Daniel Nieto Martínez (4º Curso)
Lucía era unha nena de catorce anos que facendo espiritismo nunha casa abandonada non seguíu as regras das pantasmas. Burlouse durante toda a invocación e unha cadeira que había na habitación cobrou vida e golpeuna mortalmente na cabeza. Pero a venganza dos espíritus non rematou aquí: Lucía aínda non descansa en paz. O seu espíritu está condenado eternamente e agora é ela a que quere vengarse de todo aquel que non sabe respectar o Mais Alá. María era unha rapaza que coñeceu a lenda da pantasma de Lucía cando estaba estudando na universidade. “Ela era maior para crer nesas estupideces”- pensaba ela e ríase. Os seus amigos picáronna para probar a facer espiritismo, xa que senón, tan valente non era. Foi a un baño acompañada dunhas compañeiras e fixoo. Non pasou nada e o grupo, entre risas, olvidoume enseguida da experiencia. Pero María non o olvidou. Ao facelo, sentíra un arrepío indescriptibel... E o seu pesadelo comezou esa mesma noite. Deitada na cama, espertou por un son raro. Era un susurro indiscifrabel que oía cerca da nuca. Ademáis sentía como se algúen respirara no seu pescozo. Con medo, levantouse e acendeu a luz. Non había nada ao seu lado. Pero non poido durmir en toda a noite.
Ao día seguinte, non se atreveu a contarllo a ningúen da universidade aínda que seguía aterrada polo que sucedera a noite anterior. Na metade a clase tivo que saír ao servizo. Cando entrou no baño, facía moito frío e unha capa de pó cubría o espello. María limpouno coa man e viu aterrada que tras ela había unha nena con expresión de odio e con moita sangue na cabeza. Cando se volviu a mirar, xa non había ninguén. Riuse nerviosa pesando que todo era cousa da súa imaxinación, dos nervos e do cansanzo. Sen embargo, ao volverse hacia o espello viu algo que a deixou branca. Había unha frase escrita sobre o cristal:
“ Non debiches invitarme a volver” María
non
puido
sorportalo.
Encerrada nun manicomio, só dicía que a pantasma de Lucía a seguía aterrando. A desesperación puido con ela e levouna ao suicidio. Eu pensaríao dúas veces antes de meterme co Máis Alá.
Fin.