Hola rapaces e rapazas!!!
Xa quedan moi poucos días para que celebremos o SAMAÍN, e como todos os anos, desde a biblioteca imos organizar un Concurso de relatos de medo para conmemorar estas datas. Como ben sabedes hai moitos tipos de medo.... A que si?? Imos repasalos un pouquiño para que vos resulte máis sinxelo decidir sobre cal de eles queredes escribir: •
Medo á noite, á oscuridade, ás sombras e ás tormentas.
•
Malos soños, pesadelos, terrores nocturnos,...
•
Medo aos monstros e a outros seres como meigas, bruxos, vampiros, a Santa Compaña, pantamas, espíritus, diaños, trasnos,...
•
Medo a algúns animais (ao lobo, ás arañas, aos insectos, aos paxaros, aos cans, aos gatos, aos ratos...)
•
Medo ao descoñecido, á mundos non explorados...
•
Medos íntimos e persoais (a ir para a cama, a bañarse, á auga, a ter accidentes, a perderse, ás alturas...)
•
Medo aos demais (aos descoñecidos a soidade, á xente disfrazada, ás multitudes,...)
•
Así que este ano as vosas historias de terror poden estar relacionadas con calquera destes medos.
•
Deben estar escritas en galego.
•
Non se poden presentar a lapis: debedes rotulalas unha vez corrixidas ou pasalas a bolígrafo.
•
Valorarei moito a presentación da vosa historia: gústanme os traballos limpiños, curiosos, escritos con boa letra, con títulos moi adornados... Encántanme as historias que traen debuxos e
ilustracións feitas por vós (tamén deben estar perfiladas con rotulador).... •
Todos os traballos deben ter unha portada chula.
•
Se sodes de Infantil ou de 1º Ciclo podedes escribir unha historia colectiva, é dicir, unha historia feita entre todos os rapaces e rapazas da clase.
•
Se sodes de 2º o 3º ciclo os traballos deben ser individuais.
•
Haberá un premio por ciclo.
Cando teñades os traballos rematados, metédeos no meu buzón que está, como ben sabedes, na entrada da biblio. O Prazo de Entrega remata o Martes 30.