Skip to main content

Galicia 3A

Page 1

Galicia años

Educación Infantil

?????

algaida

AT004544_cub_galicia_PICA3a.indd Todas las páginas

Educación Infantil

algaida

Nombre:

18/8/25 13:52


INTRODUCIÓN Este caderno pretende iniciar os alumnos e as alumnas de Educación Infantil de 3 anos no coñecemento dalgunhas das cuestións referidas ao seu contorno. Pensamos que, por medio destes contos, cancións, adiviñas e actividades, o alumnado deste nivel pode abordar na escola algúns dos elementos culturais característicos de Galicia: coñecemento do folclore e das festas do ciclo anual galego. Escollemos, na súa maior parte, textos e actividades relacionados coa cadencia das festas anuais máis presentes no calendario escolar en Galicia. Así, propoñemos o traballo sobre as seguintes festas: – O Samaín, a primeiros do mes de novembro, en relación coa festa do Magosto. – O Nadal, abordando a panxoliña “A run run”. – Os Maios, en relación coa primavera. – O Día das Letras Galegas.

© algaida editores S.A.

No caderno proponse o traballo sobre diversos textos literarios: tres contos (“Dona Carme“, “O elefante que non era elefante” e “O sol abusón“), poesías de Anisia Miranda (“A araña”), de Manuel Curros Enríquez (“O Maio”) e de Manuel María (“O arco da vella”) e varias adiviñas da nosa tradición oral.

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 1

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 2

4/12/25 14:43


© algaida editores S.A.

O SAMAÍN

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 3

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 4

© algaida editores S.A.

Decorar libremente a cabaza.

4/12/25 14:43


O MAGOSTO

© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

SON DE COR CHOCOLATE. ÁBRENSE COA CALOR. E SE AS METES NO FORNO ESTOUPAN CON GRAN SABOR.

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 5

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 6

© algaida editores S.A.

Aprender a adiviña. Pegar un gomet nas castañas pequenas.

4/12/25 14:43


© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

CONTO: “DONA CARME”

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 7

4/12/25 14:43


DONA CARME Dona Carme tiña unha cadela debaixo da súa cama. A cadela ladraba e dona Carme non se decataba. Dona Carme tiña unha gata debaixo da súa cama. A gata miañaba, a cadela ladraba e dona Carme non se decataba. Dona Carme tiña un rato debaixo da súa cama. O rato chiaba, a cadela ladraba, a gata miañaba e dona Carme non se decataba. Dona Carme tiña un galo debaixo da súa cama. O galo cantaba, a cadela ladraba, a gata miañaba, o rato chiaba e dona Carme non se decataba. Dona Carme tiña unha ovella debaixo da súa cama. A ovella meaba, a cadela ladraba, a gata miañaba, o rato chiaba, o galo cantaba e dona Carme non se decataba. Dona Carme tiña un boi debaixo da súa cama. O boi bruaba, a cadela ladraba, a gata miañaba, o rato chiaba, o galo cantaba, a ovella meaba e dona Carme non se decataba. Dona Carme tiña un porco debaixo da súa cama. O porco roñaba, a cadela ladraba, a gata miañaba, o rato chiaba, o galo cantaba, a ovella meaba, o boi bruaba e dona Carme non se decataba. Dona Carme tiña un burro debaixo da súa cama. O burro orneaba, a cadela ladraba, a gata miañaba, o rato chiaba, o galo cantaba, a ovella meaba, o boi bruaba, o porco roñaba e dona Carme non se decataba.

Pegar gomets para adornar a colcha de dona Carme.

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 8

© algaida editores S.A.

Dona Carme tiña un lobo debaixo da súa cama. O lobo ouveaba, a cadela ladraba, a gata miañaba, o rato chiaba, o galo cantaba, a ovella meaba, o boi bruaba, o porco roñaba, o burro orneaba e dona Carme, por fin, espertaba.

4/12/25 14:43


© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

PANXOLIÑA: “A RUN RUN”

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 9

4/12/25 14:43


A RUN RUN A RUN RUN, RUN RUN, MEU NENO. A RUN RUN, RUN RUN, MEU AMOR.

O BOI MARELO DE COMER DEIXA, E CO ALENTO DÁLLE CALOR.

DENTRO DAS PALLAS HAI UN MENIÑO, BRANDO E ROXIÑO QUE DÁ PRIMOR.

A RUN RUN, RUN RUN, MEU NENO. A RUN RUN, RUN RUN, MEU AMOR.

Aprender a panxoliña. Encher o tellado usando a cor amarela.

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 10

© algaida editores S.A.

A RUN RUN, RUN RUN, MEU NENO. A RUN RUN, RUN RUN, MEU AMOR.

4/12/25 14:43


© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

CONTO: “O ELEFANTE QUE NON ERA ELEFANTE”

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 11

4/12/25 14:43


Había unha vez un elefante que estaba tolo, moi tolo, rematadamente tolo. Tiña catro patas de elefante, moi grosas e fortes, coas que andaba facendo un ruído infernal. Gustáballe facer o pino apoiándose nas dúas patas de diante, mentres que coas de atrás facía xirar no aire un balón. Tiña un par de orellas de elefante, moi grandes, coas que era quen de escoitar os mosquitos cando falaban entre eles á hora da merenda. Tiña, ademais, unha bonita cola de elefante coa que escorrentaba as moscas que, a pesar de ser ben pequenas, eran moi molestas. E tiña, tamén, unha fermosa e longa trompa de elefante. Con ela comía e bebía; con ela bañábase, con ela rañábase e con ela sopraba para facer voar as follas que caen no outono. Pero, malia ter todo isto de elefante... sabedes que lle pasaba? El non cría que fose un elefante!!! O primeiro día pensou que era unha pedra de azucre e mergullouse dentro de todas as cuncas de té e café que andaban por aí adiante. Os chans dos salóns das casas e os chans das cafetarías quedaron que daban noxo. –Es un elefante, non unha pedra de azucre! –díxolle o seu amigo, o chimpancé. –NON! –retrucou o teimudo elefante–. Son unha pedra de azucre, porque me gustan o té e mais o café! –Unha pedra de azucre é pequena, branca e cadrada, e ti es grande, redondo e gris! –dixo o chimpancé. O elefante botou un bo anaco a cavilar e despois dixo: –Levas razón, logo son unha abella! E marchou voando de xardín en xardín esmagando as flores co seu enorme peso. Os xardíns quedaron que daban mágoa. –Es un elefante, non unha abella! –díxolle o crocodilo. –NON! –gritou o elefante–. Son unha abella amarela e zoadora, e gústame facer mel! –As abellas voan e teñen ferrete, e ti non tes ás para voar nin ferrete para picar! O elefante botou tres días seguidos a cavilar e despois contestou: –Levas razón, logo son unha lámpada! Pasaron os días e o noso amigo o elefante subiu enriba dos farois dos parques e pendurouse de todas as lámpadas que atopou. Os parques quedaron ás escuras e as lámpadas viñéronse abaixo. –Es un elefante, non unha lámpada! –díxolle a curuxa. –NON! –retrucou o testán do elefante–. Son unha lámpada, porque me gusta brillar e alumear! –As lámpadas son lixeiras e teñen luz, e ti pesas moitísimos quilos e abofé que non brillas nin chisca! –dixo a curuxa. O elefante botou un mes a cavilar e logo dixo, todo convencido: –Levas razón. Non son nin unha pedra de azucre, nin unha abella, nin unha lámpada, pero... NON SON UN ELEFANTE! E marchou andando coas súas patas de elefante, coas súas orellas e a súa trompa de elefante. Andou moitos, moitos días e tamén algunhas noites. Dese xeito chegou a unha illa onde a auga era moi azul e o sol brillaba. Meteuse na auga e sentiuse lixeiro: –Podo voar! –dixo para si. Daquela, creu que era un paxaro que, ademais, sabía voar polo fondo do mar. E como ninguén lle levou a contraria, alí ficou, todo feliz e convencido de que nunca fora un elefante, e de nunca o había ser. (Adaptación) Colorear o animal máis grande.

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 12

© algaida editores S.A.

O ELEFANTE QUE NON ERA ELEFANTE

4/12/25 14:43


POESÍA: “A ARAÑA” NOS MILLEIRAIS CON MOITA MAÑA, PUNTOS DE PRATA TECÍA A ARAÑA.

© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

Anisia Miranda

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 13

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 14

© algaida editores S.A.

Aprender a poesía. Repasar os trazos.

4/12/25 14:43


CARACOL, COL, COL BOTA OS TEUS CORNOS AO SOL E AO LABREGO QUE TRABALLA NON LLE COMAS OUTRA COL. CARACOL, COL, COL CADA CORNO O SEU FAROL.

© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

POESÍA: “CARACOL”

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 15

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 16

© algaida editores S.A.

Aprender a poesía. Decorar libremente a cuncha do caracol.

4/12/25 14:43


PROVINCIAS DE GALICIA

PONTEVEDRA

A CORUÑA

© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

OURENSE

LUGO

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 17

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 18

© algaida editores S.A.

Aprender o nome da provincia onde vive. Decorar o marco con cores diferentes.

4/12/25 14:43


OS MAIOS AÍ VÉN O MAIO DE FLORES CUBERTO, PUXÉRONSE Á PORTA CANTÁNDOME OS NENOS.

© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

Manuel Curros Enríquez

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 19

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 20

© algaida editores S.A.

Aprender a poesía. Repasar os trazos.

4/12/25 14:43


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O ARCO DA VELLA NO CEO SUBIDO CO SEU COLORÍN CO SEU COLORIDO.

© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

Manuel María

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 21

4/12/25 14:43


AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 22

© algaida editores S.A.

Aprender a poesía. Colorear as nubes con cor azul.

4/12/25 14:43


© algaida editores S.A.

© algaida editores S.A.

CONTO: “O SOL ABUSÓN”

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 23

4/12/25 14:43


O SOL ABUSÓN Había unha vez un Sol que se ergueu pola mañá cediño e, dende a súa cama, abriu un ollo e viu a Lúa que o miraba pola fiestra da súa casa. Alporizado, deu un chimpo e botouse fóra da cama. –Que fas ti aí ocupando o meu sitio? –díxolle o señor Sol á señora Lúa. E respondeulle a Lúa: –Non te alporices, oh! Este sitio tamén é meu. O señor Sol enfadouse moitísimo, estendeu a súa man e mandoulle un raio de luz que deixou sen brillo a Lúa. Entón, moi anoxado, díxolle: –Eu mando no ceo! Pero ao tempo que dicía isto, viu polo rabo do ollo unha estreliña pequena, pequeniña que tremía co medo. –O que me faltaba! –dixo o Sol–. Tampouco ti podes estar aquí! Deu un brinco, lanzoulle outro raio e da pobre estreliña non se volveu saber máis. O señor Sol, como estivera tan ocupado con estas andainas, non atopou tempo nin de lavar a cara. Xa daban as doce no reloxo do ceo; era hora de saír e brillar. Así que o señor Sol se puxo firme e ben dereitiño e, aínda enfurruñado, saíu ao ceo e berrou moi forte: por fin se deron de conta de quen manda aquí! Xa máis tranquilo, xantou e logo entroulle o sono e acomodouse nunha donda nube de algodón a durmir a sesta. Soñou e soñou e, cando máis feliz se atopaba, espertou cunha friaxe nos pés. Espreguizouse e mirou ao seu redor para asegurarse de que seguía sendo o astro máis poderoso; pero cal foi a súa sorpresa ao descubrir unha estreliña miudiña, miudiña que facía esforzos por se facer ver. O señor Sol quixo berrar, pero a voz non lle saía; quixo lanzarlle un raio para apagala como fixera coa Lúa, pero non tiña folgos dabondo; quixo petar, pero os seus braciños apenas tiñan forza; quixo erguerse pero o seu corpiño pesaba como un saco de patacas. A estreliña, ao ver que o señor Sol non se podía mover, chamou polas compañeiras e, todas xuntas, moi ledas, saíron ao ceo e comezaron a rir. O señor Sol xa non sabía que ía facer. Abriu os ollos e viu como tamén a Lúa estaba a rir á súa conta. De tanta rabia como tiña púxose vermello e, con moita tristura, escondeuse no mar. Daquela, a señora Lúa faloulle desta maneira: –Non chores, señor Sol. Mañá volverás lucir. Nós deixarémosche o sitio, igual que ti nolo deixas agora a nós. E aló, dende o fondo do ceo, xa onde se xunta co mar, escoitouse a voz do señor Sol que dicía: E así foi; cada día, o señor Sol erguíase cedo para bicar as estreliñas que se retiraban a durmir. E o Sol brillou e brillou, e aínda hoxe segue brillando. E as estreliñas, pola noite, arroupan o señor Sol cando se mete na cama. E elas quedan gardando o ceo pola noite para que haxa algo de luz mentres o señor Sol dorme tranquilo. E perico periqueiro empericado, dou o conto por rematado. (Adaptación) Repasar as liñas descontinuas das nubes.

AT004544_ugalicia_PICA3a.indd 24

© algaida editores S.A.

–Tedes razón. O ceo é de todos. Perdoádeme por querer abusar do meu poder. Mañá pola mañá dareivos un bico ao espertar.

4/12/25 14:43


Galicia años

Educación Infantil

?????

algaida

AT004544_cub_galicia_PICA3a.indd Todas las páginas

Educación Infantil

algaida

Nombre:

18/8/25 13:52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Galicia 3A by Grupo Anaya, S.A. - Issuu