Skip to main content

Os nubeiros

Page 1

BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001. ? Ilustracions: Enrique carballeira Alberto Alvarez peña Gonzalo Gil

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

Os Nubeiros ou Tronantes


Seres sobrenaturais, que ás veces toman forma de figura humana e que se encargan de provocar treboadas. Crese que son estudiantes de meigos na Cova de Salamanca que entolearon por estudar de máis. Viaxan sobre as nubes, reúnenas, mandan nelas e controlan os raios e os tronos, Causan o ruído dos tronos coas zocas que levan, ou con tenaces, ou cun carro, ou con outros instrumentos metálicos. Ás veces cáelles un deses instrumentos: é o raio. Soben ata as nubes mediante o meco, remuíño máxico de vento; a fumieira, fume do lume feito no burato dunha toupa, e a polvoriña, po remuiñado ao mexar nel. Provocan as treboadas e fan que caian e causen estragos nos lugares que eles queren. Os seus peores inimigos son as campás que teñen o don de arredar ou desfacer a tormenta e os cregos exconxuradores, que son capaces de reducilos ata facerlles levar a súa pesada carga de pedrazo fóra da parroquia.

Lendas En Choi, parroquia de Romaríz, concello de Abadín, estaban a media malla cando se presentou unha tormenta de medo. O crego ordenoulle á xente que se metesen a cuberto mentres el colleu un libro e púxose a ler. De seguida se desfixo a tormenta. Daquela deron en caer moreas de peras que cubriron a aira toda, pero o cura non llelas deixou coller ata que as bendeciu. Despois comeron peras a encher. N a m e s m a parroquia, na casa da Fonte, un día de tronada caeu un nubeiro pola cheminea abaixo. Era pequerrecho, vestía boina e pantalóns de pana, calzaba zocas e apoiábase nun cachabo. Por moito que lle preguntaron, non conseguiron sacarlle nada; ou era mudo, ou non lles quixo falar. Collérono e pechárono na corte pero, pola mañá, cando foron ver, xa non estaba.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Os nubeiros by marichoni marichoni - Issuu