingüística e cultural para as denominadas linguas minorizadas e sobre as políticas lingüísticas que procuran restituír a situación de desigualdade de dereitos que sofren os seus falantes persegue unha valoración positiva da diversidade lingüística mundial ao tempo que unha denuncia das situacións de vulneración desa propia diversidade O traballo desenvolverase en grupos de 3 ou 4 persoas que terán que elaborar unha presentación a partir dun guión común. Ademais da entrega do traballo, hai unha fase de exposición oral e posta en común seguindo un calendario acordado en cada grupo. Obxectivos - Coñecer as características comúns dos casos do plurilingüismo social. - Comprender os fenómenos principais que definen os contextos das linguas en contacto. - Posuír unha noción aproximada da situación social das linguas minorizadas en oposición ás linguas hexemónicas coas que conviven, así como as causas da súa minoración, a existencia de movementos sociais de defensa contra a súa asimilación, o seu grao de vitalidade e futuro... - Coñecer as políticas lingüísticas que procuran a promoción da riqueza lingüística fronte á homoxeneización cultural. - Buscar e seleccionar información na rede e presentala oralmente e por escrito na aula. Contidos - A diversidade lingüística no mundo. - Linguas en contacto: o conflito lingüístico. - Linguas maioritarias e linguas minoritarias. - Linguas oficiais e non oficiais. - Linguas hexemónicas e linguas minorizadas. - Bilingüismo e diglosia. - Os procesos de normalización lingüística. Competencias - Procura e análise de información a través da rede, tanto nas páxinas facilitadas na bibliografía común como noutras fontes de consulta. - Realización de traballos en equipo. - A presentación académica e a exposición oral. Actitudes e valores - Coñecemento e valoración positiva da pluralidade lingüística mundial. - Comprensión crítica das causas e consecuencias dos conflitos lingüísticos e da situación social, legal e xurídica das linguas minorizadas. - Valoración do traballo en equipo e avaliación das producións finais do grupo. - Valoración da importancia de dominar habilidades sociais como a expresión e comprensión oral en contextos formais. Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega-IES de Porto do Son) Curso 2010-2011. 4º da ESO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Linguas en contacto: as linguas minorizadas (traballo) by Cerqueiro Landín - Issuu