BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R.,
Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres mテュticos galegos; Ediciテウn Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Ediciテウn Xerais, Vigo 2001.
EQUIPO DE BIBLIOTECA
C.E.I.P. VICTOR Sテ・NZ
As Lavandeiras
Romance: A Lavandeira da Noite
Mulleres vellas, de rostro seco e enrugado, que viven nas fontes ou nos ríos. Acostúmanse a ver de noite lavando. Se alguén pasa, convídano a torcer a roupa. Se o camiñante acepta, ten que procurar non torcer no mesmo sentido ca elas, pois se o fai, as desgracias sucederanse e mesmo pode morrer. A roupa que lavan está manchada de sangue que nunca se vai. Crese que son espíritos de mulleres mortas no parto, ou nais de nenos mortos sen bautizar. Velas é de mal agoiro.
Era unha noite de lúa era unha noite clara, eu pasaba polo río de volta da muiñada. Topei unha lavandeira que lavaba ao par da auga. Ela lavaba no río e unha cantiga cantaba. -Moza que vés do muíño, moza que ves pola estrada, axúdame a retorcer a miña sábana lavada! -¡Santa María te axude e San Lourenzo te valla! Desparece a lavandeira como fumeira espallada Onde as sábanas tendera poza de sangue deixara! Era unha noite de lúa era unha noite clara! A este romance puxéronlle música varios artístas: - Carlos Núñez e Noa - Fuxan os Ventos Podedes ver os seus vídeos musicaisen www.youtube.com