M¡ra: Bioloxía e Xeoloxía 1 (mostra)

Page 1


1 ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

MOSTRA

Utilizamos ferramentas STEAM

Un planeta cheo de vida

Os microorganismos

1 O método científico

2 O método tecnolóxico

3 As habilidades transversais

As plantas

Os invertebrados

Os vertebrados

Como é o noso

Os ecosistemas

Usamos os recursos do planeta

4 O Plan TIC TAC para o benestar dixital

5 O Plan Lingüístico

1 A Terra e as súas condicións para a vida

2 Características dos seres vivos

3 As células: número, tamaños e formas

4 A célula: estrutura e tipos

1 Microorganismos por todas partes

2 Os virus

3 As bacterias

4 Os protozoos

1 Como son as plantas?

2 As funcións vitais das plantas

3 A clasificación das plantas

4 A importancia das plantas

1 Como son os animais?

2 Os poríferos

3 Os cnidarios

4 Os vermes

1 Os peixes

2 Os anfibios

3 Os réptiles

4 As aves

1 O universo e o sistema solar

2 A Terra como sistema

3 A atmosfera terrestre

4 A hidrosfera

1 Os compoñentes dos ecosistemas

2 Os factores abióticos

3 As relacións alimentarias

4 As relacións non alimentarias

1 Utilizamos os recursos do planeta

2 Impactos na atmosfera

3 Impactos na hidrosfera

4 Impactos na xeosfera

1 O desenvolvemento sostible

2 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

3 Protexer a biodiversidade

4 Deter o cambio climático

6 As imaxes como ferramenta para aprender ciencia

5 A importancia das funcións vitais

6 Os niveis de organización dos seres vivos

7 A clasificación dos seres vivos

5 As algas

6 Os fungos

APRENDER APRENDERFACENDO FACENDO

5 Os moluscos

6 Os artrópodos

7 Os equinodermos

5 Os mamíferos

6 A importancia dos vertebrados

5 A xeosfera

6 Os compoñentes da xeosfera: minerais

7 Os compoñentes da xeosfera: rochas

8 A relación entre as capas da Terra

APRENDER APRENDERFACENDO FACENDO

5 Tipos de ecosistemas

6 O solo, a base dos ecosistemas

5 Impactos na biosfera

6 Un impacto global: o cambio climático

5 Loitar contra a desertificación

6 Xestionar os residuos

7 Unha soa saúde, One Health

APRENDER APRENDERFACENDO FACENDO

• Biodiversidade: O seguro de vida da natureza

• Reto final: Crea o teu propio sistema para clasificar seres vivos

• Protagonista: Carl von Linneo

• Profesión: ilustradora científica

• SIBO: Milagre ou marketing?

• Reto final: Crea a exposición fotográfica «Microorganismos ocultos»

• Plantas no dormitorio: Un perigo nocturno?

• Reto final: Crea unha campaña «verde» e protexe a natureza

Construímos un parque de animais microscópicos

• Insectos: Bichos repugnantes... ou non?

• Reto final: Crea a liña do tempo dun invertebrado

• Capibaras: De animais descoñecidos a estrelas de internet

• Reto final: Crea un animal do futuro que ninguén imaxinou... e debúxao

• Protagonista: Mary Engle Pennington

• Profesión: virólogo

• Protagonista: Celestino Mutis

• Profesión: agricultora ecolóxica

• Protagonista: Miriam Louisa Rothschild

• Profesión: apicultor

• Protagonista: Biruté Galdikas

• Profesión: veterinario

• Lixo espacial: A síndrome de Kessler, cando o espazo convértese nunha trampa mortal

• Reto final: Crea o teu informe de «fenómeno cazado»

Construímos un modelo 3D do sistema Terra

• Falsos «ecosistemas»: Que hai detrás destes?

• Mar de Aral: Do paraíso ao deserto, cando confundimos renovable con infinito

• A pegada de carbono: Responsabilidade persoal ou truco empresarial?

• Protagonista: Florence Bascom

• Profesión: meteorólogo

• Reto final: Crea o teu propio ecosistema en Marte

• Protagonista: Fernando González Bernáldez

• Profesión: enxeñeira forestal

• Reto final: Crea un tríptico sobre un recurso natural

• Protagonista: David F. Attenborough

• Profesión: xornalista científica

• Reto final: Crea solucións en equipo para coidar o planeta

Construímos dioramas dun futuro sostible

• Protagonista: Georgina Mace

• Profesión: restaurador ambiental

5 OS VERTEBRADOS

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Imaxina un pingüín ao sol do deserto, lonxe do mar.

Para que lle servirían as súas ás con forma de aletas? E a grosa capa de graxa que mantén a súa calor corporal? Estas características non só resultarían inútiles no deserto, senón que ademais dificultarían a supervivencia do noso pobre pingüín. Non obstante, todo cambia no polo. Alí son precisamente eses trazos os que permiten que os pingüíns poidan vivir onde para outras especies é imposible! Todos os vertebrados temos características que nos permiten vivir no noso medio natural, como os enormes ollos das curuxas, as «mans» dos morcegos ou a coiraza das tartarugas. Todos estamos adaptados ao medio no que vivimos.

Que ocorrería se o noso medio cambiase no futuro? Aparecerían novas especies con características que aínda non coñecemos?

O reto final

Imos debuxar un vertebrado do futuro con características adaptadas a un novo medio imaxinario.

• A que tipo de medios cres que están adaptados os ollos das curuxas e as «mans» dos morcegos?

• Que outros exemplos de adaptacións se che ocorren?

Que vas aprender?

1

2

3

4

5

6 Os peixes Os anfibios Os réptiles As aves Os mamíferos A importancia dos vertebrados Mirada crítica STEAM Power Que sabes?

Os peixes

1.1 Como son os peixes?

Os peixes son vertebrados acuáticos. A súa forma hidrodinámica e as súas extremidades, transformadas en aletas, permítenlles movérense na auga.

Así respiran os peixes

Auga con osíxeno disolto

Auga sen osíxeno

Sangue con O2

Sangue con CO2

Auga

As branquias son conxuntos de láminas polas que circula a auga rica en osíxeno. Estas láminas están en contacto cos vasos sanguíneos, polo que o osíxeno pasa ao sangue, que o transporta a todo o animal.

ACTIVIDADES

• Teñen simetría bilateral.

• Adoitan ter a pel recuberta de escamas protectoras.

• A maioría dispoñen de vexiga natatoria, que é unha pequena e fina bolsa que acumula aire e que cambia a flotabilidade do animal, o que lle permite ascender e descender a distintas profundidades.

• Son ectotermos, é dicir, non poden regular a súa temperatura corporal.

1.2 Como realizan as funcións vitais?

Nutrición

• A maioría dos peixes son carnívoros, entre os que hai depredadores e preeiros; tamén os hai herbívoros, que comen algas ou plantas, e omnívoros.

• Respiran mediante branquias, que poden estar protexidas ou non por unha cuberta dura denominada opérculo.

Relación

• Os peixes contan cun cerebro pequeno, co que interpretan a información do medio e coordinan as respostas.

• Teñen un órgano sensorial denominado liña lateral, que é un suco situado baixo a pel, ao longo de ambos os lados do corpo, que lles permite detectar as vibracións e as correntes de auga.

• Moitos peixes presentan coloracións vistosas para advertir do perigo ou atraer as parellas, ou ben coloracións que lles permiten camuflárense.

Reprodución

A reprodución dos peixes é sexual. Polo xeral son ovíparos, en cuxo caso, a femia libera na auga os ovos sen fecundar, sobre os que o macho libera os gametos masculinos. Este tipo de fecundación denomínase fecundación externa.

1 Explica que significa ter forma hidrodinámica. Analiza se todos os peixes teñen a mesma forma.

2 Deduce que lle pasaría a un peixe dun mar tropical cálido se o trasladásemos ao mar do Norte, preto do polo. Explica se podería sobrevivir e a que tería que adaptarse para facelo.

3 Pensa e deduce por que cres que algúns peixes teñen as branquias protexidas polo opérculo.

4 Observa a ilustración do peixe da páxina seguinte e verás que presenta diferentes tipos de aletas. Busca información sobre a función concreta que realiza cada unha delas.

Auga

Así son os peixes

Respiración a través de branquias

Opérculo

1.3 A clasificación dos peixes

Os peixes clasifícanse en dous grupos:

• Peixes óseos: teñen o esqueleto de óso. As súas branquias están protexidas polo opérculo. As súas escamas son planas e redondas. Teñen vexiga natatoria e a súa boca está situada en posición terminal ou dianteira. A súa aleta caudal é homocerca; é dicir, as súas dúas metades son iguais.

• Peixes cartilaxinosos: teñen o esqueleto de cartilaxe, que os fai máis flexibles. As súas branquias non están protexidas por un opérculo; no seu lugar, teñen fendeduras branquiais. As súas escamas son grosas e aguzadas. Carecen de vexiga natatoria. A súa boca está situada en posición ventral ou inferior e a súa aleta caudal é heterocerca; é dicir, as súas dúas metades son diferentes.

ACTIVIDADE COMPETENCIAL

Quen é quen?

a) Observa as imaxes destes peixes. Fíxate ben en todas as características externas e deduce a que grupo pertence cada un.

b) Agora que xa sabes o grupo ao que pertencen estes peixes, explica que outras características que non vemos terá cada un deles?

c) Observa agora as imaxes das escamas e deduce a que peixe corresponde cada unha.

Aleta caudal
Aletas dorsais
Aleta anal Aleta pelviana Vexiga natatoria

Os anfibios

Así son os anfibios

Os anfibios presentan respiración cutánea, que consiste en realizar o intercambio de gases a través da pel, fina e húmida.

Pel provista de glándulas.

ACTIVIDADES

1 Explica que significa ter respiración cutánea. Indica que outros tipos de respiración poden presentar os anfibios.

2 Describe cal é a función do sistema de liña lateral que presentan as larvas dos anfibios.

3 Deduce que cres que pasaría se os anfibios puxesen os seus ovos fóra da auga.

2.1 Como son os anfibios?

Os anfibios son vertebrados terrestres, pero dependen do medio acuático para a súa reprodución.

• Teñen simetría bilateral.

• A súa pel é moi fina e sen recubrimento impermeable. Está chea de glándulas que segregan substancias que os protexen do desecamento e dos depredadores, xa que, nalgunhas especies, estas glándulas poden conter veleno.

• Son tetrápodos, é dicir, presentan catro extremidades que lles serven para andar e nadar.

• Son ectotermos.

Pulmón

As súas patas rematan en dedos que, en ocasións, están unidos por membranas interdixitais que facilitan a natación.

2.2 Como realizan as funcións vitais?

Nutrición

• Os anfibios adultos son carnívoros e cazan pequenos invertebrados coa súa lingua longa e pegañenta. As larvas dalgunhas especies son omnívoras.

• Presentan respiración cutánea que complementan cunha respiración por pulmóns, aínda que moi rudimentarios, que desenvolven a maioría das especies en estado adulto; ou por branquias, como nas larvas e nalgunhas especies acuáticas.

Relación

O sistema nervioso dos anfibios conta cun cerebro simple e unha medula situada no interior da columna vertebral. Ademais, durante o desenvolvemento presentan un sistema de liña lateral, como o dos peixes, que se conserva nos adultos na maioría das especies acuáticas.

Reprodución

A reprodución dos anfibios é sexual. Os anfibios poñen os ovos na auga, xa que estes carecen de casca impermeable. A maioría dos anfibios sofre metamorfose.

ACTIVIDADE COMPETENCIAL

Aprendemos a distinguir grupos de anfibios

Os urodelos

Teñen o corpo alongado e catro patas de lonxitude similar. Presentan cola tanto na etapa larvaria como na fase adulta. Son carnívoros en todas as súas fases.

Píntega

Pintafontes

a) Como ves, hai dous tipos de anfibios: anuros e urodelos. Elabora unha táboa comparativa na que mostres as diferenzas entre eles.

b) Observa as fotografías superiores dos catro anfibios e elabora unha ficha descritiva coas características destas catro especies.

Fases do desenvolvemento da ra

Os anuros

Teñen o corpo ensanchado e só presentan cola no estado larvario. As súas patas traseiras están máis desenvolvidas e adaptadas ao salto. Son carnívoros só en fase adulta e teñen unha lingua pegañenta para atrapar as súas presas.

c) Observa os cambios que sofren a ra e o tritón desde a fase de ovo á de adulto e establece semellanzas e diferenzas.

Fases do desenvolvemento do tritón

Ra común
Sapo común

Os réptiles

3.1 Como son os réptiles?

Así son os réptiles

Lingua con función olfactiva

Pel con escamas córneas e grosas

Son tetrápodos, como este lagarto verde escuro, aínda que algúns non teñen patas (serpes) e outros téñenas modificadas para nadar (tartarugas mariñas).

Os réptiles poñen ovos con casca impermeable que os protexe do desecamento no medio terrestre.

Os seus dedos rematan en uñas.

Corpo alongado

Relación

• Desprázanse reptando.

• Ao seren ectotermos e non poderen regular a súa temperatura corporal, os réptiles poden entrar en letargo ou hibernar se a temperatura é moi baixa.

• O seu cerebro é simple. Detectan substancias a través da lingua, que capta partículas do aire e lévaas ata o órgano de Jacobson, sensible aos olores.

Reprodución

• Reprodúcense sexualmente mediante fecundación interna.

• A maioría son ovíparos e poñen ovos con casca . O ovo contén varias capas que protexen o embrión, que se desenvolve no seo dun líquido, no que pode respirar e do que se alimenta.

• Os réptiles non incuban os ovos.

Pulmón Cola

3.3 A clasificación dos réptiles

Hai tres grupos de réptiles: quelonios (tartarugas), crocodilianos (crocodilos) e escamudos (lagartos e serpes).

Os quelonios

Son as tartarugas terrestres e acuáticas. Teñen unha coiraza de placas córneas, na que poden agochar a cabeza e as extremidades. As súas mandíbulas sen dentes forman un peteiro co que cortan o alimento. As terrestres son herbívoras, e as acuáticas, carnívoras.

Sapoconcho leproso

Os escamudos

Os escamudos mudan periodicamente a súa pel con escamas. A súa lingua é bífida, é dicir, está dividida en dúas ramas. Este grupo divídese en dous subgrupos: saurios e ofidios.

Os saurios

Son os lagartos, as lagartas e as iguanas. A maioría son terrestres e carnívoros, aínda que algúns son herbívoros.

ACTIVIDADES

Os crocodilianos

Inclúen os crocodilos e os caimáns, que son animais acuáticos ou terrestres de gran tamaño. A súa pel ten escamas grandes e duras. Son depredadores e teñen mandíbulas grandes con poderosos dentes para atrapar as súas presas.

Crocodilo

Os ofidios

Escamas

Son as serpes. Poden ser terrestres e acuáticas. Carecen de patas. Son carnívoras e algunhas producen veleno, que inxectan cos cairos ás súas presas.

1 Explica por que os réptiles son animais que xa non dependen da auga para a súa reprodución.

2 Deduce por que cres que un lagarto do deserto se enterra durante a noite e ao mediodía busca unha sombra para abrigarse.

3 Explica que diferenza principal existe entre os ovos dos anfibios e os dos réptiles.

4 Copia e completa a táboa seguinte coas características dos grupos de réptiles.

Grupo Pel cuberta de... Boca Patas Hábitat, alimentación Exemplos ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

Así son as aves

4.1 Como son as aves?

As aves son vertebrados terrestres. O seu corpo é aerodinámico e está cuberto de plumas, características que facilitan a súa adaptación ao voo, aínda que non todas voan.

• Teñen simetría bilateral.

• Teñen plumas; algunhas sérvenlles para voar, como as das ás ou a cola; outras, como a penuxe, axúdanlles a conservar a calor corporal.

• Son tetrápodos. As extremidades dianteiras están transformadas en ás; as traseiras son patas cubertas de escamas. Nos pingüíns, as ás están transformadas en aletas.

• Non teñen dentes, senón un peteiro forte.

• Son endotermos, é dicir, manteñen a súa temperatura corporal constante e independente da do medio.

Sacos aéreos Ás

Patas cubertas de escamas

ACTIVIDADES

1 Busca unha imaxe dunha ave que demostre que ten simetría bilateral e describe tres das súas características simétricas.

2 Deduce por que as aves teñen un corpo aerodinámico.

3 Explica que significa que as aves son animais tetrápodos e endotermos

4 Investiga en que se diferencian as ás dun pingüín, dunha avestruz e dunha aguia. Ten en conta a súa estrutura e tamén as súas funcións.

Peteiro
Pulmón

4.2 Como realizan as funcións vitais?

Nutrición

• Poden ser herbívoras, carnívoras ou omnívoras. A forma do peteiro varía segundo o tipo de alimentación.

• A moega é un músculo do estómago das aves que lles axuda a triturar alimentos duros, como as sementes. Ás veces conteñen pedras que as aves inxiren para mellorar esa dixestión mecánica.

• Respiran mediante pulmóns que están comunicados cunhas bolsas chamadas sacos aéreos, que favorecen a respiración e axudan a mantelas en voo.

Relación

• Algunhas aves comunícanse mediante gran diversidade de sons e cantos. E no momento do cortexo poden engadir sinais visuais, mostrando a súa plumaxe ou realizando algún tipo de danza.

• Presentan grande agudeza visual, especialmente as aves depredadoras. As aves nocturnas perfeccionaron o sentido do oído.

• Os ósos das aves son ocos, o que alixeira o seu peso durante o voo. Ademais, as aves voadoras teñen un esterno moi desenvolvido chamado insiren os fortes músculos que moven as ás.

Por que voan as aves?

As plumas das aves

Pluma de voo

Pluma de contorno Penuxe

As aves teñen tres tipos de plumas: as de voo, que serven para voar; as de contorno ou cobertoras, que recobren o corpo; e a penuxe, que serve para illar do frío. A penuxe é a primeira plumaxe que desenvolven os pitos.

Teñen ás moi desenvolvidas.

Posúen ósos ocos, que son máis lixeiros.

Na quilla engánchanse músculos fortes que necesitan para o voo.

O seu corpo, aerodinámico, está adaptado ao voo.

ACTIVIDADES

5 Investiga Relaciona de alimentación de cada ave.

6 Imaxina que nun restaurante probas unha receita tradicional de moegas de polo en salsa. Ao comelas, parece que están máis duras que outros tipos

Teñen quilla.

7 Indica cales das seguintes características favorecen o voo: sacos aéreos, peteiro pequeno, ósos ocos, tamaño grande, plumas, vista aguda, quilla.

Así son os ovos das aves

Casca: capa externa e endurecida, formada principalmente por carbonato cálcico.

Xema ou vitelo: parte central e alaranxada do ovo. Contén proteínas, graxas, vitaminas, sales minerais...

Aves voadores e corredoras

Grúa

Reprodución

• A reprodución das aves é sexual. Son ovíparas.

• Poñen os seus ovos en niños e incúbanos para mantelos quentes ata a súa eclosión.

O ovo consta das seguintes partes: casca, albume ou clara, xema ou vitelo e cavidade amniótica.

Albume ou clara: composta por proteínas e auga.

Cavidade amniótica: chea de líquido amniótico no que se desenvolve o embrión.

A clasificación das aves

En función da súa capacidade para o voo establécense dous grupos:

• Aves carenadas ou voadoras: teñen quilla e inclúen aves moi diversas, como o voitre branco ou o canario.

• Aves ratites ou corredoras: carecen de quilla e as súas ás están atrofiadas, polo que se desprazan correndo ou saltando. Pertencen a este grupo aves como as avestruces, os ñandús e os kiwis.

ACTIVIDADES

8 Explica cal é a principal diferenza entre unha ave carenada e unha ave ratite. Pon tres exemplos de cada grupo.

9 Di que función ten cada parte do ovo das aves.

10 Investiga as seguintes curiosidades sobre os ovos das aves:

a) Que especie pon o máis grande?, e o máis pequeno?

b) De que depende a cor da casca do ovo das galiñas?

c) Por que algunhas xemas son máis amarelas?

d) Débense lavar os ovos antes de cociñalos?

Que precaucións se deben tomar para evitar a salmonelose?

Embrión
Avestruz

ACTIVIDADE COMPETENCIAL

Como son as aves que hai ao teu arredor?

Sexamos detectives de aves. Cada característica das aves ten a súa función. Fíxate nas imaxes e relaciona cada ave cunha das súas calidades máis destacadas.

Picafollas de Bonelli

Peteiro grande e lingua pegañenta para capturar formigas nas cortizas das árbores.

Peteiro curto, groso e robusto, de cor rosada, que utiliza para romper sementes.

Peteiro medio, de cor amarelenta, para coller alimentos brandos como vermes, insectos ou froitas.

Peteiro ganchudo que esgaza a carne. Vista aguda.

Ave moi voluminosa, que adoita desprazarse camiñando. Cor e raias da plumaxe para camuflarse en estepas e cultivos de cereal.

Peteiro plano para alimentarse de plantas acuáticas.

Peteiro longo e algo curvado para atrapar insectos en voo. Vista aguda e coloración vistosa.

Ave pernilonga e de peteiro moi grande, que captura peixes, ras, cobras, ratas, insectos e materia vexetal. Gran envergadura alar para migrar longas distancias.

Peteiro fino para comer insectos.

Aguia real
Cardeal trompeteiro
Merlo
Abellaruco
Peto ibérico
Avetarda
Cegoña negra
Raboalzado

Os mamíferos

5.1 Como son os mamíferos?

Os mamíferos son vertebrados terrestres ou acuáticos. Presentan mamas, que producen leite, e polo xeral teñen o corpo cuberto de pelo.

• Son tetrápodos. As súas catro extremidades están adaptadas ao tipo de locomoción. Poden adoptar forma de pata, de aleta ou de á.

• A maioría dos mamíferos teñen o corpo cuberto de pelo, que lles axuda a manter a súa temperatura corporal.

• Son endotermos.

• Teñen numerosas glándulas, como as que segregan graxa ou suor. As máis características son as mamas, que son glándulas que producen leite, co que as femias alimentan as crías durante as súas primeiras etapas de desenvolvemento.

Así son os mamíferos

A forma e a disposición dos dentes varían segundo como se alimenten.

ACTIVIDADES

1 Redacta un pequeno texto que xustifique por que as baleas son mamíferos.

Catro extremidades

5.2 Como realizan as funcións vitais?

Nutrición

Corpo cuberto de pelo

2 Explica que vantaxes lle dá a un mamífero ter pelo na pel, glándulas sebáceas e sudoríparas. Súan todos os mamíferos?

3 Os seres humanos tamén somos mamíferos. Busca información sobre como as persoas realizamos as funcións vitais.

• Os mamíferos poden ser herbívoros, carnívoros ou omnívoros. Adaptáronse ao seu tipo de alimentación cun tubo dixestivo complexo con diversos compartimentos, glándulas anexas e unha microbiota adecuada.

• A boca especializouse na captura e na fragmentación do alimento, como os caninos nos carnívoros ou os molares nos ruminantes. Algunhas baleas aliméntanse filtrando a auga a través das súas barbas.

• Todos os mamíferos respiran a través de pulmóns, incluso os mamíferos acuáticos.

Pulmón

• O seu sistema circulatorio é pechado e dobre, cun circuíto xeral e outro pulmonar. O sangue é impulsado por un corazón complexo que consta de catro cámaras.

• Os produtos de refugallo son filtrados do sangue por dous riles, almacenados na vexiga e eliminados ao exterior a través da uretra.

Relación

• Para captar os estímulos externos, os mamíferos presentan órganos dos sentidos, cuxo nivel de agudeza varía duns animais a outros.

• O sistema nervioso dos mamíferos está moi desenvolvido. Consta dun sistema nervioso central formado polo encéfalo e a medula espiñal e un sistema nervioso periférico formado por nervios que se estenden por todo o organismo.

• Responden rapidamente aos estímulos cos movementos dos seus músculos ou segregando substancias, como o veleno. As respostas máis lentas son coordinadas mediante o sistema endócrino, que se basea na liberación de hormonas ao sangue que actúan sobre certos órganos diana.

Reprodución

• A reprodución é sexual.

• Aínda que algúns mamíferos poñen ovos, como o ornitorrinco, a maioría das especies son vivíparas.

ACTIVIDADE COMPETENCIAL

E se non fósemos mamíferos?

Como sabes, os seres humanos somos animais mamíferos. Imaxina que en vez de pertencer á orde dos primates evolucionaramos doutros grupos de animais. Aquí tes tres estraños seres humanos. Despois de observalos atentamente:

a) Indica que grupos animais relacionarías con cada unha das imaxes destes estraños seres humanos.

b) Explica que características os fan parecerse aos Homo sapiens e cales os diferencian.

c) Inventa un nome científico para estas novas especies.

d) Elixe un grupo animal non representado nas imaxes e describe como sería unha especie similar aos seres humanos que puidese evolucionar a partir dese grupo. Inventa un nome para a especie e describe as súas características principais. Por último, realiza un debuxo de como a imaxinas.

Os mamíferos alimentan as súas crías co leite das glándulas mamarias.

Os mamíferos

5.3 A clasificación dos mamíferos

Os mamíferos clasifícanse en tres grandes grupos: os monotremos, os marsupiais e os placentarios.

Os monotremos Os marsupiais

Son os mamíferos máis primitivos. Son ovíparos e as súas mamas non teñen mamilas. Poden ser terrestres, como a equidna,, que presenta un fociño alongado; ou acuáticos, como o ornitorrinco, con fociño en forma de peteiro plano e patas con membranas interdixitais, que utiliza para nadar.

Os marsupiais son mamíferos vivíparos. As femias presentan un marsupio, que é un pregamento da pel a modo de bolsa no que se atopan as mamas con mamilas, onde as crías completan o seu desenvolvemento. Son terrestres.

https://blabla.com

3

1

2

Os roedores teñen dentes incisivos prominentes que nunca deixan de crecer. Son os ratos, esquíos, castores, etc.

Durante o sono, os golfiños desconectan unha metade do cerebro e o ollo oposto.

4

5

Os elefantes teñen o récord de duración do embarazo: as crías pasan case dous anos no ventre materno!

Os preguiceiros pasan a maior parte do tempo pendurados das árbores. Só baixan ao chan para facer as súas necesidades.

Os chimpancés utilizan xestos e acenos para comunicárense entre eles.

Os placentarios

Os placentarios son mamíferos vivíparos entre os que se atopa o ser humano. As crías desenvólvense completamente no interior da nai, onde son alimentadas por un órgano especial, denominado placenta. Poden ser terrestres, acuáticos ou estar adaptados ao voo, como os morcegos.

Os mamíferos acuáticos como os golfiños son grandes nadadores, capaces de aguantar a respiración durante moito tempo.

Os morcegos son os únicos mamíferos voadores. Hainos vexetarianos e carnívoros. Para cazar usan a ecolocalización: o morcego emite un son e este rebota na presa e volve ao morcego. Así sabe onde está o seu alimento!

ACTIVIDADES

4 Investiga como é a anatomía interna e externa dunha ave e dun morcego. Debúxaas no teu caderno e indica as súas semellanzas e as súas diferenzas.

5 Indica as diferenzas entre:

a) Ovíparo e vivíparo.

b) Marsupio e placenta.

Os carnívoros, como os lobos e os linces, teñen a dentadura adaptada para desgarrar a carne das súas presas.

Pezuños pares

Os mamíferos con pezuño pertencen a dous grupos distintos, segundo teñan un número par ou impar de pezuños.

Os monos, os chimpancés, os gorilas e os orangutáns pertencen ao grupo dos primates. Os seres humanos tamén pertencemos a este grupo.

6 Creade un pequeno museo de curiosidades na clase, con pequenas cartolinas de cores. Para iso:

a) Facede unha lista de mamíferos curiosos mediante unha chuvia de ideas.

b) Consensuade o modelo de póster cos datos que consideredes relevantes, como nome científico, hábitat, alimentación, etc.

A importancia dos vertebrados

Algúns danos

Aínda que algúns animais vertebrados poden ser prexudiciais, a gran maioría deles achegan numerosos beneficios para os ecosistemas e para os seres humanos.

A continuación, imos repasar algúns dos danos e beneficios que nos proporcionan os vertebrados.

ACTIVIDADE COMPETENCIAL

Somos nós prexudiciais para outros animais?

Vimos como moitos animais son prexudiciais para os seres humanos, pero, pensamos algunha vez se nós somos prexudiciais para outros animais?

Nesta actividade imos darlle a volta a este punto de vista.

a) Elixe dous animais aos que lles causemos dano ou poñamos en perigo os seres humanos.

b) Escribe unha pequena redacción desde o punto de vista do animal explicando por que somos os seres humanos prexudiciais para eles.

Constitúen pragas

Algúns vertebrados poden producir pragas que lle afectan ao ser humano destruíndo cultivos, como, por exemplo, algúns roedores, ou provocando molestias e danos, como as pombas nas cidades, cuxos excrementos poden deteriorar edificios e monumentos históricos.

Son velenosos

Hai especies, como as serpes, que poden resultar velenosas para as persoas. Ou como o peixe araña que ten aguillóns velenosos que se poden cravar na pel se se pisan accidentalmente.

Transmiten enfermidades

Algunhas especies, como as ratas, poden transmitir enfermidades.

Aquí tes algunhas pautas para axudarche:

• Pensa sobre os prexuízos que lle poderiamos causar á especie. Destruímos os ecosistemas nos que viven? Transmitímoslles enfermidades? Actuamos directamente para destruír esa especie?

• Pensa sobre os beneficios que poderiamos achegarlles. Creamos espazos onde poidan vivir? Aprovéitanse dos nosos desperdicios ou dos nosos alimentos?

• Busca información sobre como se producen as pragas ou os danos específicos que nos poden causar e, a continuación, investiga se os seres humanos podemos estar causando desequilibrios que as provoquen.

Algúns beneficios

Son alimentos

Moitos vertebrados, como os peixes e as especies de gandería, proporcionan alimento.

Controlan pragas

Algunhas especies de vertebrados, como os morcegos e as rapaces, son útiles para controlar pragas que danan cultivos ou que poden transmitir enfermidades aos seres humanos.

ACTIVIDADES

1 A pesar de que somos conscientes do importantes que son os animais e dos beneficios que nos achegan, existen outros animais que percibimos como molestos ou prexudiciais, e incluso hai especies que pensamos que poderían desaparecer sen ningún impacto na nosa vida. Cres de verdade que estas especies non son importantes? Investiga sobre os seguintes animais «molestos» ou «inútiles»:

a) Os mosquitos producen picaduras e transmiten enfermidades. Investiga: Son alimento doutros animais importantes para nós? Que papel xogan na fabricación do chocolate?

Proporcionan materias primas

Algunhas especies proporciónanlle materias primas ao ser humano. Outras especies son utilizadas tamén como transporte e para o traballo agrícola.

Acompáñannos

Algúns vertebrados domésticos, como os cans e os gatos, proporcionan compañía e afecto ás persoas, e incluso as guían, como os cans adestrados para asistir aos invidentes.

b) Os morcegos tamén son animais pouco apreciados. Investiga sobre eles e explica. De que se alimentan? Desempeñan un papel na reprodución das plantas e na agricultura? Por que?

2 En grupos de traballo, investigade sobre outros animais e descubride os seus beneficios. Debatede na clase:

a) Temos dereito a eliminar os animais que non nos beneficien?

b) Podemos estar seguros de que realmente eses animais non son importantes para nós ou para o ecosistema?

Capivaras

De animais descoñecidos a estrelas de internet

As capivaras son os roedores máis grandes do mundo, nativos de América do Sur. Nos últimos anos, pasaron de ser unhas criaturas case descoñecidas para o público xeral a protagonizar vídeos virais, memes, e unha ampla gama de produtos como peluches, mochilas e accesorios.

A capivara, tamén chamada carpincho, porco de auga ou chigüiro, é o roedor máis grande do mundo. O seu nome científico é Hydrochoerus hydrochaeris, que en grego significa «porco da auga». Nas redes sociais, aparecen representadas como modelo de convivencia pacífica cos demais animais.

Pero, son realmente as capivaras tan cariñosas e bonitas como cremos? Canta xente viu unha foto

dunha capivara real? Sabemos como viven no seu medio natural? Que características teñen máis alá da súa aparencia «relaxada»? E por que pasaron de seren animais descoñecidos en Europa a iconas culturais?

Como científicos e científicas en formación, é importante que aprendamos a distinguir entre a percepción xeral dos animais que circula nas redes sociais e a realidade biolóxica das especies. Desenvolveremos a nosa mirada crítica non só respecto ás capivaras, senón respecto a outros seres vivos que tendemos a «antropomorfizar» (é dicir, dotámolos de características humanas que os volven entrañables para nós).

1 Investiga a capivara real. Busca información científica sobre as capivaras. Utiliza polo menos dúas fontes fiables (libros de texto, enciclopedias, webs especializadas) para descubrir: o seu hábitat natural, o seu comportamento social, as súas adaptacións físicas ao medio, a súa alimentación…

2 Observa o fenómeno cultural. Busca exemplos de como se representa a capivara en memes, redes sociais, xoguetes, debuxos animados, etc. Recolle tres ou catro ideas populares sobre as capivaras.

3 Contrasta os datos. Explica con datos científicos se as ideas populares son certas, parcialmente certas ou falsas. Identifica tres características reais das capivaras que non adoitan aparecer nos memes ou vídeos virais.

4 Reflexiona sobre este tema. Por que cres que as capivaras se volveron tan populares? Que características pensas que se esaxeraron ou idealizaron? Cres que pode esta popularidade axudar a protexer esta especie ou que, pola contra, pode xerar aínda máis problemas? Que outras especies pasaron por transformacións similares na cultura popular?

Organiza as túas ideas

1 Copia e completa no teu caderno o organizador gráfico seguinte. Elabora un similar para outro grupo de vertebrados.

Para ... como ...

Para ... como ...

plumas

...

As aves

Non teñen ... senón ...

Son ..., manteñen a súa ...

Son tetrápodos

As extremidades traseiras ...

As extremidades dianteiras ...

2 Elabora o teu propio resumo da unidade seguindo este guión:

• Nomea as características principais dos peixes e cita os grupos que existen.

• Cita as características dos anfibios establecendo diferenzas entre anuros e urodelos.

• Explica en que consiste a metamorfose dun anfibio.

• Nomea as características principais dos réptiles e cita os diferentes grupos de réptiles que existen.

• Explica a vantaxe que supón, fronte aos anfibios, o ovo con casca dos réptiles.

• Nomea as características principais das aves e cita os grupos de aves que existen.

• Nomea as adaptacións que presentan as aves para o voo.

• Nomea as características principais dos mamíferos e explica en que se diferencian monotremos, marsupiais e placentarios.

3 Comenta a importancia dos vertebrados citando dous beneficios e dous prexuízos que supoñan para o ecosistema e para os humanos.

Teñen
Simetría

Repasa

Vocabulario científico

1 Relaciona os seguintes termos coa súa definición: aleta homocerca opérculo

tetrápodos endotermos aleta heterocerca ovíparos ectotermos moega vitelo

• Animais que manteñen a súa temperatura corporal constante e independente da do medio.

• Músculo do estómago das aves que lles axuda a triturar alimentos duros.

• Animais que poñen ovos.

• Parte central e alaranxada do ovo, tamén chamada xema.

• Cuberta dura que protexe as branquias dos peixes.

• Aleta na que as súas dúas metades son diferentes.

• Animais que teñen catro extremidades.

• Animais que non poden regular a súa temperatura corporal.

• Aleta na que as súas dúas metades son iguais.

Interpreta imaxes

2 Observa as imaxes de diferentes mamíferos.

a) Identifica cada un dos tres grupos de mamíferos.

b) Di que criterio utilizaches para clasificalos.

c) Indica a que grupo pertence a especie humana.

3 Identifica o proceso da imaxe, indica de que grupo de vertebrados é característico e explícao brevemente.

Aplica

4 Atopa e xustifica o intruso nos seguintes grupos de animais:

a) Serpe, pintafontes, lagarto, iguana.

b) Dourada, golfiño, quenlla, pescada.

c) Avestruz, pardal, morcego, gaivota.

d) Canguro, cervo, balea, crocodilo.

5 Establece dous criterios para diferenciar:

a) Un anfibio e un réptil.

b) Unha ave ratite e unha ave carenada.

c) Un placentario e un monotremo.

d) Un peixe óseo e un peixe cartilaxinoso.

Avanza

6 A Organización Mundial de Sanidade Animal define o benestar animal como o ‘estado físico e mental dun animal en relación coas condicións nas que vive e morre’ e defende as cinco liberdades dos animais.

a) Explica coas túas propias palabras que é o benestar animal.

b) Investiga cales son as cinco liberdades dos animais.

c) Expresa a túa opinión sobre esta frase: «os animais non son obxectos senón seres sentintes».

d) Elabora unha listaxe de, polo menos, cinco actividades na túa vida diaria que poden ter unha repercusión sobre o benestar dos animais.

Paso que hai que seguir para realizar o reto final:

Elixide un animal vertebrado

1 4 5 2 3

Xxx

• Formade parellas de traballo.

• Xxx

• Elixide un animal vertebrado que vos guste.

• Intentade que, entre toda a clase, haxa polo menos unha especie de cada grupo de vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.

Investigade o medio no que vive.

• Buscade información do lugar onde vive: en que parte do mundo está, cal é o seu clima, a súa vexetación, o seu relevo, etc.

• Pensade que características físicas ou comportamentos lle permiten sobrevivir nese medio.

Imaxinade un cambio nese medio

• Imaxinade algunhas transformacións que podería sufrir, no futuro, o medio no que vive o animal que escollestes e escribídeas.

Imaxinade e debuxade o voso «animal do futuro»

• Imaxinade as novas características (físicas ou de comportamento) do voso animal, que lle permitirán adaptarse ao seu novo medio.

• Debuxade o voso «animal do futuro», amosando as súas novas características. Reflectide os cambios no seu corpo e as súas novas habilidades ou comportamentos no debuxo.

Compartide os vosos traballos

• Preparade unha breve exposición para a clase na que amosedes os vosos debuxos e expliquedes as adaptacións que se vos ocorreron.

• Podedes montar unha exposición colectiva de futuras especies!

Nesta unidade, aprendiches a recoñecer as características dos distintos grupos de vertebrados e a valorar a súa importancia para o medio e para os seres humanos. Reflexiona sobre a túa aprendizaxe completando o cuestionario «Como aprendín?» dispoñible no teu proxecto dixital.

STEAM POWER STEAM POWER

A MIÑA PROTAGONISTA

BIRUTÉ GALDIKAS

AS MIÑAS HABILIDADES

• Resiliencia

• Empatía

• Paixón

• Traballo en equipo

• Minuciosidade

Grazas ás súas investigacións, agora coñecemos mellor a vida e os costumes dos orangutáns.

Biruté Galdikas é unha primatóloga especializada na protección dos orangutáns, unha especie ameazada debido á perda do seu hábitat e á caza ilegal. O seu traballo resulta vital nun momento no que máis do cincuenta por cento das especies de primates atópanse en perigo de extinción.

Nacida en Alemaña en 1946 e criada en Canadá, Biruté sentiuse fascinada polos orangutáns desde pequena. Viaxou a Borneo en 1971 para estudar a estes animais no seu hábitat natural.

Galdikas realizou achegas científicas de enorme relevancia. Grazas ás súas investigacións, agora coñecemos mellor a vida e os costumes dos orangutáns. Creou o Campamento Leakey en Borneo, un centro de rehabilitación para orangutáns, no que moitos animais foron reintroducidos con éxito na natureza, e promoveu campañas internacionais para evitar a extinción destes primates.

Biruté Galdikas demostrou unha gran resiliencia fronte ás adversidades e un firme compromiso coa súa causa. A súa capacidade para traballar en equipo e a súa empatía, xunto á súa minuciosidade e a súa paixón polo que fai, permitíronlle converterse na maior experta en orangutáns do mundo.

Hoxe, con máis de 50 anos de traballo no campo, Galdikas segue loitando pola conservación dos orangutáns e o seu hábitat, e o seu labor continúa inspirando a xeracións de mozos para seguir os seus pasos na protección da biodiversidade do noso planeta.

VETERINARIO

Ola, chámome Eduardo e son veterinario. A miña profesión consiste en coidar e protexer a saúde dos animais. Diagnostico enfermidades, trato lesións, realizo cirurxías e administro vacinas, pero tamén lles ensino aos donos das mascotas a coidar dos seus animais e a previr as súas enfermidades.

Para dedicarme a esta profesión, estudei a carreira de Veterinaria, na que aprendín moito sobre os animais e as súas enfermidades, e fixen prácticas en clínicas veterinarias. No meu traballo necesito instrumentos como o estetoscopio, o termómetro, xiringas e materiais cirúrxicos. Tamén utilizo a tecnoloxía dixital para manter rexistros médicos, buscar información e realizar diagnósticos mediante radiografías ou ecografías. Leo moitos artigos científicos para estar actualizado sobre os últimos avances en medicina veterinaria.

Na miña consulta atendo gran variedade de animais, desde cans e gatos ata aves ou réptiles. Outros compañeiros e compañeiras especialízanse en animais de granxa ou en animais exóticos ou salvaxes.

Ser veterinario require paciencia e empatía ao tratar con animais, habilidade para observar e interpretar os datos e moita responsabilidade á hora de facer diagnósticos. En situacións de emerxencia teño que poñer en práctica a miña capacidade para traballar baixo presión.

O que máis me gusta de ser veterinario é a oportunidade de mellorar a vida dos animais. Cada vez que logro que un animal se recupere ou que unha familia comprenda mellor como coidar a súa mascota, sinto que estou mellorando un pouco este mundo!

O CASO DE MAX

Max, un can normalmente moi activo, parece desganado e apático. Ultimamente bebe moita auga e apenas come. Estou dubidando entre tres posibles enfermidades: diabetes canina, depresión ou enfermidade cardíaca.

1. Busca información sobre estas tres enfermidades e compáraas cos síntomas que ten Max.

2. Cal destas tres enfermidades cres que ten Max? Argumenta a túa elección.

• Capacidade de traballar baixo presión

• Empatía

• Paciencia

• Responsabilidade

• Aprendizaxe constante

SABÍAS QUE...?

Na España rural tradicional, o labor dos actuais veterinarios e veterinarias realizábano os «albeites», persoas que aprendían o seu oficio de maneira empírica e a través da transmisión oral de coñecementos de xeración en xeración. A palabra «albeite» vén do árabe al-baytar, que significa 'médico de cabalos', e aínda se emprega nalgunhas rexións para referirse a estes profesionais.

AS MIÑAS HABILIDADES

APRENDER FACENDO APRENDER FACENDO

CON METODOLOXÍA MAKER

Se prefires facer o teu modelo dixitalmente, consulta o recurso «Dosier dixital», dispoñible no teu proxecto dixital.

Construímos un parque de animais

microscópicos

Descubriredes un universo en miniatura! Neste proxecto non só desvelaredes os segredos de animais microscópicos tan fascinantes como ácaros, rotíferos, tardígrados e colémbolos, senón que os converteredes en protagonistas da vosa creatividade artística.

Coñecer estas especies e o seu papel nos ecosistemas contribuirá a apreciar a biodiversidade desde outra perspectiva. Ides observar, fotografar, debuxar e expoñer estes animais nun bioparque microscópico de deseño propio.

Como resolveredes os problemas que presenta o seu estudo? Como poñeredes en práctica a vosa creatividade para mostrarlle ao mundo o seu sorprendente aspecto?

Investiga

Curiosidade • Motivación • Iniciativa

Dividide a clase en grupos de 4 ou 5 e comezade buscando información sobre os ácaros, rotíferos, tardígrados, colémbolos, etc. Necesitades saber como son e como localizalos. Teredes que decidir como obter mostras de cada animal para o voso parque e como representaredes os exemplares observados: con debuxos, fotografías, modelos en 3D? Como podedes montar un parque orixinal e sorprendente coas súas representacións? Estas son algunhas ideas:

• Atoparedes rotíferos en terra húmida, auga doce, fungos… Para velos, necesitaredes un microscopio de, polo menos, 20 aumentos.

• Os ácaros poden collerse pegando cinta adhesiva transparente a superficies que teñan po. Logo pégase a cinta adhesiva ao portaobxectos do microscopio e obsérvanse, polo menos, con 10 aumentos.

• Os colémbolos son os animais máis abundantes do planeta: hai uns 62 000 individuos por metro cadrado. Podedes observalos cunha boa lupa.

2

Planifica, deseña e constrúe

Toma de decisións • Creatividade • Traballo en equipo

Unha vez que xa investigastes os animais microscópicos, tedes que planificar e deseñar o bioparque.

É fundamental que levedes a cabo unha repartición eficaz das tarefas, e reflexionedes sobre que se necesita para que o proxecto sexa un éxito. Onde se situará cada especie? Como se pode representar o seu hábitat? E se creades unha galería de debuxos, unha «caverna» escura con proxeccións de imaxes, ou maquetas en 3D para dar un paseo en miniatura? Podedes incluír descricións escritas ou audios que os visitantes poidan ler ou escoitar. Que materiais necesitaredes?

Hai infinitas posibilidades. Recordade que o traballo en equipo é fundamental para lograr un resultado incrible.

DESCUBRE O NOSO BIOPARQUE!

TOMA DE MOSTRAS E INFORMACIÓN

COÑECE...

HÁBITATS

Materiais

Distintos tipos de papel e plástico reciclados, plastilina e outros materiais moldeables. Pinturas, rotuladores e lapis de cores. Tesoiras, pegamento e cinta adhesiva. Pequenas plantas, substrato e auga. Ferramentas dixitais.

COÑECE...

Para as «instalacións», podedes reutilizar recipientes de plástico, frascos ou mesmo peixeiras. Tede en conta que terán que soportar a humidade.

3

Comproba e comunica

Falar en público • Capacidade de resolver problemas

4

O parque está tomando forma, pero é recomendable facer un ensaio xeral para comprobar que todos os elementos funcionan tal e como planearades. Pódense ver ben as imaxes e as maquetas? É fácil entender a información? Hai suficiente iluminación? Pode que teñades que modificar algo, pero non ten por que ser algo negativo: facer axustes é parte do proceso.

Cando todo estea listo, convidade a outros compañeiros e compañeiras a visitar e gozar das marabillas do voso bioparque de animais microscópicos. Podedes incluso facer publicidade deste no centro escolar colocando carteis en sitios estratéxicos.

Para facer as maquetas dos animais microscópicos, podedes empregar plastilina, papel ou pasta de modelar, incorporando arame ou pezas de plástico.

Avalía

Aprendizaxe dos erros

Avaliades os seguintes aspectos:

• A calidade e a creatividade do parque de animais microscópicos que construístes.

• O proceso que seguistes para realizalo, propoñendo melloras en distintos aspectos tanto da planificación como da execución.

• Os materiais e os instrumentos utilizados para investigar e observar os animais.

• Os materiais e os recursos técnicos utilizados para a creación e a montaxe da exposición.

Por último, reflexionade sobre a relación esforzo/resultado para cada tarefa do proceso e sobre como traballastes en equipo, completando a rúbrica «Avalío as miñas habilidades», dispoñible no teu proxecto dixital.

© GRUPO ANAYA, S.A., 2026 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.

Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.