Skip to main content

Folleto grupo scout ilex

Page 1

Quen somos? Unha asociación sen ánimo de lucro comprometida coa infancia e a mocidade que traballa no eido da educación no tempo libre baseándonos na metodoloxía scout. Somos un grupo laico, sen vínculos de ningunha clase con ningunha relixión ou partido político. No noso grupo participan todo tipo de persoas, independentemente de cal sexa as súa raza, crenzas, xénero, sexualidade, etc. A nosa asociación conta co apoio de ASDE Scouts de Galicia que, a través da súa pertenza a ASDE - Scouts de España, fainos partícipes dun movemento de máis de 30 millóns de rapazas e rapaces en todo o mundo que comparten espíritu aventureiro xunto a unha colección de valores cívicos.

Onde estamos? Como base da nosa actividade imos ter o quinto piso do Espazo Xove, na rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 (32004) de Ourense entre as 10.30 e as 13.00 horas dos sábados.

gruposcoutilex@gmail.com www.scoutsourense.org

GRUPO SCOUT ILEX

Co apoio de

contribuimos á educación de mozos e mozas para axudar a crear un mundo mellor


Que ofrecemos? Unha aprendizaxe estimulante e divertida e á vez un xeito de socializar e de aprender a ser máis autónomo e responsable, tanto na propia casa como coa comunidade. Seguimos un método de traballo educativo no que as rapazas e rapaces que participan nel son os auténticos protagonistas coa compaña e supervisión dunha equipa educativa cualificada e con experiencia no tempo libre. En definitiva, un espazo no que crecer e aprender divertíndose e dun xeito moi económico.

Como funcionamos? Que nos diferencia? Somos exploradores con ansia de aventura e que nos gusta estar en contacto coa natureza. Aprendemos a facer cousas por nos mesmos e de xeito práctico, como por exemplo montar a nosa tenda de campaña, construír con madeira e cordas un refuxio, cociñar no lume de campamento, recoñecer animais, descifrar códigos e mapas, ... é xenial!

Temos actividades todas as semanas durante o curso, os sábados de 10:00 a 13:00 horas e de cando en vez ocupamos un ou varios días en excursións e saídas. Facemos tamén varios campamentos ao longo do ano. Para que sexa máis divertido e estimulante traballamos por grupos de idade.  

Manda (8 -11 anos) Tropa (11-13 anos)

Que facemos? Variadas actividades de tempo libre para nenos/as e mozos/as de 8 a 13 anos. Desenvolvemos xogos, obradoiros, rutas, actividades deportivas, dinámicas, campamentos e en xeral actividades de ocio educativas adaptadas ás idades dos participantes e aos seus propios intereses.

Acampadas, aventura, talleres, rir, vida na natureza, aprender, xogar, experiencias, valores, crecer, autonomía, deporte, compartir, amigos, cantar, rutas, compromiso, diversión...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Folleto grupo scout ilex by GrupoScoutILEX - Issuu