

Oso pardo, oso pardo, que ves aquí?
Eric Carle
28 páx. | 12,5 x 18 cm | PVP 13 ¤
ISBN: 978-84-1343-231-1
Un oso pardo, un paxaro vermello ou un cabalo azul son algúns dos curiosos personaxes que se asoman ás páxinas deste divertido álbum acartonado de Eric Carle, ideal para aprender as cores e os nomes dos animais.

Un grilo moi silencioso
Eric Carle
26 páx. | 18 x 12,5 cm | PVP 14 ¤
ISBN: 978-84-1343-271-7 | C ON SONS
Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar e ninguén podía escoitar o seu son. Ata que, unha noite, atopou unha grila... Un libro acartonado ideal para coñecer os insectos, cunha sonora sorpresa final.

A hora da sesta
Frédéric Sther
24 páx. | 20 x 20 cm | PVP 11 ¤
ISBN: 978-84-1343-270-0
É a hora da sesta na escola infantil e Leo non ten sono. Para entreterse, fai unha cabana e esperta o seu amigo Oli. Pouco a pouco, os demais compañeiros irán sumándose para construír unha na que caiban todos.

Titiricircus
Tanxarina | P. Pastor
36 páx. | 22 x 22 cm | PVP 14 ¤
ISBN: 978-84-1343-274-8
Esta obra de teatro de monicreques é unha homenaxe ao circo, que fixo vibrar a moitas xeracións de nenos e nenas. Dende hai 40 anos, Tanxarina fai posible ese mundo de soños representando funcións de vila en vila.

Sete monstros e un gato
Rafa Ordóñez | Christian Inaraja
40 páx. | 22 x 22 cm | PVP 14 ¤
ISBN: 978-84-1343-249-6
Os protagonistas deste conto van marchando aos poucos: rimas divertidas que nunca acaban, nada de medo, risa asegurada!

Unha historia fantástica
Bruno Heitz
48 páx. | 22 x 22 cm | PVP 14 ¤
ISBN: 978-84-1343-279-3
Unha vaca sedenta cruza a estrada cando pasa unha camioneta cos freos avariados. Que podería saír mal? Un álbum divertido e brillante, unha historia disparatada que se resolve grazas á creatividade e á actitude positiva.

Tarde de sapo
Maite Mutuberria
44 páx. | 22 x 22 cm | PVP 14 ¤
ISBN: 978-84-1343-285-4
Unha proposta divertidísima repleta de xogos fónicos e con ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata un inesperado final.

DISPOÑIBLE 16

Cinco ratiños
Maria Girón
36 páx. | 22 x 22 cm | PVP 14 ¤
ISBN: 978-84-1343-293-9
Guiados por Félix, cinco ratiños saen á busca de algo para merendar. Un a un irán encontrando saborosos
manxares, pero o perigo axexa…
Chibos Chibóns (BATA)
BATA | Federico Fernández
40 páx. | 22 x 22 cm | PVP 14 ¤
ISBN: 978-84-1343-307-3
Esta é a coñecida historia de tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, adaptada agora a linguaxe pictográfica (SPC) en galego.

Os migrantes
Marcelo Simonetti | Maria Girón
40 páx. | 24,5 x 21,5 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-251-9
Unha proposta orixinal que aborda o encontro co diferente con humor e intelixencia, a través da mirada curiosa e inocente da infancia.

O elefante que perdeu o seu ollo
Boniface Ofogo | Marc Taeger
40 páx. | 26,5 x 21 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-261-8
Unha viaxe ao corazón de África a través dunha fábula sobre a importancia da calma para afrontar as dificultades.

A volta ao mundo
Javier Villafañe | Juan Ramón Alonso
40 páx. | 19,5 x 29 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-265-6
Iago sae da casa no seu triciclo, disposto a dar a volta ao mundo. Unha aventura de estrutura acumulativa que pon en valor o poder da imaxinación.

Gran festa de aniversario para tigre Janosch
48 páx. | 15 x 21,5 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-287-8
Tigre pequeno fai anos e quere celebralo ao grande cos seus amigos e veciños.
Unha guía perfecta para preparar unha festa inesquecible, onde pode acontecer o máis inesperado.

Amigos
Eric Carle
32 páx. | 23 x 31 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-258-8
Un álbum conmovedor que transmite profundas emocións e sentimentos sobre o valor da amizade, que supera ausencias e obstáculos.

Unha eiruga moi larpeira
Eric Carle
32 páx. | 29,5 x 31 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-246-5
Unha pequena eiruga percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ata converterse nunha fermosa bolboreta.

Soñar con dinosauros
Allan Ahlberg | André Amstutz
32 páx. | 21,2 x 27,5 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-240-3
Unha nova aventura dos esqueletos máis divertidos, na que terán que enfrontarse en soños a uns peculiares dinosauros.

Un peixe é un peixe
Leo Lionni
40 páx. | 22 x 27,5 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-283-0
Unha fábula sobre a amizade que anima á reflexión sobre a identidade, o coñecemento e a aceptación dun mesmo.

Un e sete
Gianni Rodari | Beatrice Alemagna
32 páx. | 20,3 x 30,6 cm | PVP 16 ¤
ISBN: 978-84-1343-299-1
Un relato necesario e esperanzador sobre a infancia, a tolerancia e a diversidade como antídotos contra a violencia e a guerra.

Son animal
Paco Nogueiras | Marc Taeger
40 páx. | 16 x 16 cm | PVP 20 ¤
ISBN: 978-84-1343-205-2
O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste divertido libro-disco co que gozaremos de diferentes estilos musicais.
MINILIBROS
Minilibros 7
VV. AA.

7 Títulos | 7 x 7 cm | PVP 11 ¤
ISBN: 978-84-1343-263-2
· Chuvisca
· A viaxe de Mamá
· Soños á beiramar
· O osiño Chispa
· Tartaruga vs. Lebre. O desquite
· Sete monstros e un gato
· Moncho e a mancha