tomás rábanos

Page 1

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012 OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON TOMÁS RÁBANOS MURO Iniciou os seus estudos de música nas Palmas de Gran Canaria no ano 1980, e continuou en Logroño e Santiago de Compostela, onde deu os seus primeiros pasos profesionais como profesor de solfexo, descubrindo a faceta que máis lle ía interesar: a pedagoxía. Comezou, entón, estudos das diversas metodoloxías da pedagoxía musical (Dalcroze, Kódaly, Willems, etc), cursos de psicomotricidade, psicoloxía infantil e dirección coral. No 1988, comezou a impartir iniciación musical para nenos dende os tres anos, sendo pioneiro en Galicia nesta idade tan temperá. Traballa en varias escolas de música coa súa propia metodoloxía, á vez que imparte cursos para a formación do profesorado. Dende 1996 colabora co seu traballo na Asociación de Altas Capacidades na Facultade de Psicoloxía da USC e na Asociación de Aspanaes ( mestre de música no Centro de Día de Autismo en Santiago de Compostela). No 2011 comeza a dirixir o centro “O fogar do meu burro”, dirixido a Terapias asistidas con animais.

QUE FAREMOS CON TOMÁS O PRÓXIMO 16 DE MAIO? Celebraremos o Día das Letras Galegas construíndo instrumentos musicais con materiais de refugallo, para acompañar as nosas cancións preferidas! Así que ide afinando esas gargantas...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.