Skip to main content

Operación mundo: Lingua 4º (demo)

Page 1

mostra

INCLÚE

C

EN

S

LI

PROXECTO DIXITAL ZA 12 MES

E

4

PRIMARIA

Lingua

n

ió c a

r e p

O u

o d n

m


Que imos aprender? PÁX.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVO EN ACCIÓN

ARIOS ISCIPLIN INTERD

ODS

Educación de calidade

1

Vai de museos!

2

E ti, de quen vés sendo?

24

3

Axuda aos animais!

40

Investiga sobre o que podes facer ti polos animais en diferentes situacións.

Vida de ecosistemas terrestres

4

Cóidate!

56

Crea unha táboa para avaliar os teus hábitos e intenta mellorar as cousas que fas regular.

Saúde e benestar

8

Pensa nos beneficios de visitar un museo e inventa un novo sobre algo que che interese.

Reflexiona sobre a diversidade de familias e fala sobre alguén importante para ti.

Cidades e comunidades sostibles

Saúde e benestar Igualdade de xénero

REPASO TRIMESTRE 1

5

Traballa na horta!

76

Reflexiona sobre os beneficios de ter unha horta propia.

Produción e consumo responsables

6

Crea videopoemas!

92

Pensa na relación entre as diferentes artes e crea un videopoema.

Educación de calidade

7

Resolve conflitos!

108

Analiza conflitos que xurdiron no recreo e busca solucións baseadas no respecto.

8

Coñece a miña casa!

124

Identifica que cousas son para ti importantes nunha casa.

Saúde e benestar Igualdade de xénero

Cidades e comunidades sostibles

REPASO TRIMESTRE 2

9

Vai ver un espectáculo!

144

Reflexiona sobre os cambios que se produciron no circo nos últimos anos.

10

Persoas extraordinarias!

160

Faite un autorretrato e organizade unha exposición na escola.

11

Seres fantásticos!

176

Inventa un personaxe fantástico e creade un libro con todas as vosas propostas.

12

Goza das vacacións!

192

Crea un diario de vacacións e anota os teus plans e as mellores lembranzas.

REPASO TRIMESTRE 3

Educación de calidade Vida de ecosistemas terrestres

Saúde e benestar Industria, innovación e infraestrutura

Cidades e comunidades sostibles

Educación de calidade Produción e consumo responsables


COMPRENDO

EXPRÉSOME

ENREDO COA CULTURA

COÑEZO A MIÑA LINGUA

• Leo: Noticias • Escoito: As historias do verán

• Palabras novas: As afeccións • Falo: Os museos • Escribo: A noticia

• A Real Academia Galega

• Gramática: A comunicación • Ortografía: A sílaba e o acento gráfico

• Leo: Verbas de sal, Antonio García Teijeiro • Escoito: A diversidade de familias

• Palabras novas: Os parentescos • Falo: A descrición de persoas • Escribo: O texto narrativo

• Os protagonistas da literatura infantil galega

• Ortografía: As palabras agudas • Gramática: A oración, o parágrafo e o texto

• Leo: «O polbo» • Escoito: As fábulas

• Palabras novas: Os animais • Falo: Como nos axudan os animais? • Escribo: O texto expositivo

• Os animais en perigo de extinción

• Gramática: As clases de oracións • Ortografía: As palabras graves e as palabras esdrúxulas

• Leo: Charlie e a fábrica de chocolate, Roald Dahl • Vexo: As recomendacións sobre a saúde

• Palabras novas: As larpeiradas • Falo: Os meus hábitos • Escribo: O cartel

• O menú tradicional do Nadal

• Gramática: O suxeito e o predicado • Ortografía: Os ditongos e os hiatos

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Eco-axuda

ANEXO · Os museos

• Leo: «A horta da escola» • Escoito: «A horta de Balbina» (canción), María Fumaça

• Palabras novas: A horta • Falo: A investigación • Escribo: A ficha

• Os mercados ecolóxicos

• Gramática: O nome e as súas clases • Ortografía: Os signos de puntuación

• Leo: Poemas • Escoito: Os poemas musicados

• Palabras novas: As plantas e as flores • Falo: O recital • Escribo: Os caligramas

• As regueifas

• Ortografía: As palabras rematadas en -axe • Gramática: O adxectivo

• Leo: Ti non xogas!, Silvestre Gómez Xurxo • Escoito: As opinións diferentes

• Palabras novas: Os deportes • Falo: Os valores do deporte • Escribo: O cómic

• Vero Boquete

• Ortografía: As palabras con bev • Gramática: Os artigos e os demostrativos

• Leo: «A mudanza» • Escoito: «O lar» (canción), Uxía e Magín Blanco

• Palabras novas: As vivendas • Falo: Os anuncios • Escribo: A descrición dunha casa

• A arquitectura tradicional

• Ortografía: As palabras con nh • Gramática: Os posesivos e os numerais

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Gravamos un vídeo

ANEXO · As cidades

• Leo: Pingueiras e tarteiras, Teresa González Costa • Escoito: Información sobre espectáculos

• Palabras novas: Os espectáculos • Falo: A dramatización • Escribo: O texto teatral

• O Novo Circo Galego

• Gramática: As preposicións e as conxuncións • Ortografía: As palabras con ll e con i

• Leo: «Frida Kahlo», Kate Pankhurst • Escoito: As historias de grandes personaxes

• Palabras novas: A pintura • Falo: A lingua de signos • Escribo: A biografía

• A pintura en Galicia

• Gramática: Os pronomes persoais • Ortografía: As palabras con h

• Leo: Quen dá a quenda?, Héctor Cajaraville • Escoito: Cousas de meigas

• Palabras novas: Os seres fantásticos • Falo: Os feitizos • Escribo: A presentación de traballos

• A mitoloxía galega

• Gramática: O verbo • Ortografía: Os verbos rematados en -ber e -ver

• Leo: «Un día de festa» • Escoito: O seseo e a gheada

• Palabras novas: As festas • Falo: Os refráns • Escribo: O programa de festas

• As festas do verán

• Gramática: O adverbio • Ortografía: Os verbos rematados en -bir e -vir

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · A contaminación das augas

ANEXO · Os festivais infantís


1

Vai

de museos!

Imaxina que hoxe estás moi aburrido ou aburrida. Que poderías facer para entreterte? Hai moitas opcións: podes ir ao parque, dar un paseo, ler un libro, cociñar en familia, debuxar... E que che parecería ir a un museo?

Como o ves? Na túa localidade hai algún museo? Cres que os museos son lugares divertidos?

O dato En Galicia existen máis de oitenta museos oficiais e moitas iniciativas privadas.

Para esta unidade...

Obxectivo en acción Pensa nos beneficios de visitar un museo e inventa un novo sobre algo que che interese.

Leo noticias sobre museos

Sigue o fío! 8

Algúns museos ofrecen actividades especiais para as escolas.

Escoito historias do verán

Que foi o que máis che gustou deste verán?


4

Amplío o meu vocabulario sobre afeccións

Falo de museos

Escribo unha noticia

A Real Academia Galega

!

11

COÑEZO A M IÑ A L IN G UA

A comunic ació Cal é a túa afección preferida?

Existen moitos tipos de museos.

Nos xornais podemos informarnos sobre actividades interesantes.

A sede da Real Academia Galega é tamén a CasaMuseo Emilia Pardo Bazán.

n

A sílaba tó nica O acento g ráfico

9


COMPRENDO

Leo noticias sobre museos Algúns museos ofrecen actividades especiais para as escolas.

Noticia 1

22 de setembro de 2022

Comeza o curso escolar 2022-2023 nos Museos Científicos Coruñeses Xa está dispoñible o servizo de reservas para os grupos escolares, que poderán gozar de exposicións, obradoiros e proxeccións. No Aquarium Finisterrae a principal novidade é a oferta de rutas temáticas, como por exemplo a titulada «Reproducirse baixo o mar», na que coñecerán os procesos de reprodución das especies mariñas. En «Planeta océano» trátanse temas como a diversidade biolóxica, as mareas, a salinidade ou noticias históricas. E «Sinais de alarma» céntrase nos cambios ambientais que sofren os océanos. Na Domus, o alumnado verá o novo vídeo do parto, feito que sucede case 400 000 veces cada día en todo o planeta. A visita polas salas interactivas pódese completar con sesións de cinema e con actividades como diseccionar flores, explorar aspectos da nutrición, construír mecanismos e artefactos tecnolóxicos usando materiais sinxelos... Na Casa das Ciencias acaban de renovar a incubadora de pitiños, que permitirá observar mellor o proceso de eclosión do ovo e o nacemento dos pitiños de galiña. Ademais, o Planetario ofrece sesións en directo sobre o ceo que se pode ver na época da visita.

Para o acceso a estes Museos Científicos, os grupos escolares teñen tarifas reducidas. No caso dos centros educativos do municipio da Coruña a entrada é gratuíta. www.coruna.gal (adapt.)

10


U1 Noticia 2

27 de setembro de 2022

A Fundación María José Jove volverá levar o seu Museo Virtual a oito escolas rurais galegas Esta iniciativa pretende achegar a arte contemporánea, protagonista do seu Museo Virtual, ao alumnado das zonas rurais.

A Fundación María José Jove abre a segunda convocatoria do proxecto O MUV na escola rural, unha iniciativa que leva o seu Museo Virtual (MUV) a escolas rurais de Galicia. Para este curso 2022-2023 ampliou de catro a oito os centros que poderán participar. A convocatoria diríxese ao segundo ciclo de Infantil e primeiro ciclo de Primaria e os centros educativos interesados teñen a información na páxina web da Fundación

María José Jove. O prazo de presentación estará aberto ata o 26 de outubro. O museo permanecerá en cada colexio tres semanas, durante as que o alumnado e o profesorado poderán visitalo e incorporar os recursos creados durante a formación. Para levalo a cabo, a Fundación preparará no centro educativo un espazo con computador e lentes de realidade virtual.

La Voz de Galicia (adapt.)

11


COMPRENDO

Leo noticias sobre museos

Comprendo a lectura 1 De que tipo de museos trata cada noticia? artísticos

científicos

históricos

Noticia 1

E ti...?

2 Que tres museos son os protagonistas desta noticia? Coñécelos? 3 En que cidade están?

Cal dos tres museos científicos da Coruña tes máis ganas de visitar? • Xustifica a túa resposta.

4 Relaciona cada actividade co seu debuxo. exposicións

proxeccións

obradoiros

5 Escribe o nome das rutas do Aquarium Finisterrae. 6 A entrada é gratuíta para todos os grupos escolares? 7 En que museo está o Planetario? Que podes ver nel? Noticia 2 8 A que tipo de escolas está dirixida a iniciativa da Fundación María José Jove? • Por que cres que se lles ofrece a esas escolas? 9 É a primeira vez que se fai? 10 Que instalarán en cada colexio? • Algunha vez probaches algo parecido? 11 Canto tempo estará o museo en cada escola? 1 semana

3 semanas

1 mes

12 Atopa na noticia dous sinónimos de «escola».

12

Toma nota! Nos museos aprendemos á vez que nos divertimos!


U1

Escoito historias do verán Que foi o que máis che gustou deste verán? E o que menos? 1

Lapis ao centro

Escoita a conversa e relaciona cada imaxe co

nome correcto. Berta

Antón

Rosalía

Xurxo

a

b

c

d

• Relaciona os nenos e as nenas co lugar no que pasaron o verán e coas actividades que fixeron. Berta

casa

ler

Antón

viaxe

sendeirismo

Rosalía

aldea

vela

Xurxo

campamento

manualidades

• Gustáronlles as actividades que realizaron durante o verán? • Quen tivo un accidente? Que lle sucedeu? • Quen visitou un familiar?

13


EXPRÉSOME

Amplío o meu vocabulario sobre afeccións Cal é a túa afección preferida? Coméntao cos demais e descubre se coincides con alguén. 1 Escribe o nome destas afeccións. a

b

c

d

e

f

2 Clasifica cada palabra onde corresponda. cromos

sendeirismo

cunchas

postais

surf

teatro

Practicar...

Coleccionar...

?

?

• Engade dous exemplos máis en cada cela. 3 Antes de buscar unha palabra no dicionario, temos que pensar como buscala. Exemplo:

Exemplo:

afeccións → afección

cantamos → cantar

excursións – divertida – afeccionados – deportiva lerei – brincando – entretido – bailei

14

Toma nota! Cada persoa ten uns gustos propios.


U1

Falo de museos Existen moitos tipos de museos e podemos elixir a cal ir segundo as nosas preferencias. 1 Observa con atención os museos do Anexo e responde. • Visitaches algún destes museos? • Oíches falar deles aínda que non estiveras?

Consulta o Anexo para saber máis sobre os museos de Galicia.

• A cal irías seguro e cal non che interesa nada? • Que é unha casa-museo? E unha ecogranxa? 2

Entra na web Museos de Galicia e consulta a listaxe dos museos que se poden visitar virtualmente. VISITA 3D

• Busca na clase algún compañeiro ou compañeira que queira visitar o mesmo museo ca ti. • Facede unha visita virtual ao museo escollido. • Comentade cos demais o que vos pareceu a visita. 3

Ademais de museos, tamén se poden facer visitas virtuais a monumentos ou lugares interesantes. • Hai algún monumento ou museo que che gustaría coñecer? Coa axuda dunha persoa adulta, busca na Rede se existen visitas virtuais.

Toma nota! Podemos visitar algúns museos virtualmente, sen movernos da casa. 15


Escribo unha noticia Nos xornais podemos informarnos sobre actividades interesantes que se van realizar na nosa localidade. 1 Le a noticia e contesta.

O concello de Quiroga anuncia as súas rutas de outono O concello propón catro rutas diferentes que terán lugar en varias fins de semana do outono.

O outono é unha época do ano ideal para gozar da natureza facendo rutas de sendeirismo e, de paso, apañar unhas castañas. Por iso, o concello de Quiroga propón a realización de catro rutas diferentes na contorna. Todas as rutas son gratuítas pero é preciso apuntarse con antelación a través da páxina web do concello.

• Sinala o titular, a entrada e o corpo da noticia. • Quen organiza as rutas? Cantas son? • Cando terán lugar? Onde? • Que hai que facer para participar? 2 Por que cres que o titular se escribe con letras grandes? Porque é a información máis importante. Porque é a información menos importante. • Xustifica a túa resposta.

16

As partes dunha noticia • Os titulares escríbense en letra grande, adoitan ser breves e resumen o contido da noticia. • A entrada contén os datos principais. • O corpo explica e completa a información.


U1

3 Na túa casa mércase o xornal? • Usades a versión escrita ou a versión dixital? • Cal vos gusta máis? Por que?

As celebracións da escola Pensa e comparte en parella

Que actividades se organizan normalmente na túa escola? Gústanche? Por que? • Cales che gustaría que se fixesen? Selecciona unha celebración ou evento do colexio e redacta unha noticia. • Cando remates, comproba estas cousas.

Enténdese ben a letra? Cada oración comeza con maiúscula e remata cun punto? Hai titular, entrada e corpo na noticia? A noticia responde as preguntas: que?, a quen?, cando?, onde? e como?

Copio para organizar as miñas ideas

Titular

Entrada

A noticia Corpo

- Que? - A quen? – Cando? – Onde? – Como? – Por que?

17


E N R E D O C O A C U LT U R A

A Real Academia Galega A sede da Real Academia Galega é tamén a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Sabes quen foi esta muller tan importante?

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución creada en 1906 co obxectivo de fomentar a nosa cultura e establecer o uso correcto da lingua galega. Ten tres seccións de traballo: Lingua, Literatura e Historia.

1

Consulta o vídeo «A orixe da nosa lingua guapa» feito pola RAG para explicar o nacemento do galego.

• Debuxa a pota da lingua galega que fai a profe no encerado, cos seus ingredientes. • Por que di que a nosa lingua é «guapa»? • Escoitade a canción «Lingua guapa» e cantádea todos xuntos. A RAG tamén decide a personalidade literaria á que se lle dedica cada ano o Día das Letras Galegas.

2

As seguintes persoas foron homenaxeadas pola RAG. • Consulta a web e anota unha obra de cada unha. • Quen foi profesora e escribiu moitos libros para a infancia?

Manuel María

18

María Mariño

Lois Pereiro

María Victoria Moreno


U1

I Ñ A L I N G UA COÑEZO A M

A comunicación

1 Identifica as formas de comunicación do debuxo. 2 Que tipo de comunicación se produce en cada caso? a c

A comunicación • Chamamos comunicación verbal á que se realiza por medio da lingua (oral ou escrita). • Chamamos comunicación non verbal á que se realiza sen palabras, por medio de imaxes, sons, xestos, etc.

b

Mercar leite e

d

f

3 Engade na táboa dous exemplos de cada. Lingua oral

Lingua escrita

programa de radio

xornal

?

?

?

?

Recorda

• Usamos a lingua oral cando falamos. • Usamos a lingua escrita cando escribimos.

19

¡


I Ñ A L I N G UA COÑEZO A M

¡

A sílaba tónica 1 Le estas palabras e fíxate na sílaba destacada.

correr

2 Separa en sílabas estas palabras que aparecían nas noticias. científico

Coruña

océano

museo

alumnado

visita

pintar

escola

nenos

exposición

• Rodea a sílaba tónica de cada unha. 3 Atopa dous erros nestas sílabas tónicas. • Despois, corríxeos.

4

ve-rán

con-ce-llo

xa-drez

cam-pa-men-to

par-chís

vi-si-tar

ti-tu-lar

te-lé-fo-no

Sigue as instrucións, suma as sílabas e responde. Que é o que máis lle gusta facer a Sara?

Primeira sílaba de expresar. Última sílaba de príncipe. Sílaba tónica de perigo. Sílaba tónica de mente. Sílaba átona de contos.

20

árbore

museo

A sÍlaba tónica A sílaba tónica é a sílaba que pronunciamos con máis forza nunha palabra (museo). As demais chámanse sílabas átonas (museo). Recorda

Unha sílaba é unha letra ou conxunto de letras dunha palabra que pronunciamos nun golpe de voz (mu-se-o).


U1

O acento gráfico 1 Le o seguinte texto e observa as palabras destacadas.

O último sábado do verán estiven na praia de Panxón cos meus curmáns Uxía e Marcos. Atopamos cunchas moi fermosas que vou gardar na miña colección. Pasamos un día fantástico xuntos! Estou desexando repetir! 2 Le de novo o texto anterior. • Copia todas as palabras que teñan acento gráfico. • Divídeas en sílabas e rodea a sílaba tónica. • Clasifícaas segundo o lugar que esta ocupe. Último lugar

Penúltimo lugar

Antepenúltimo lugar

ve-rán

U-xí-a

úl-ti-mo

?

?

?

O acento gráfico Algunhas palabras levan sobre a vogal tónica un signo ´ para marcar a intensidade; é o acento gráfico: sábado, Panxón, curmáns...

DITADO Escoita atentamente este texto e fai o ditado. Nas vacacións, Breogán, María e André fixeron unha reportaxe fotográfica da aldea dos seus avós. Colleron as cámaras e fotografaron unhas árbores enormes, o can Crispín, a antiga estación do tren... Cando chegaron á casa merendaron un bocadillo de xamón, unha mazá e un zume de limón. Rodea as palabras que teñen acento. Despois, clasifícaas na táboa do exercicio 2. Agora, valora o traballo do teu compañeiro ou compañeira. Que cres que debería mellorar? Despois do ditado: Ortografía

Presentación

Caligrafía

21


P O R TA F O L I O

Que aprendín? 1 Como buscarás estas palabras no dicionario? coleccionarei

fundacións

3 Di se hai comunicación verbal ou non verbal. unha bandeira vermella na praia

afeccionadas

a sirena do recreo

• Búscaas e anota a súa definición. as noticias do telexornal

2 Le esta noticia con atención. 29 de outubro de 2022

Esta madrugada toca atrasar a hora Na madrugada deste sábado 24 ao domingo 29 de outubro ás 03:00 serán as 02:00.

4 Separa estas palabras en sílabas. calceta – fantástico – xadrez esquí – libro – museo • Agora subliña a sílaba tónica. 5 Sabías que un acento gráfico é quen de cambiar o significado das palabras? • Fíxate nestas parellas e explica a diferenza. pais – país

carne – carné

DITADO Escoita con atención e copia. Como cada ano por estas datas, coa chegada do outono toca atrasar os reloxos unha hora para adaptalos ao horario de inverno. O cambio de hora producirase o derradeiro domingo de outubro (día 29), cando ás 03:00 da madrugada se atrase o reloxo unha hora, ata as 02:00 horas. Así, o último domingo deste mes terá 25 horas de forma oficial. A partir dese día o Sol sairá máis cedo e anoitecerá antes. Esta normativa é obrigatoria en todos os países da Unión Europea e pretende aforrar enerxía aproveitando as horas de luz natural. • Identifica o titular, a entrada e o corpo. • Cando vai acontecer? • Cal é o obxectivo do cambio de hora?

22

O outro día estaba moi aburrido na casa. Que podía facer? Xogar ao parchís coa miña irmá, debuxar coas pinturas novas, revisar a colección de cunchas deste verán... Non me apetecía nada. Entón, apareceu meu pai e díxonos se queriamos axudalo a facer unhas galletas. Paseino xenial! 6 Colorea segundo o fagas. O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder


U1 TIVO OBXEC IÓN EN ACC Inventa un novo museo Despois de coñecer moitos museos diferentes nesta unidade, cambiou a túa forma de pensar sobre eles?

Os museos Antes pensaba...

Agora penso...

Causas

E se inventamos un museo? En grupos, pensade nunha idea que vos guste e que non exista. • Poñédelle nome ao voso museo. • Pensade en que lugar estaría situado. • Escribide unha pequena información sobre el, cun debuxo, semellante á que aparece no Anexo.

Como aprendín? 1 Reflexiona sobre o que aprendiches nesta unidade.

O que máis me gustou:

O que menos me gustou:

Por que?

Por que?

23


4

Cóidate!

Seguramente escoitaches moitas veces iso de que hai que comer de maneira saudable, facer deporte, lavar os dentes, durmir moito e blablabla. Coidadiño! Non o tomes a broma, porque coidar... hai que coidarse!

Como o ves? Gústache o chocolate? Cantos tipos coñeces? Cómelo ás veces ou con moita frecuencia? Pensas que, en xeral, os teus hábitos son saudables?

O dato A Organización Mundial da Saúde preocúpase pola saúde en todo o mundo. Para esta unidade...

Obxectivo en acción Crea unha táboa para avaliar os teus hábitos e intenta mellorar as cousas que fas regular.

Sigue o fío! 56

Leo un conto

Vexo un vídeo con recomendacións sobre a saúde

Coñece a fábrica de chocolate de Willy Wonka.

Ten en conta os consellos da Organización Mundial da Saúde.


3

Coñezo moitas larpeiradas

As larpeiradas están boísimas porque levan moito azucre.

Falo dos meus hábitos

Algúns hábitos son prexudiciais para a saúde.

Fago un cartel

Escoitaches falar da pirámide dos alimentos?

O menú tradicional do Nadal

No Nadal cómense máis doces ca noutras épocas do ano.

!

COÑEZO A M IÑ A L IN G

UA

O suxeito e o predic ado Os ditong os e os hiatos

57


COMPRENDO

Leo un conto Coñece a fábrica de chocolate de Willy Wonka.

Charlie e a fábrica de chocolate Unha noite, cando Charlie entrou a ver os avós, díxolles: —É certo que a Fábrica de Chocolate de Wonka é a meirande do mundo? —Que se é certo? —berraron os catro a un tempo—. Claro que é certo! Meu Deus, é que non o sabías? É cincuenta veces máis grande ca calquera outra! —E é verdade que o señor Willy Wonka é o fabricante de chocolate máis intelixente do mundo? —Mira, neno —dixo o avó Joe, colocándose mellor sobre o cabezal—, o señor Willy Wonka é o fabricante de chocolate máis prodixioso, máis fantástico, máis extraordinario que o mundo ten coñecido! Eu pensaba que todos sabían iso! —Eu sabía que era famoso, avó Joe, e sabía que era intelixente... —Intelixente! —berrou o vello—. Éche máis ca iso! Éche un mago do chocolate! Pode facer calquera cousa, todo o que queira! Non é, queridos? Os outros tres velliños abalaron afirmativamente as súas cabezas: —Así é, de certo —dixeron. E o avó Joe dixo: —É que nunca che falei do señor Willy Wonka e da súa fábrica? 58

meirande: máis grande. abalar: mover, axitar. asentir: mostrarse de acordo con algo que outro di.


U4

—Nunca —respondeu o pequeno Charlie. —Vállame Deus! Como pode ser iso? —Cóntasmo agora, avó Joe, por favor? —Cóntocho, ho. Senta na cama cabo de min, pequecho, e escoita con atención. […] Sabías, por exemplo, que el só ten inventado máis de duascentas novas clases de chocolatinas, cada unha delas cun recheo diferente, cada unha moito máis doce, cremosa e gustosa que calquera das que poidan producir outras fábricas de chocolate? —Éche completamente certo! —exclamou a avoa Josephine—. E envíaas a todos os países do mundo! Non si, avó Joe? —É, querida, así é. E tamén a todos os reis e a todos os presidentes do mundo. Pero non só fabrica chocolatinas. Non, oh! O señor Willy Wonka garda en segredo algunhas invencións realmente fantásticas! Sabías que inventou un método para fabricar xeado de chocolate de maneira que este se manteña frío durante horas e horas sen que haxa que metelo na neveira? Mesmo podes deixalo ao sol unha mañá enteira nun día caloroso e nunca se derreterá! —Pero iso é imposible! —dixo o pequeno Charlie. —Claro que é imposible! —exclamou o avó Joe—. Éche completamente absurdo! Pero o señor Willy Wonka conseguiuno! —Así é! —asentiron os outros, movendo afirmativamente a cabeza—. O señor Wonka conseguiuno. Roald Dahl, Charlie e a fábrica de chocolate (adapt.).

59


COMPRENDO

Leo un conto

Comprendo a lectura 1 En que espazo ten lugar esta parte da historia? fábrica de chocolate

dormitorio

parque

cociña

2 Que personaxes aparecen? 3 Como é Willy Wonka? Busca catro palabras que o describan. 4 De que tamaño é a súa fábrica? 5 Cantas clases de chocolatinas inventou? Onde as envía? 6 Por que é tan especial o seu xeado de chocolate? 7 Que fan os demais avós de Charlie? Negar o que di o avó Joe. Confirmar o que di o avó Joe. Cambiar de tema.

Aprendo cousas sobre o chocolate Sabes cal é o ingrediente principal do chocolate? • Cal destes é o seu arbusto? a

castaña

b

cacao

limón c

• Investiga sobre o cacao: de que lugar procede?, que propiedades beneficiosas ten para a saúde? • Colle unha tableta de chocolate e mira a porcentaxe de cacao e de azucre que ten. Canto máis cacao teña e menos azucre, máis saudable será.

60

Toma nota! O cacao natural é moi saudable.


U4

Vexo un vídeo con recomendacións sobre a saúde Ten en conta os consellos da Organización Mundial da Saúde. 1

Mira o vídeo «Para ter unha boa saúde» e coméntao cos teus compañeiros e compañeiras.

• Que significa «estar san» para a Organización Mundial da Saúde? • Como debe ser unha alimentación saudable? • Por que é importante coidar a hixiene? • Que quere dicir «World Health Organization»? En que lingua está? Por que? 2 Durante a pandemia da COVID tivemos que seguir indicacións especiais de saúde e de hixiene en todo o planeta • Por que cres que nun momento así foi tan importante que existise a Organización Mundial da Saúde? • Fai unha lista coas recomendacións que nos deron.

Toma nota! Se seguimos algúns consellos, evitaremos problemas de saúde. 61


EXPRÉSOME

Coñezo moitas larpeiradas As larpeiradas están boísimas porque levan moito azucre. 1 Relaciona cada larpeirada coa súa imaxe. piruleta bombón

algodón de azucre c

b

a

d

caramelo

chocolate

e

f

g

goma de mascar gominola

Invento lambonadas Escoita as lambonadas que fai Willy Wonka e inventa ti unha. • Ponlle nome, débuxaa e preséntaa na clase.

2 Cal destas sobremesas che gusta máis? • Busca a receita e cópiaa no caderno. turrón – flan – arroz con leite – orellas bica – leite frito – rosquillas – filloas 3 Observa con atención. As palabras homófonas

Hai que poñer a mesa.

Ai! Que rica está!

4 Fíxate no significado e escolle a palabra correcta para cada oración. ben: contrario de «mal» ven: verbo ver, ollar, mirar. – Se te agochas aquí, seguro que non te ... . – Lava ... as mans antes de comer.

62

As palabras homófonas pronúncianse igual, pero escríbense de maneira distinta e teñen significados diferentes (hai, ai).


U4

Falo dos meus hábitos Algúns hábitos son prexudiciais para a saúde. 1 Fíxate nas imaxes e fala sobre os teus costumes. a

b

c

d

e

f

• Cales destas cousas fas ás veces? • E con moita frecuencia? • Cal non deberías facer nunca? Por que? • Por que cres que falar cos demais e contarlles os nosos problemas é positivo para a nosa saúde?

Investigo sobre o pasado Investiga sobre estas cuestións entre persoas maiores da contorna.

- Que comían cando eran pequenas? - Cociñábase na casa ou mercábase comida precociñada? - Tiñan lambonadas? - Había moitos restaurantes? • Poñédeo en común e pensade nos cambios que houbo. • Que cambio vos parece máis importante?

Toma nota! Debemos tomar lambonadas só de cando en vez e mellor se son caseiras. 63


Fago un cartel Escoitaches falar da pirámide dos alimentos? 1

Lectura compartida

Observa o cartel e contesta as preguntas. RESPECTA A PIRÁMIDE

Graxas e doces

Carne vermella, embutidos

Consumo ocasional

Consumo ocasional

Peixe

Carne magra, ovos

2 racións semanais

2 racións semanais

Produtos lácteos

Froita e verdura

2 ou 3 racións diarias

5 pezas ao día

Cereais

Deporte

Cada día

Cada día COIDA A TÚA SAÚDE!

• Que dous slogans aparecen? • En que parte da pirámide están as larpeiradas? Por que cres que están aí? • Que actividade debemos facer cada día? • Que bebida temos que tomar con máis frecuencia?

Os carteis Os carteis serven para difundir información. Combinan imaxes e un texto fácil de recordar: o slogan.

2 Marca os alimentos segundo conveña comelos.

64

Cada día

2 veces por semana

Poucas veces

Espinacas, plátano, laranxa

?

?

?

Iogures, queixo, leite

?

?

?

Cereais, pan, pasta, arroz

?

?

?

Xamón, chourizo, tenreira

?

?

?

Chocolate, pasteis, caramelos

?

?

?

Sardiñas, gambas, mexillóns

?

?

?


U4

3 Observa estes carteis e contesta. a

b

c

• Describe o que ves en cada cartel. • Que mensaxe nos queren transmitir? • Cal che gusta máis? Por que?

Invento carteis saudables Elixe un destes temas e fai un cartel cun slogan. É necesario facer exercicio para estar san ou sa. Precisamos comer verdura con moita frecuencia. Hai que durmir como mínimo 8 horas.

Toma nota! Nos carteis a información é moi visual e clara. 65


E N R E D O C O A C U LT U R A

O menú tradicional do Nadal No Nadal cómense máis doces ca noutras épocas do ano. Cales coñeces?

O peixe é o protagonista da cea de Noiteboa en Galicia, e a carne da comida de Nadal. Esta tradición ten a súa orixe na relixión católica, que impedía comer carne ata o día 25. Por iso é tradicional, sobre todo no sur, cear o bacallau con coliflor ou repolo acompañado con allada. Tamén é típico o ollomol ao forno e, se hai río, o salmón. Noutros lugares ceábase polbo, verzas ou grelos. No Nadal, en zonas de Lugo e da Coruña era típico o capón de Vilalba, moitas veces recheo de castañas. Noutras zonas preferíase o galo de Arzúa, a galiña de Mos ou o pito de curral. E na montaña apostaban pola carne de cabrito. E a comida non podía rematar sen unha boa sobremesa: a sopa de améndoas (Verín) ou a compota de pera (Lugo). Tamén figos ou uvas pasas, arroz con leite, castañas, noces, abelás, bica, filloas... historiadegalicia.gal (adapt.)

1 E vós, que comedes en Noiteboa? E no Nadal? 2 Fíxate na receita e ponlle título. ?

Ingredientes: Para 4 persoas: • 800 gr. de bacallau (4 toros de 200 gr.) • 1 coliflor mediana • 4 patacas medianas • 1 cebola

Preparación: 1 Desalga en auga os toros de bacallau durante 48 horas, coa pel cara arriba. 2 Pon a ferver a auga nunha cazola cun pouco de sal e engade a coliflor limpa e pelada, en 4 anacos, a cebola en 2 metades e as 4 patacas en anacos grandes. 3 Transcorridos 15 minutos de fervor, engade os toros de bacallau e deixa ferver 5 minutos máis. 4 Serve o bacallau, a coliflor e as patacas. cocinagallega.es

3 E se este ano axudas a preparar algunha comida? • De que che gustaría encargarte?

66

Toma nota! Colaborar na preparación da comida pode ser divertido.


U4

I Ñ A L I N G UA COÑEZO A M

O suxeito e o predicado 1 Fíxate nesta oración.

Os elementos da oración Normalmente, as oracións teñen suxeito e predicado. • O suxeito é quen fai o que expresa o verbo (Lucas). • O predicado é todo aquilo que se di sobre o suxeito (vai a clases de ballet).

Lucas vai a clases de ballet. SUX.

PREDICADO

2 Une cada suxeito co seu predicado. O cociñeiro do cole …

… ten nove anos.

Vera…

… chámase Lea.

Os meus amigos…

… fai unha sopa boísima.

A profesora de ioga…

… comen moitas lambonadas.

3 Subliña con cor amarela o suxeito e con cor verde o predicado. – A doutora recomendoume facer máis deporte. – Sabela e Xurxo comen moita froita. – Roald Dahl escribiu o libro Charlie e a fábrica de chocolate. – Os meus pais saíron de paseo moi cedo. 4 Corrixe as seguintes oracións. – Martiño están hoxe de aniversario. Exemplo:

– Martiño están está hoxe de aniversario. – A televisión non funcionan.

A concordancia O suxeito e o predicado dunha oración deben concordar: se o suxeito está en singular, o verbo tamén; se o suxeito está en plural, o verbo

– Xoán, Ana e Eloi fixen un cartel moi fermoso. – Eu chámanse Margarida.

67

¡


I Ñ A L I N G UA COÑEZO A M

¡

Os ditongos e os hiatos 1 Observa con atención.

Os ditongos Cando dúas vogais se pronuncian xuntas nunha mesma sílaba, dicimos que forman un ditongo. Unha desas vogais ten que ser sempre i ou u (lar-pei-ra-das, au-ga).

Non comas moitas larpeiradas e bebe auga con frecuencia. 2 Divide estas palabras en sílabas. ordenador

chourizo

estoxo

Laura

gaivota

dente

outono

catorce

Breixo

oito

vermello

temporal

• Que sete palabras teñen ditongo? Sublíñao. 3 Observa con atención. Os hiatos Dúas vogais seguidas que se pronuncian en sílabas distintas forman un hiato (Lu-cí-a, pre-o-cú-pa-se).

Lucía preocúpase pola saúde dos seus doentes. 4 Atopa catro palabras relacionadas coa comida. xe

san te

a a

dí o

• Teñen ditongo ou hiato?

68

mén a

do a

lác do


U4

Copio e completo para organizar as miñas ideas

...

...

Dúas vogais seguidas que se pronuncian na mesma sílaba.

Dúas vogais seguidas que se pronuncian en sílabas distintas.

DITADO Escoita atentamente este texto e fai o ditado. Os meus pais chámanse Diego e Antía. Gústanos moito saír pasear ou andar na bicicleta. Cremos que facer deporte é moi bo para a saúde. Ademais, intentamos comer variado e tomar larpeiradas só de cando en vez. Canto máis caseiras sexan, mellor! Sabedes cal é o noso almorzo preferido? Iogur con froita! Mmm… está boísimo. Rodea de vermello os ditongos e de azul os hiatos. Agora, valora o traballo do teu compañeiro ou compañeira. Que cres que debería mellorar? Despois do ditado: Ortografía

Presentación

Caligrafía

69


P O R TA F O L I O

Que aprendín? 1 Completa coa palabra axeitada. hai - ai

ben – ven

5 Escribe oracións con estas palabras. Reis Magos – desfilar – rúas – cidade

– … que tomar catro pezas de froita ao día.

Pedro – querer – lambonadas

– …, que saborosa está esta torta! – Que ... me sabe este biscoito! – Elas ... moitas películas. 2 Observa este cartel.

Paula – facer – cartel – fermoso • Subliña o suxeito de cor amarela e o predicado de cor verde. 6 Separa estas palabras en sílabas.

COMPARTE O TEU NADAL Achega alimentos e xoguetes para que tod@s poidan celebrar estas datas.

candea

reis

Lúa

canción

tío

coroa

frío

maxia

rúa

noite

leite

teatro

Laura

louro

dous

• Rodea os ditongos e subliña os hiatos.

DITADO Sábado 15 de decembro Na praza do concello 17h Recollida de alimentos e xoguetes 18h Concerto de panxoliñas

POR UN NADAL PARA TOD@S • Que slogans aparecen? • Que actividades terán lugar? Onde? 3 Crea un cartel sobre os xoguetes. • Escolle un slogan e acompáñao de imaxes.

Escoita con atención e copia.

As panxoliñas son as cantigas tradicionais do Nadal. A maioría son peticións aos pastores ou ao pobo de que vaian ver o meniño que acaba de nacer. Adoitan acompañarse con instrumentos musicais: pandeiros, pandeiretas, gaitas, frautas... O día seis de xaneiro son tradicionais os cantos de Reis. Os rapaces e as rapazas saen cantar polas rúas, paran diante das casas e piden un aguinaldo.

Azul ou rosa, que máis ten! Este Nadal pide igualdade! Os xoguetes non teñen xénero. 4 Pensa nos nomes dos teus compañeiros e compañeiras da clase. • Algún deles ten ditongo ou hiato?

70

7 Colorea segundo o fagas. O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder


U4 lu.

TIVO OBXEC IÓN EN ACC Controla os teus hábitos

ma.

mé.

Almorzar ben

5 pezas

Crea no ordenador unha táboa para controlar os teus hábitos. • Escribe en cada fila un hábito saudable.

2 - 3 racións

• Coloca en cada columna un día da semana. • Podes acompañar cada hábito cun debuxo ou cunha fotografía. Identifica os hábitos que debes mellorar e pensa solucións.

Beber auga

30 min.

2-3 ao día

Identificar Como é a miña alimentación? Fago deporte? Cantas horas durmo?

+8h

1 Argumentar Que conclusións saco? Que debo cambiar ou mellorar?

4

Roda lóxica

2

Comparar Os meus hábitos son os recomendados pola OMS?

3 Relacións causa-efecto Que repercusións poden ter na miña saúde?

Como aprendín? 1 Pídelle a un compañeiro ou compañeira que te avalíe do 1 ao 5.

1

2

3

4

5

Respecto a quenda de palabra.

?

?

?

?

?

Colaboro nas actividades de grupo.

?

?

?

?

?

Respecto as opinións dos demais.

?

?

?

?

?

Leo en voz alta coa entoación e a velocidade adecuadas.

?

?

?

?

?

Participo nas actividades orais.

?

?

?

?

?

• Como te sentiches despois de que te avaliasen?

71

...


© GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid. Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Operación mundo: Lingua 4º (demo) by Grupo Anaya, S.A. - Issuu