'Un día na vida de Iván Denísovich', Aleksandr Solzhenitsyn (Rinoceronte, 2013)

Page 1

Ás cinco da mañá, coma sempre, tocaron diana cun martelo sobre un raíl colgado fronte ao barracón de mando. Os golpes intermitentes atravesaron os cristais, cubertos por dous dedos de xeo, e axiña se extinguiron: ía frío e ao celador non lle apetecía axitar a man durante moito tempo. O repenique cesou. Detrás da ventá estendíase a mesma escuridade que á media noite, cando Shúkhov se levantara para ir á latrina. Só tres farois alumeaban a fiestra: dous dende a zona exterior e un dende o interior do campo. Por algunha razón aínda non viñeran abrir os barracóns e non se oía aos encargados cargar o barril da latrina sobre uns paus para sacalo. Shúkhov nunca pasaba da diana, sempre se levantaba ao seu toque. Quedaba aínda unha hora e media de tempo persoal antes de formar, e quen coñecía a vida do campo sempre atopaba algún traballiño extra que facer. Facerlle a alguén un estoxo para as manoplas cun vello forro; levarlle as botas secas á cama a un preso rico para que non tivese que buscalas descalzo dando voltas á morea; percorrer os almacéns para axudar a alguén, varrer ou facer algún recado… Ou tamén, recoller as cuncas das mesas do comedor e levalas en columnas á lavalouza (algo che caería de comer); aínda que o certo é que no comedor hai unha morea de voluntarios e, o que é peor, se 7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
'Un día na vida de Iván Denísovich', Aleksandr Solzhenitsyn (Rinoceronte, 2013) by Rinoceronte Editora - Issuu