DEMO
INCLÚE
C
EN
E
ZA 12 MES
Ga
lic
ia
5
S
LI
PROXECTO DIXITAL
PRIMARIA
Ciencias da
Natureza
a
ic ón
r pe
O u
o d n
m
Que imos aprender?
ARIO
ISCIPLIN
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVA EN ACCIÓN
INTERD
ODS
PÁX.
1
Facemos ciencia
2
Clasificamos… para protexer
8
26
• Situación de aprendizaxe. A partir dun feito observable: como se disolve o cacao en po, achégase a ciencia á vida cotiá. • Obxectivo en acción. Utilizamos ferramentas científicas para resolver o misterio do cacao en po.
• Situación de aprendizaxe. Unha saída nun medio próximo ao colexio fará reflexionar sobre a necesidade de clasificar e organizar os seres vivos para poder protexelos. • Obxectivo en acción. Creamos a nosa propia proposta de clasificación que axude a conservar especies que se fotografaron durante unha excursión.
Educación de calidade
Vida de ecosistemas terrestres
REPASO TRIMESTRE 1
3 4
D escubrimos animais e plantas
Buscando o sostemento
48
68
• Situación de aprendizaxe. Un neno que está facendo esnórquel reflexiona acerca de que hai seres vivos no fondo do mar que pensaba que eran plantas, pero resulta que son animais. • Obxectivo en acción. Deseñamos un póster explicando as funcións vitais dunha especie que a simple vista non saibamos se é unha planta ou un animal.
• Situación de aprendizaxe. Unha nena ten serias dúbidas verbo da conveniencia de construír un hotel nun bosque próximo á súa vila. • Obxectivo en acción. Propoñemos dúas razóns polas que a construción do hotel podería danar a natureza do contorno da vila e dúas razóns polas que podería ser algo bo.
Vida submarina
Cidades sostibles
REPASO TRIMESTRE 2
5 6
xperimentamos E coa materia e coa enerxía
92
Facemos un 112 proxecto... ... buscamos solucións
• Situación de aprendizaxe. Unha nena, Helena, analiza a cantidade de recursos que utilizou na súa última festa de aniversario para ver como mellorar a seguinte. • Obxectivo en acción. Analizamos como usamos os recursos materiais e enerxéticos para deseñar unha proposta que mellore o sostemento nas nosas vidas. • Situación de aprendizaxe. Unha nena mostra o seu enfado porque pensa que o mundo está mal feito. Enumera a cantidade de problemas que desde a súa perspectiva de nena ve. • Obxectivo en acción. Preparamos unha feira na que mostramos os proxectos que deseñamos para facerlles fronte aos problemas do noso mundo.
REPASO TRIMESTRE 3
Produción e consumo responsables
Cidades sostibles
SABERES PARA: APRENDER, APLICAR E INVESTIGAR • O método científico • A busca de información • O deseño de experimentos • A análise de datos e a súa interpretación • A difusión dos resultados da investigación • O pensamento computacional
Actividades para traballar competencias • Respostas para todos? • Buscando información, pero que é o cacao? • A miña profesión: técnica de laboratorio • A miña profesión: ecólogo • Comunicando a ciencia • Mira como penso: pon un algoritmo na túa vida!
• • • • • •
Actividades para traballar competencias • Imos ordenar isto! • De quen é esta célula? • Os seres vivos teñen «nivel». • A miña profesión: botánica • Clasificamos animais • Mira como penso: o uso de condicionais
As funcións vitais Os niveis de organización Os cinco reinos Moneras, protistas e fungos O reino das plantas O reino dos animais
PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · O noso cumio polo clima: Equipo de investigación
• A nutrición dos animais • A relación nos animais • A reprodución nos animais • Os animais en Galicia • A nutrición nas plantas • A reprodución nas plantas • A relación nas plantas
• As plantas en Galicia Actividades para traballar competencias • Mira como penso: Un diagrama de fluxo da nutrición • A miña profesión: zoólogo • Deseñamos un modelo de semente voadora • Observamos como reaccionan as plantas • Facemos un herbario fotográfico da flora galega
• • • • • •
Actividades para traballar competencias • Mira como penso: Canto nivel! • Regáloche…un ecosistema • Últimas noticias no «Universo formiga» • Formigas e otras relación • Do equilibrio ao caos…e outra vez ao equilibrio • Inmobiliaria Ecotopía: Ser vivo. Encontramos o teu lugar para vivir! • A miña profesión: axente ambiental • «R que R para protexer o planeta»
Así é un ecosistema As relacións alimentarias Relacións dentro da especie e con outras As adaptacións e o equilibrio do ecosistema Os ecosistemas acuáticos, terrestres e mixtos As persoas e os ecosistemas
PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Facemos camiño: Camiño e miro
• • • • • • •
A materia e as súas propiedades As propiedades específicas As substancias puras e as mesturas Os cambios químicos e físicos A aerodinámica A enerxía Características e produción de enerxía eléctrica
Actividades para traballar competencias • Refrescos e aliños científicos • Un cambio químico e un físico para inflar globos • Xogos e concursos • Construímos avións de papel • A miña profesión: asesora enerxética • Mira como penso: o algoritmo das galletas sostibles
• • • • • •
Que é un proxecto Identificar problemas, propoñer solucións O deseño A planificación A construción A comprobación e a presentación
Actividades para traballar competencias • A miña profesión: enxeñeira • Mira como penso: os esquemas: así funciona un sistema de control • Mira como penso: fago o meu proxecto paso a paso • Mira como penso: fago un videoxogo paso a paso
PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Un lugar para o noso recreo: Aprender do natural
2
Clasificamos... para protexer
Hoxe foi un día xenial! Saímos toda a clase a dar un paseo polos arredores do colexio e sacamos fotos dos seres vivos silvestres que iamos encontrando. A profe di que se queremos coidar o medio do noso cole, primeiro temos que coñecelo ben, e que o primeiro paso é clasificar os seres vivos das fotos...
Xo ani ña
Como o ves? Que cousas clasificades na casa ti e a túa familia? Que vantaxes ten facelo? Un criterio é unha regra que serve para clasificar cousas segundo as súas características. Que criterios se che ocorren para clasificar os seres vivos das fotos? Por que agrupar seres vivos parecidos pode axudarnos a conservalos?
Ao rematar esta unidade...
Cardo
O dato Descubríronse aproximadamente 1,2 millóns de especies de seres vivos, pero crese que na Terra viven case 9 millóns. Clasificalos é o primeiro paso para coñecelos e protexelos!
Obxe ctivo en acció n Fixándonos en como son os criterios de clasificación que usan os científicos e científicas, creamos a nosa propia proposta de clasificación que axude a conservar as especies que fotografaron Diego e a súa clase.
26
Sigue o fío!
lo Coel
Pa po ula
As función s vitais e as células
Os niveis de organiz ación
1
2
Por que sabes que algo é un ser vivo?
Son todos os seres vivos igual de complexos?
15
Pard al Os cinco reinos de seres vivos
3 Fago grandes grupos de seres vivos aplicando o aprendido
Araña Moneras, protistas e fungos
4 Clasifico seres vivos dentro das moneras, dos protistas e dos fungos
O reino das plantas
O reino dos animais
5
6
Como farías subgrupos dentro do grupo das plantas?
Como farías subgrupos dentro do grupo dos animais?
27
1 Por que sabes que algo é un ser vivo? Diego e a súa clase fixeron fotos de diferentes seres vivos. Pero como diferenciaron os seres vivos dos non-vivos?
Nutrición autótrofa Enerxía do sol Dióxido de carbono
Os seres vivos diferéncianse da materia non-viva en dous aspectos: • Realizan as tres funcións vitais (nutrición, relación e reprodución). • Están formados por unhas estruturas chamadas células.
As funcións vitais A función de nutrición A nutrición consiste en tomar substancias do medio, utilizalas para obter enerxía, crecer ou reparar as partes danadas, e eliminar os refugallos. Segundo a súa forma de obter os nutrientes, existen dous tipos de seres vivos: os autótrofos e os heterótrofos.
Os seres vivos autótrofos fabrican os seus propios nutrientes
Auga e sales minerais
Nutrición heterótrofa
• Os seres vivos autótrofos, como as plantas e as algas, utilizan a enerxía do sol para transformar as substancias que toman do aire e do chan nos nutrientes que necesitan. • Os seres vivos heterótrofos, como os animais, non poden fabricar os seus propios nutrientes e obtéñenos alimentándose doutros seres vivos.
A función de relación A función de relación consiste en percibir as cousas que ocorren dentro e fóra do corpo e reaccionar ante elas.
1
As plantas adoitan permanecer nun mesmo lugar toda a súa vida. Por que non necesitan desprazarse para obter o seu alimento?
2 Observa os seres vivos que aparecen na imaxe da dereita. a) Indica, en cada caso, se se trata dun ser vivo autótrofo ou heterótrofo, e explícao. b) Que función vital lle permite á gacela fuxir do león? Explica a túa resposta.
28
Os seres vivos heterótrofos obteñen nutrientes doutros seres vivos
U2
A función de reprodución A reprodución é a capacidade que teñen os seres vivos para producir descendentes con características iguais ou moi parecidas ás súas.
Reprodución asexual Descendente idéntico ao seu proxenitor
Un só proxenitor
Existen dous tipos de reprodución: a sexual e a asexual. Algúns seres vivos só realizan unha delas, outros poden utilizar ambas as dúas.
Xema
• Na reprodución asexual, un só ser vivo produce un ou varios descendentes idénticos a el. • Na reprodución sexual, dous individuos, un de sexo masculino e outro de sexo feminino, producen células reprodutoras ou gametos. A unión de dous gametos dá lugar a un ou varios descendentes parecidos aos proxenitores, pero non idénticos.
Reprodución sexual Dous proxenitores
Imos ordenar isto! Queremos utilizar estas fotografías e carteis para montar unha exposición sobre as funcións vitais. O problema é que están totalmente desordenados! Axuda a organizalos asociando a cada fotografía dous pés de foto que creas que se relacionan con ela.
Ser vivo heterótrofo
Eu non necesito tomar alimentos, un momentiño ao sol e listo!
A miña comida preferida son as bacterias, morro sen elas.
Ser vivo autótrofo
Ser vivo con reprodución asexual
Descendencia parecida aos proxenitores, non idéntica
A miña descendencia é idéntica a min, somos como dúas gotas de auga.
Os meus fillos non se parecen moito a min, pero si teñen as orellas do seu pai.
Ser vivo con reprodución sexual
29
1 Por que sabes que algo é un ser vivo?
Estamos formados por células Ademais de realizar as funcións vitais, todos os seres vivos están formados por células. Unha célula é a parte máis pequena dun ser vivo capaz de realizar as funcións vitais.
Célula procariota Citoplasma Material xenético disperso polo citoplasma
Como son as células A maioría das células son tan pequenas que só poden observarse coa axuda dun microscopio. Todas as células teñen unha estrutura común formada por tres partes fundamentais:
Membrana plasmática
• A membrana plasmática, que é a envoltura que rodea a célula. • O citoplasma, que é un líquido espeso que enche o interior da célula e no que se achan outras estruturas e as substancias celulares. • O material xenético, que é a substancia que contén as instrucións para o funcionamento das células.
Célula eucariota Material xenético dentro dun núcleo
Membrana plasmática
Tipos de células As células clasifícanse en procariotas e eucariotas: • As células procariotas son as máis pequenas e sinxelas e teñen o material xenético disperso no citoplasma. Por exemplo, as bacterias son células procariotas. • As células eucariotas son máis grandes e complexas. Teñen no seu citoplasma unhas estruturas chamadas orgánulos que realizan diferentes funcións. O material xenético encóntrase protexido dentro dun destes orgánulos: o núcleo. Por exemplo, os animais e as plantas están formados por células eucariotas.
3 En que se diferencian as células procariotas das eucariotas? 4 Como se chama a parte das células eucariotas que contén o material xenético?
30
Orgánulos
Citoplasma
Para comprender mellor as diferenzas entre as células procariotas e as euca‑ riotas, «Cóntocho nun momento» co ví‑ deo «Unboxing de microorganismos» en anayaeducacion.es.
U2
De quen é esta célula? Observa as células das fotografías. Obtivéronse utilizando un microscopio que permite ver as estruturas celulares con gran detalle. 1
A
Que estruturas teñen en común estas tres células? Localízaas.
2 Debuxa as tres células no teu caderno representando e rotulando estas estruturas. En cada caso, indica se a célula ten núcleo ou, pola contra, ten o material xenético disperso no citoplasma. 3 Observa as estruturas numeradas na fotografía C, descríbeas e engádellas ao teu debuxo. Están presentes nas outras dúas células?
B
4 Agora, le estas descricións. Algunha podería corresponder ás estruturas da fotografía C que acabas de describir? Indica a que parte da célula corresponde cada unha.
uns orgánulos Os cloroplastos son de cor verde. grandes e alongados se e están nas Realizan a fotosínte células vexetais. A parede celular é unha estrutura ríxida que recobre a membrana e que lles dá ás células vexetais unha forma poligonal. Os vacúolos so n uns orgánulo s recheos de auga e outr as substancias que lles axudan ás célu las vexetais a manter a súa forma.
5 Tendo en conta as túas respostas ás preguntas anteriores, completa no teu caderno as oracións seguintes: A fotografía... é dunha célula procariota. A fotografía... é dunha célula eucariota vexetal. A fotografía... é dunha célula eucariota animal.
C 3 2
1
Toma nota! As distintas formas nas que os seres vivos realizan as súas funcións vitais e o tipo de células que teñen axúdannos a clasificalos. 31
2 Son todos os seres vivos igual de complexos? Tecidos, órganos, aparatos e sistemas
O número de células e as agrupacións entre estas varían duns seres vivos a outros. É dicir: nos seres vivos hai diferentes niveis de complexidade ou niveis de organización.
forma
Os niveis de organización
n
Células
fo
Os seres unicelulares Están formados por unha soa célula que realiza as funcións vitais. Os organismos unicelulares poden ser procariotas ou eucariotas.
a rm
n
Tecidos fo r
Os seres pluricelulares
m
an
Están compostos por moitas células, sempre de tipo eucariota. Estas células poden agruparse formando tecidos ou non. Nos seres pluricelulares máis complexos, as células agrúpanse formando:
Órganos
• Os tecidos, que son agrupacións de células especializadas nunha mesma función. • Os órganos, que son asociacións de diferentes tecidos que realizan unha función máis ampla. • Os aparatos ou sistemas, que son conxuntos de órganos que se agrupan para levar a cabo un proceso máis complexo.
Aparatos e sistemas do organismo
Os seres vivos teñen «nivel» Non todos os seres vivos pluricelulares teñen os mesmos niveis de organización. Le os exemplos seguintes e responde as cuestións:
1
Copia a táboa no teu caderno e complétaa.
Algas
Nas algas pluricelulares e nos fungos as células encóntranse agrupadas pero sen formar tecidos.
como Nalgunhas plantas sinxelas, anse aníz os musgos, as células org non s formando tecidos, pero este forman órganos definidos.
32
pluricelulares Fungos Musgos Vaca
Aparatos
Pluricelulares
Tecidos
Órganos
Si
...
...
Non
Si
...
...
...
...
...
...
...
Si
...
...
...
2 En cal dos seres vivos encontramos máis niveis de organización? En cal encontramos menos niveis?
e sistemas
Toma nota!
Os tecidos e órganos que forman os seres vivos tamén serven para clasificalos.
3
U2
Fago grandes grupos de seres vivos aplicando o aprendido Atendendo ao tipo de célula, ao número de células, á presenza ou non de tecidos e ao tipo de nutrición, pódense clasificar os seres vivos en cinco grandes grupos chamados reinos.
1
En que dous reinos podemos encontrar tanto organismos unicelulares coma pluricelulares que non forman tecidos? Que diferencia entre si estes dous reinos?
Chamamos biodiversidade á enorme variedade de seres vivos que hai no planeta.
2 Fíxate na descrición do reino dos protistas e escribe no teu caderno a descrición dos outros catro reinos seguindo este modelo:
Para estudar a biodiversidade, clasificamos os seres vivos; é dicir, facemos grupos de seres con características comúns, como o tipo de células, o tipo de nutrición...
Reino dos protistas
Os cinco reinos
Son seres con células eucariotas. Hainos unicelulares (protozoos, algas microscópicas...) e pluricelulares que non forman tecidos (grandes algas). Os protozoos teñen nutrición heterótrofa; as algas, autótrofa.
Os grupos máis grandes que se poden facer chámanse reinos. Hai cinco reinos de seres vivos: o das moneras, o dos protistas, o dos fungos, o das plantas e o dos animais.
Reino das moneras
Reino dos protistas
Reino dos fungos
Reino das plantas
Reino dos animais
Tipo de célula
Procariota
Eucariota
Eucariota
Eucariota
Eucariota
Número de células
Unicelular
Unicelular ou pluricelular
Unicelular ou pluricelular
Pluricelular
Pluricelular
Tecidos
Non
Non
Non
Si
Si
Tipo de nutrición
Autótrofa e heterótrofa
Autótrofa e heterótrofa
Heterótrofa
Autótrofa
Heterótrofa
Protozoos
Invertebrados
Fermentos Musgos
Algas microscópicas
Exemplos
Fentos
Musgos
Bacterias
Algas pluricelulares
Cogomelos
Outras plantas
Anfibios
Aves
Toma nota! Para definir os cinco reinos, necesitamos usar varios criterios de clasificación á vez.
Peixes Peixes
33
4 Clasifico seres vivos dentro das moneras, dos protistas e dos fungos Aínda que todos os seres vivos que forman o grupo das moneras, o dos protistas e o dos fungos teñen características comúns, dentro de cada grupo hai particularidades que permiten diferencialos e serven como criterios para clasificalos.
O reino das moneras
Clasificación das bacterias
Cocos Bacilos
Vibrios
As moneras son procariotas unicelulares, que poden ser autótrofas ou heterótrofas.
Espirilos
O grupo máis abundante deste grupo son as bacterias, seres microscópicos capaces de vivir en calquera ambiente. As bacterias clasifícanse segundo a súa forma en: cocos (forma esférica), bacilos (forma de bastonciño), vibrios (forma de coma) e espirilos (forma de espiral alongada).
Clasificación dos protistas
Protozoos
Algas
O reino dos protistas O reino dos protistas inclúe os protozoos e as algas.
Os protozoos Son eucariotas, unicelulares e heterótrofos. Viven en medios acuáticos, en terras húmidas ou no interior doutros seres vivos. Os protozoos clasifícanse atendendo ás estruturas que teñen para desprazarse en: protozoos con flaxelos, con cilios e con pseudópodos.
As algas As algas son eucariotas unicelulares ou pluricelulares que non forman tecidos. Teñen nutrición autótrofa e viven en medios acuáticos. As algas clasifícanse segundo a súa complexidade celular en unicelulares ou pluricelulares. As pluricelulares, á súa vez, clasifícanse segundo a súa cor en algas verdes, pardas ou vermellas.
34
Con flaxelos
Con cilios
Unicelulares
Pluricelulares Verdes
Con pseudópodos Vermellas
Pardas
U2
O reino dos fungos Os fungos son seres vivos unicelulares ou pluricelulares que non forman tecidos e con nutrición heterótrofa. Producen unha substancia chamada quitina. Viven en lugares húmidos e con temperaturas suaves. Os fungos pódense clasificar en tres tipos segundo o seu nivel de organización corporal: unicelulares, musgos e fungos que forman cogomelos. Clasificación dos fungos Fungos que forman cogomelos
Musgos
Fungos unicelulares Como os fermentos, que viven no chan, sobre as froitas, no néctar das flores...
Son pluricelulares e teñen un aspecto parecido ao do algodón. Adoitan crecer sobre as froitas, o pan ou o chan húmido.
Como o champiñón ou o níscaro, son pluricelulares. Desenvólvense no chan, e só sobresae na superficie a súa parte reprodutora, que son os cogomelos.
o penso Mira com
O uso de condicionais A palabra microorganismo significa ‘organismo pequeno (micro)’. Desde o punto de vista da clasificación, este é un termo confuso pois agrupa seres vivos tan diversos como bacterias, protozoos, fermentos, algas e virus. Para clasificar microorganismos, podemos utilizar unha clave dicotómica, que funciona de modo que en cada paso se presentan dúas alternativas entre as que hai que decidir.
SE é eucariota ENTÓ N é un protista ou un fungo. SE NO N é eucariota, ENTÓN é unha bacte ria. SE é eucariota e é he terótrofo e con quitina ENTÓN é un fungo. SE é eucariota e po de ser autótrofo ou heterótrofo, ENTÓN é un protista.
Observa a clave dicotómica para clasificar microorganismos. Aplicando o pensamento computacional podemos expresar o percorrido a través dela utilizando frases con condicionais. Observa como se redactaron as frases para algúns deles e completa as que faltan para o resto de microorganismos da clave.
Microorganismos
1
SE é procariota ENTÓ N é unha bacteria SE NON é procariot a, ENTÓN é un protist a ou un fungo.
Procariota Eucariota Autótrofo ou heterótrofo
BACTERIA Só heterótrofo e con quitina
PROTISTA Autótrofo
Heterótrofo
FUNGO
PROTOZOO
Toma nota! Decátaste? Para facer subgrupos dentro destes tres reinos, necesitamos usar varios criterios: a forma, o tipo de pigmentos, etc.
ALGA
35
5 Como farías subgrupos dentro do grupo das plantas? Aínda que todas as plantas teñen características comúns, tamén posúen certas estruturas que as diferencian e realizan algunhas funcións vitais de forma distinta. Isto permitiranos facer criterios para clasificalas. O reino das plantas
Folla
Face
Limbo
Vasos condutores Envés
A maioría das plantas vive en medios terrestres, aínda que tamén é posible encontralas en medios acuáticos. Son organismos pluricelulares eucariotas con tecidos. Na maioría das plantas, os tecidos organízanse formando órganos como raíz, talo e follas. Teñen nutrición autótrofa e realizan un proceso chamado fotosíntese. Teñen reprodución sexual e asexual.
Talo
Os órganos das plantas • As follas. Son os órganos encargados de realizar a fotosíntese. • O talo. É o órgano que sostén a parte aérea da planta. Pode estar ramificado ou non. Ademais, pode ser delgado, verde e flexible, ou groso e leñoso, en cuxo caso, se chama tronco.
Vasos condutores
• A raíz. É o órgano que suxeita a planta ao chan. Absorbe a auga e os sales minerais do chan. • Os vasos condutores. A maioría das plantas teñen uns condutos en forma de tubo que percorren o interior da raíz, do talo, das ramas e das follas. Polo seu interior circulan auga e outras substancias. Como verás máis adiante, non todas as plantas teñen vasos condutores.
1
Folio xiratorio
Nomeade, polo menos, tres carac terísticas que diferencian as plantas doutros seres vivos.
2 Elixe a planta que máis che guste e debúxaa no teu caderno sinalando os órganos que observes nela.
36
Pelos absorbentes
Raíz
U2
A clasificación das plantas Normalmente, as plantas clasifícanse tendo en conta estes dous criterios: • Que teñan vasos condutores ou non os teñan.
Chámome Violeta Aciñeira e son botánica. iste O meu traballo cons s. nta pla r ica en clasif a em qu es o Observa n ció ica sif de cla das plantas.
• Que produzan sementes ou non as produzan.
A miña profesión: botánica Plantas CON vasos condutores
Plantas SEN vasos condutores Plantas SEN sementes Musgos Teñen tecidos, pero carecen de vasos condutores e de raíz, follas e flores. Non producen sementes nin flores.
1
Plantas CON sementes
Fentos
Ximnospermas
Anxiospermas
Teñen raíz, talo, follas e vasos condutores.
Teñen vasos condutores, raíz, talo e follas. Teñen flores sinxelas agrupadas nunhas estruturas chamadas conos. Producen sementes que non se encontran no interior dun froito.
Teñen vasos condutores, raíz, talo e follas.
Carecen de flores. Non producen sementes.
As súas flores son complexas e vistosas. Producen sementes que se encontran dentro dun froito.
Axúdame agora a clasificar estas plantas. Seguindo o esquema de clasificación das plantas di de que planta se trata: a) Planta que produce sementes pero non froitos. b) Planta que non ten vasos condutores nin produce sementes. c) Planta que produce sementes dentro de froitos. d) Planta que non produce sementes e ten vasos condutores.
2 Busca información para tres exemplos de cada tipo de planta. Escribe no teu caderno os seus nomes e pega unha imaxe de cada un dos teus exemplos.
Toma nota!
Decátaste? Para facer subgrupos de plantas, necesitamos usar varios criterios: ter ou non vasos condutores e fixarnos en se teñen sementes e en se forman froitos ou non. 37
56
Como farías subgrupos dentro do grupo dos animais? Aínda que todos os animais teñen características comúns, tamén posúen certas estruturas que os distinguen. Estas diferenzas sérvennos como criterios para clasificalos. As características dos animais Os seres vivos do reino dos animais son pluricelulares eucariotas con tecidos. Polo xeral, os tecidos asócianse en órganos, que, á súa vez, constitúen aparatos e sistemas de gran complexidade. Os animais poden ser ovíparos ou vivíparos. Viven tanto en medios acuáticos coma terrestres. Algúns viven no interior doutros seres vivos.
A maioría dos animais son invertebrados, é dicir, non teñen un esqueleto interno con columna vertebral. Todos son ovíparos. Características
Poríferos
• Animais acuáticos. • Corpo xelatinoso ou fibroso, perforado por numerosos poros. • Viven fixos a un substrato.
Cnidarios
• Animais acuáticos. • Corpo simple de aspecto xelatinoso. • Tentáculos velenosos arredor da boca.
Anélidos
• Animais terrestres ou acuáticos. • Corpo moi alongado, que pode ser plano, en forma de cordón ou dividido en aneis.
Moluscos
• Animais acuáticos ou terrestres. • Teñen un órgano musculoso chamado pé, e órganos internos dentro dunha envoltura chamada manto. • Moitos teñen unha cuncha dura.
Equinodermos
38
Di se estás de acordo con estas afirmacións sobre os animais e explica por que: a) Son heterótrofos. b) Todos teñen sistemas complexos. c) Todos teñen estruturas para desprazarse.
Os animais invertebrados
Artrópodos
1
• Animais acuáticos ou terrestres. • Corpo cuberto por unha cuncha de pezas articuladas e móbiles. • Número variable de patas segundo tipos. • Animais mariños. • Corpo en forma de estrela ou de bóla. • Coiraza formada por placas moi duras con saíntes ou pugas.
d) Todos son ovíparos.
Exemplos
U2
Os animais vertebrados Os vertebrados son menos numerosos ca os invertebrados, pero máis complexos. Teñen un esqueleto interno con columna vertebral e o seu corpo está dividido en: cabeza e tronco, que pode ter ou non unha cola e do que saen, case sempre, catro extremidades. Poden ser ovíparos ou vivíparos. Características
Peixes
• Animais acuáticos. • Corpo cuberto de escamas. • Extremidades transformadas en aletas. • Toman osíxeno da auga. • Ovíparos.
Anfibios
• Animais terrestres, pero deben vivir preto da auga. • Toman osíxeno da auga e do aire. • Pel moi fina. • Ovíparos.
Réptiles
• Animais terrestres ou acuáticos. • Toman osíxeno do aire. • Corpo cuberto de escamas e, ás veces, dunha cuncha. • Catro patas, agás as serpes. • Ovíparos.
Aves
Mamíferos
Exemplos
• Animais terrestres. • Toman osíxeno do aire. • Corpo cuberto de plumas. • As extremidades dianteiras son ás coas que, case todas, voan. As traseiras son patas cubertas de escamas. • Ovíparos. • Animais terrestres ou acuáticos. • Toman osíxeno do aire. • Corpo a miúdo cuberto de pelo. Extremidades diversas segundo a súa locomoción (patas, ás ou aletas). • Case todos son vivíparos. • As nais aleitan as súas crías co leite que producen as súas mamas.
Clasificamos animais Le con atención a información contida nas táboas dos animais invertebrados e vertebrados, e clasifica e indica as características de cada un dos animais seguintes:
ar
Milpés
Salmón
Ourizo de m
Galiña
Manatí
Píntega
39
5 6 Como farías subgrupos dentro do grupo dos animais?
Somos animais mamíferos Os seres humanos somos animais e, como tales, temos as características seguintes: • Temos un esqueleto de ósos con columna vertebral. Somos vertebrados. • Temos pelo na pel, somos vivíparos e as nais teñen mamas que producen leite para os seus bebés. Somos mamíferos. • De todos os mamíferos, os máis parecidos ao ser humano son os lemures, os orangutáns, os gorilas, os chimpancés... Todos formamos o grupo dos primates. Como eles, temos unha cara cos ollos cara a diante, mans nas extremidades superiores, uñas planas, un gran cerebro...
Por fóra
Cerebro moi desenvolvido
Que nos diferencia doutros animais Os seres humanos temos características que nos diferencian do resto dos primates: • Temos menos pelo na pel ca os demais primates.
Polgar opoñible
• Camiñamos sempre sobre as nosas pernas e ergueitos. • Só temos mans co polgar opoñible nos brazos.
Pouco pelo na pel
• As nosas pernas rematan en pés. Os demais primates teñen catro mans. • As nosas mans son moito máis áxiles, sensibles e precisas ca as de calquera outro primate. • O noso cerebro está moi desenvolvido e permítenos comunicarnos a través dunha linguaxe rica e complexa, pensar, estudar, aprender, comprender o mundo, crear obras de arte, inventar, imaxinar... ata facer bromas!
2
Observa a imaxe desta páxina, compara o ser humano co chimpancé e realiza unha listaxe cos seus trazos comúns e cos trazos diferenciadores de cada un. O espello
3 Nomea tres características que os seres humanos compartimos cos delfíns e tres características que nos diferencien deles.
40
Posición bípede
U2
Así somos os seres humanos Por dentro
O noso organismo está formado por aparatos e sistemas.
Aparato respiratorio
Aparato dixestivo
Aparato circulatorio
Aparato locomotor
Fígado
Riles Os aparatos e sistemas están formados por órganos. Encéfalo
Tecido óseo
Os órganos están formados por diferentes tipos de tecidos. Tecido epitelial
Tecido muscular
Toma nota!
Neurona Os tecidos están formados por diferentes tipos de células, todas elas son eucariotas de tipo animal.
Célula muscular
Óvulo
Glóbulo vermello
Hai moitas características dos animais que serven para clasificalos, pero unha moi importante é se teñen ou non esqueleto interno. 41
P O R TA F O L I O
Que aprendín? 1
Explica que teñen en común todos os seres vivos.
2 Indica se os seguintes conceptos fan referencia a un tipo de célula, un tecido, un órgano, un aparato ou sistema:
7 Escribe os nomes das estruturas sinaladas con números e indica de que tipo de célula se trata. 2
1
a) Óvulo. b) Pel. c) Dixestivo. d) Neurona.
3
e) Fígado.
4
f) Circulatorio. 8 Establece as diferenzas entre: 3 Fíxate nas imaxes destes seres vivos e responde as cuestións nunha táboa: 2 3
1
a) Un coco e un bacilo. b) Unha alga verde e unha alga vermella. c) Un cogomelo e un musgo. 9 Explica que criterios se utilizan para clasificar un musgo e unha margarida. 10 Explica que criterios aplicarías para clasificar unha mosca e unha gacela.
5
11 Encontra o intruso en cada un destes grupos: 4
6
b) Musgo, champiñón, bacteria, fermento.
a) Teñen tecidos?
c) Papoula, trevo, alga verde, musgo.
b) Teñen órganos?
d) Lombriga, troita, gorila, morcego.
c) Que tipo de nutrición teñen? d) A que reinos pertencen? 4 Nomea: a) Os reinos con células procariotas e os reinos con células eucariotas. b) Os reinos con organismos que teñen tecidos e os reinos con organismos sen tecidos. c) Os reinos con organismos só con nutrición autótrofa, os reinos só con nutrición heterótrofa, os reinos con ambos os dous tipos de nutrición. 5 Describe as estruturas que permiten moverse algúns protozoos. 6 Nomea as características principais das plantas.
42
a) Cocos, espiroquetas, fermentos, vibrios.
12 Que similitudes encontras entre os vasos condutores das plantas e o sistema circulatorio dos animais? Por que partes están formados uns e outros? Que produtos transportan?
Non esquezas completar o teu álbum de fotos desta unidade dispoñible en anayaeducacion.es. O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder
U2 TIVO OBXEC IÓN EN ACC Creamos a nosa propia lista de criterios para clasificar seres vivos 1
Diego e a súa amiga Nuria clasificaron ao seu xeito as fotos que sacaron durante a excursión. Fíxate nas súas propostas e compáraas utilizando a técnica do espello:
As dúas Diferéncianse parécense en... en...
?
?
Lista de Diego Vermellos
Lista de Nuria
Lista de Diego Diferéncianse en...
Lista de Nuria
Considera isto!
?
n dividir en grup clasificacións lograro
a) As dúas todas as fotos?
Papoula Xoaniña Que fan dano Cardo Araña
os
icas fundaha das característ b) Utilizaron algun nesta os que aprendiches mentais dos seres viv
Bonitos Pardal Coello
unidade?
Que fan a fotosíntese Papoula Cardo Con esqueleto interno e plumas Pardal
Sen esqueleto interno Araña Xoaniña Con esqueleto interno e pelo Coello
sificar son s que usaron para cla c) As característica opinión os ou dependen da propias dos seres viv de cada persoa? 2 Diego acaba de encontrar unha foto máis que se perdera! En que grupo a poñerías usando a clasificación de Diego? E a de Nuria? Estades de acordo toda a clase en ambos os dous casos? 3 Agora tócache a ti! Crea a túa propia proposta usando os criterios científicos que aprendiches para clasificar as fotos de Diego. Por último, engade para cada un dos grupos unha medida que poida servir para protexer os seres vivos que contén.
Como aprendín? 1
Seguro que ao estudar a unidade haberá cousas que che resultaron sinxelas de aprender e outras que che custaron un pouco máis. Escribe no teu portafolio as tres cousas que che resultaron máis difíciles e por que.
2 O que agora xa sabes dos seres vivos, fíxoche pensar en como debes protexelos? Cambiaches algún dos teus hábitos cando te encontras con algunha planta ou con algún animal? Explica como cambiaches.
O que máis traballo me custou aprender Porque...
43
3
Descubrimos animais e plantas
Estas vacacións, a miña tía levoume a facer esnórquel! Prestoume moito! Pos unhas aletas e uns lentes moi grandes cun tubo para poder respirar... e a nadar con coidado de non tocar nada! Vimos peixiños, polbos, ameixas... Tamén había anemones e corais de cores. Non sabía que houbese tantas plantas no fondo do mar! Pero a miña tía di que as anemones e os corais non son plantas, senón animais. Como pode ser? Se están aí quietos e ata teñen flores. Teño unha lea...
Como o ves? Algunha vez viches un ser vivo que non teñas claro se é un animal ou unha planta? Cres que hai algunha forma de asegurarse de se un organismo é un animal ou unha planta? Por que cres que Xaime di que hai que ter coidado de non tocar nada ao facer esnórquel?
Para esta unidade...
O dato Nos mares e océanos viven unhas 250 000 especies coñecidas. E crese que hai moitas máis que aínda son un misterio!
Obxe ctivo en acció n Deseñamos un póster explicando as funcións vitais dunha especie que a simple vista non saibamos se é unha planta ou un animal.
Sigue o fío!
48
A nutrició n dos animai s
A relació n nos animai s
1
2
Como se nutren os animais?
Como realizan a función de relación os animais?
14
A reprodución nos animais
Os animais en Galicia
3
4
Como se reproducen os animais?
Que animais viven en Galicia?
A nutrición nas plantas
A reprodución nas plantas
A relación nas plantas
As plantas en Galicia
5
6
7
8
Como se nutren as plantas?
Como se reproducen as plantas?
Como se relacionan as plantas?
Que plantas viven en Galicia?
49
1 Como se nutren os animais? Tanto os animais coma as plantas necesitamos conseguir nutrientes para manternos con vida; non obstante, facémolo de forma distinta. Alimentos
O proceso da nutrición Os animais realizan a función de nutrición mediante os procesos seguintes:
Osíxeno
Toman alimentos Os animais son heterótrofos, é dicir, obteñen o seu alimento doutros seres vivos. Mediante a dixestión, transforman o alimento nos seus nutrientes básicos, que son absorbidos e repartidos polo organismo.
Refugallos (CO2)
Respiran, distribúen e utilizan os nutrientes Os animais obteñen o osíxeno que necesitan as súas células do aire ou da auga mediante a respiración. O osíxeno e os nutrientes procedentes dos alimentos transpórtanse a todas as células do organismo, que os utilizan para conseguir enerxía e fabricar distintas substancias que lles permiten crecer e reparar os seus corpos.
Expulsan refugallos As células dos animais xeran substancias de refugallo que deben ser expulsadas do corpo. Unha destas substancias é o dióxido de carbono, un gas que se elimina a través do aparato respiratorio, e outras son eliminadas a través do aparato excretor.
Refugallos
Refugallos
Refugallos (restos da dixestión)
o penso Mira com
Un diagrama de fluxo da nutrición Observa a imaxe desta páxina e tómaa de referencia para organizar estes elementos nun diagrama de fluxo que explique a función de nutriRefugallos
Tomar alimentos Respirar
50
Alimentos
ción dos animais. Para saber como facer un diagrama de fluxo, consulta o recurso «Os diagramas de fluxo» en anayaeducacion.es. Nutrientes
Dixerir alimentos Eliminar refugallos
Distribuír substancias Utilizar nutrientes
Osíxeno
U3
Diferentes formas de obter os alimentos
Dentes afiados para capturar e triturar as súas presas.
Mandíbulas para cortar follas.
Corpo con poros para filtrar a auga e obter alimento.
Veleno para paralizar e dixerir as súas presas.
Lingua longa para atrapar as súas presas.
Tentáculos velenosos para atrapar as súas presas.
Aparato picador para succionar sangue.
Diferentes formas de respirar Traqueas distribuídas por todo o corpo para captar o osíxeno do aire.
Pulmóns para obter o osíxeno que hai no aire.
Branquias para obter o osíxeno que hai na auga.
Pel húmida para respirar.
1
Observa os animais da figura e indica un exemplo de animal carnívoro, outro de hervíboro e outro de omnívoro.
2
As aves non teñen dentes. Investiga como se apañan para triturar a comida que inxiren.
Toma nota! Os animais somos heterótrofos, necesitamos alimentarnos doutros seres vivos. 51
2 Como realizan a función de relación os animais? Os animais relacionámonos co noso medio de forma moi diferente ás plantas. Por exemplo, movémonos un montón! Así se leva a cabo a función de relación Os animais son os seres vivos que máis desenvolveron a función de relación. Son capaces de detectar os cambios do seu medio e de reaccionar fronte a eles movéndose, emitindo mensaxes ou cambiando de aspecto. Así, case todos teñen: • Órganos dos sentidos para captar sons, luces e formas, olores, sabores, contacto, frío ou calor. Con frecuencia, os órganos dos sentidos concéntranse na parte dianteira do corpo, que se denomina «cabeza». • Sistema nervioso para interpretar esa información recibida polos órganos dos sentidos e reaccionar fronte a ela. • Aparato locomotor que lles permite mover o corpo e desprazarse con eficacia.
Etapas da función de relación
Estímulo ou cambio no medio ou no interior.
Órganos dos sentidos envían sinais.
Sistema nervioso Elabora e envía ordes.
Aparato locomotor s (por executa as resposta to). en vem exemplo, mo
Os órganos dos sentidos dos animais Os ollos dos polbos están moi desenvolvidos, pero tamén captan a luz a través da pel. Isto permítelles mimetizarse co seu medio.
Os gatos poden xirar as súas orellas para captar mellor os sons.
Os seus ollos permítenlles ver na escuridade e captan moi ben os movementos.
52
Os ollos compostos dos insectos están formados por miles de ollos simples que permiten ver unha imaxe en forma de mosaico.
Os bigotes ou vibrisas son órganos do tacto que lles permiten calcular a anchura dos espazos.
Os morcegos emiten ondas sonoras que rebotan nos obstáculos producindo un eco.
As súas orellas captan estes ecos e utilízanos para calcular as distancias aos obxectos. Este sentido é a ecolocación.
As serpes sacan a súa lingua para captar substancias químicas do medio e levalas á boca.
U3 Ás
Os aparatos locomotores dos animais Patas Patas traseiras longas e extensibles para saltar e nadar.
Patas con pinzas para agarrar.
Ás formadas polas extremidades anteriores recubertas de plumas.
Patas rematadas en pezuños para andar e correr por superficies duras.
Ás recubertas de escamas coloreadas.
Patas rematadas en dedos adherentes para escalar.
Ás formadas por membranas que unen os ósos dos dedos.
Patas aguzadas para andar e gabear.
Aletas
Aletas formadas a partir das ás, con articulacións ríxidas para mergullarse.
Aleta dorsal para proporcionar estabilidade.
Aletas redondeadas para nadar suavemente entre os tentáculos das anemones de mar.
Aletas pectorais para cambiar de dirección.
1
Le as tarxetas nas que se indican os tipos de receptores sensoriais dos animais e di de que tipo é cada un dos seguintes órganos. Despois, propón un exemplo de cada un deles. Receptor de son, receptor de calor, receptor do gusto, ollos compostos, receptor do tacto.
2 As aves que máis desenvolvido teñen o sentido da vista son as rapaces. Por que cres que isto é así? 3 Compara as patas da cebra, dunha ra e as da píntega. En que se parecen e en que se diferencian? Que relación poden ter estas diferenzas cos distintos modos de vida destes animais?
Aleta caudal para propulsarse cara a diante.
Quimiorre
ceptores: captan substancia s químicas. Termorreceptores: detectan cambios de temperatura. Fotorreceptores: captan a intensidade da luz.
Mecanorreceptores : detectan a vibración , movemento, gravida de e presión.
Toma nota! Os animais temos características especiais que nos son útiles no medio no que vivimos. 53
3 Como se reproducen os animais? Viches algunha vez unha planta poñer un ovo? Os animais e as plantas reproducímonos, pero de formas moi diferentes. A reprodución sexual A reprodución dos animais é sexual, porque nela interveñen dous sexos diferentes: o sexo masculino e o sexo feminino. Na maioría dos animais, cada individuo presenta un só sexo; é dicir, son unisexuais. • Os machos teñen órganos reprodutores masculinos que producen unhas células reprodutoras pequenas e móbiles chamadas espermatozoides. • As femias teñen órganos femininos que producen unhas células reprodutoras grandes e inmóbiles denominadas óvulos. Nalgúns animais, como os caracois, os individuos teñen órganos reprodutores masculinos e femininos. Son animais hermafroditas.
Aparatos reprodutores da mosca
Aparato reprodutor feminino
Aparato reprodutor masculino
O proceso de reprodución Pódese resumir en tres etapas:
A fecundación É a unión dun óvulo e dun espermatozoide. Como resultado desta unión créase unha célula chamada cigoto, que logo se multiplica para formar un embrión (é dicir, unha cría en proceso de formación).
O desenvolvemento do embrión É o proceso polo que o embrión, diminuto ao principio, crece e desenvólvese ata formar diferentes tecidos e órganos. Nos animais ovíparos, este desenvolvemento prodúcese dentro dun ovo. Nos animais vivíparos, o embrión desenvólvese dentro do aparato reprodutor da nai.
O nacemento das crías Cando o embrión completa o seu desenvolvemento, ten lugar o nacemento da cría. Se esta sae do ovo, denomínase eclosión. Se sae do corpo da nai, denomínase parto.
54
Pois eu teño os dous tipos de aparat os reprodutores.
Son hermafrodita
U3 O proceso de reprodución en animais O desenvolvemento embrionario
A fecundación
Extrema
Interna
Ovíparo
Vivíparo
A femia deposita moitos óvulos na auga e o macho libera sobre eles os seus espermatozoides. A fecundación ten lugar no exterior.
O macho deposita os espermatozoides no interior da femia, que garda os óvulos. A fecundación prodúcese no interior da femia.
O embrión desenvólvese nun ovo, do que obtén os alimentos e o osíxeno. O período que pasa o embrión no ovo chámase incubación.
O embrión crece no ventre da nai, da que obtén o osíxeno e os alimentos. O período que pasa na nai chámase xestación.
O nacemento e coidado das crías
Algunhas crías, como as das bolboretas ou as das ras, son diferentes dos adultos. Tras o seu nacemento, sofren a metamorfose, que as transforma en adultos.
1
Algúns animais coidan e alimentan as súas crías despois do seu nacemento. Este comportamento está desenvolvido sobre todo nas aves e nos mamíferos.
Define embrión, xestación, eclosión, incubación, parto e cigoto. Di a que etapa do proceso de reprodución se corresponde cada termo.
2 A fecundación sempre debe darse nun medio líquido. Tendo isto en conta, que tipo de animais non poderían ter fecundación externa, os terrestres ou os acuáticos? 3 Indica cales dos seguintes animais teñen metamorfose e cales non: canguro, sapo, traza, parrulo, crocodilo.
Toma nota! Os animais reprodúcense sexualmente. 55
4 Que animais viven en Galicia? Sabías que en Galicia hai animais que non existen en ningún outro lugar?
Ola. Chámome Brais e son un biólogo especializado en animais... é dicir, un zoólogo. Dedícome a estudar os animais no seu medio.
Ás veces só os observo co telescopio ou cos prismáticos e outras veces teño que aproximarme a algún exemplar, así podo estudalos e protexelos.
A miña profesión... zoólogo Como zoólogo, estou facendo un inventario da fauna autóctona de Galicia; é dicir, a fauna propia da rexión. Para que saibades cales son algunhas das especies máis representativas da nosa fauna, déixovos aquí unha mostra. o demo
Cabaliño d
per
Invertebrados
Quim Caracol de
Terrestres. Destacan os moluscos, como o caracol de Quimper e algunhas lesmas, e os artrópodos, como a araña de xardín, a escutíxera, os opilións, o cabaliño do demo, a apatura iris e o pavo real, os escaravellos cerambícidos ou a vacaloura.
Vacalou ra
Apatura iris
Centola
Mexillón de río
Polbo
Anemone
Acuáticos. Destacan os mariños. Hai: cnidarios, como as anemones ou a carabela portuguesa; anélidos, como o arenícola e o neréis; moluscos, como o mexillón, a ameixa, a ostra, o bígaro, a lura e o polbo; artrópodos, como as gambas, os cangrexos, os lumbrigantes, as nécoras ou as centolas; e equinodermos, como a estrela de mar, a ofiura, o cogombro de mar ou o ourizo de mar. En augas doces vive o escasísimo mexillón de río ou náiade perlífera.
Ofiura
56
U3 Vertebrados Ourizo
Lobo
y Mamíferos. Son moi representativos da fauna
terrestre o escasísimo oso pardo, o lobo, o corzo, o cervo, o xabaril, o raposo, o leirón, a fuíña, a londra, a xeneta, o rato de campo, a musaraña, varias especies de morcegos ou o ourizo. Entre a fauna acuática, destacan os golfiños comúns ou a balea franca.
Peto negro Arao alibranco
y Aves. Nos bosques e montes viven o azor, o
rateiro, o falcón, o bufo pequeno, o paporrubio, o paporroibo real ou o peto negro. Nas costas, as gaviotas patiamarela e chorona común, o gaivotón, o corvo mariño cristado, o carrán, o mascato, os pilros, o mazarico galego, a gabita, o arao alibranco, o paíño do mal tempo ou a píllara riscada.
y Réptiles. Os campos galegos son o hábitat de
Píllara riscada
ñesa
Lagarta monta
serpes como a víbora de Seoane, a cobra de auga ou a coronela austríaca. Tamén de lagartos como o escáncer ou a lagarta montañesa.
Víbora de Seoa
ne
y Anfibios. Nas proximidades dos ríos e reguei-
ros pódese encontrar exemplares de píntegas común e rabilonga, a ra vermella ou o sapo común.
y Peixes. Agás a troita, que habita os ríos e re-
gueiros da rexión, ou os muxes e as anguías, que frecuentan as rías, os peixes galegos máis destacables viven nos mares costeiros. Entre os máis frecuentes están a quenlla, o bonito, a xarda, a sardiña, o bocarte, o prago, a pescada, a solla ou o sanmartiño.
Muxe
Píntega a rabilong
Quenlla
Bonito
1
Escolle un dos animais autóctonos de Galicia que nomeou Brais. Poñédevos de acordo na clase para que cada estudante traballe sobre unha especie diferente.
2 Prepara, nunha cartolina de tamaño A3, unha ficha completa sobre esa especie. Inclúe nela fotos e os seguintes datos: nome científico, clasificación, descrición, hábitat, alimentación, reprodución, relación co ser humano e ameazas. 3 Preparade unha exposición sobre fauna galega no colexio con todas as fichas. Ordenádeas segundo a clasificación zoolóxica.
Toma nota! A fauna galega é única e moi valiosa. Axúdasnos a conservala? 57
5 Como se nutren as plantas? A diferenza dos animais, as plantas non necesitan comer outros seres vivos para nutrirse. Teñen unha arma secreta... a fotosíntese! A función de nutrición nas plantas As plantas son seres vivos autótrofos, xa que fabrican os seus propios nutrientes mediante a fotosíntese. De forma simultánea, realizan a respiración. Nestes dous procesos, fórmanse refugallos que se liberan ao medio.
4 Respiración. Du rante a respiración, as plantas toman osíxeno para utilizar os hidrat os de carbono e ob ter enerxía. Neste proceso fórmase dióxid o de carbono.
A nutrición nas plantas paso a paso
Osíxeno
2 follas Fotosíntese. As solar e a xí er captan a en o de id óx di absorben o e, qu , re ai carbono do o, se ut br e m xunto co zu os at dr hi en transforma to en im al (o de carbono o es oc pr No da planta). se e qu , no íxe fórmase os . ra fe os libera á atm
Dióxido de carbono
e tos d Hidra
rb ca
on
o
Zume elaborado
3
Osíxeno Zume bruto
1 As raíces absorben auga e sales minerais que, ao mesturarse, forman o zume bruto, o cal se transporta ás follas
Auga e minerais
58
Dióxido de carbono
coa carbono xunto Os hidratos de o, que ad or zume elab auga forman o . ta an pl a r toda se transporta po
U3
Algunhas formas diferentes de nutrición nas plantas
Moitas plantas son epífitas e viven adheridas a outras recibindo así maior intensidade de luz.
As plantas acuáticas teñen unha gran concentración de clorofila para aproveitar ao máximo a escasa luz solar que se filtra baixo a auga. As súas raíces son moi reducidas, xa que absorben a auga e os sales a través de toda a súa superficie.
Algunhas plantas como a atrapamoscas, que viven en zonas con poucos nutrientes, ademais de realizar a fotosíntese, poden atrapar insectos e dixerilos para enriquecer a súa dieta.
Os cactos son plantas adaptadas a terreos moi áridos. Para reducir a perda de auga, as súas follas teñen forma de espiñas, e realizan a fotosíntese a través do talo, que está recuberto dunha cera impermeabilizante.
1
As follas flotantes do nenúfar teñen unha superficie moi ampla para captar a máxima cantidade posible de luz solar e aproveitala na fotosíntese.
Os musgos carecen de vasos condutores, polo que toman a auga e os sales minerais por toda a súa superficie e necesitan vivir en ambientes húmidos.
Observa a imaxe da nutrición nas plantas cos textos que a acompañan e elabora un texto no que describas o proceso completo.
2 Se foses un insecto capaz de alimentarse de zume de plantas, que zume encontrarías máis apetecible, o bruto ou elaborado? Razoa a túa resposta. 3 Os fentos adoitan habitar nas capas máis baixas do bosque. Cres que isto pode ter algunha relación co gran tamaño das súas follas? Razoa a resposta.
Toma nota! É incrible como as plantas conseguiron nutrirse de formas tan distintas! 59
6 Como se reproducen as plantas? Como a maioría das plantas non poden desprazarse, desenvolveron estratexias moi orixinais para reproducirse.
A función de reprodución nas plantas A reprodución asexual Na reprodución asexual, unha parte da planta é capaz de desenvolver unha nova planta idéntica á súa proxenitora. Xeralmente, a parte da planta utilizada é o talo.
Estolóns e rizomas Algunhas plantas producen talos que crecen sobre o chan (estolóns) ou baixo a superficie do chan (rizomas) orixinando novas plantas.
Bulbos e tubérculos Outras plantas producen talos especiais moi engrosados que se desenvolven baixo o chan e poden orixinar novas plantas.
Gallos Os gallos son normalmente fragmentos do talo que, ao plantalos no substrato, dan lugar a unha nova planta.
Estolón Plantar o gallo
Bulbo
Nova planta
Rizoma Tubérculos
60
1
Observa a imaxe da dereita e describe o que ves. Trata de deducir que son as estruturas que están nas marxes das follas. Busca información para saber de que planta se trata.
2
Fai unha lista con cinco tubérculos e cinco bulbos utilizados para comer ou cociñar. Di cales deles coñeces e se os comiches algunha vez. Investiga as propiedades alimenticias de dous deles e escríbeas no teu caderno.
A imaxe
Estames Pistilo
Filamento
Antera. No seu interior están os grans de pole, que conteñen os gametos masculinos.
Estigma Estilo
A reprodución sexual Para realizar a reprodución sexual, as plantas contan con gametos femininos (óvulos) e masculinos (grans de pole), que se unen e forman unha nova planta.
Pétalo (o conxunto de pétalos forman a corola)
Na maioría das plantas, os gametos orixínanse nos estames e nos pistilos das súas flores. Cando na flor se unen os óvulos e os grans de pole, desenvólvense as sementes, que adoitan estar encerradas nunha estrutura chamada froito.
U3
Ovario. Nel encóntrase o óvulo ou gameto feminino
Sépalo (o conxunto de sépalos forman o cáliz)
2
A reprodución sexual paso a paso
Fecundación. O gran de pole intérnase ata o óvulo, que está situado no interior do pistilo. Os dous gametos se unen.
1 Polinización. As flores atraen os insectos e o pole queda adherido a eles. Así levan o pole a outras flores. O pole pode viaxar tamén a través do vento ou da auga.
3 5
Crecemento. A nova planta crece e transfórmase na planta adulta, que florece na época do ano correspondente.
Xerminación. Cando as sementes caen ao chan e encontran as condicións adecuadas, xerminan e orixínase unha nova planta.
4
Formación da semente e do froito. O pistilo transfórmase en froito e o óvulo en semente.
1 Debuxa no teu caderno catro flores que encontres no teu medio e sinala en cada unha delas as partes que recoñezas. Se non che quedou clara a reprodución se2 Define polinización, fecundación e xerminación. xual nas plantas «Cóntocho nun momento» en anayaeducacion.es.
61
6 Como se reproducen as plantas?
Deseñamos un modelo de semente voadora A
B
C
Antes de que a semente se converta nunha nova planta, é preciso que caia nun lugar adecuado. Moitas sementes teñen estratexias especiais para dispersarse afastándose da planta nai. Para iso, poden utilizar os animais (adheríndose á súa superficie ou deixándose comer por eles para logo ser expulsadas a través das feces), pero tamén poden utilizar a auga ou o vento. 1
Fíxate nas sementes A e C das ilustracións. Cal delas cres que se diseminará a través do vento e cal adherida a un animal? Razoa a túa resposta.
2 Imaxina unha semente que dispoña dunha estrutura para flotar no vento parecida ás aspas dun helicóptero. Debúxaa. 3 Debuxa outra semente que dispoña dunha estrutura semellante a un paracaídas para diseminarse co vento. 4 Observa agora a imaxe B, é a semente do mexacán. Debúxaa e compáraa cos teus dous modelos de sementes. A cal se parece máis? Razoa a resposta.
62
5 Cal cres que é a clave para Toma que a semente de mexacán nota! flote no vento e non caia As plantas poden de golpe? reproducirse de dúas Explícao coas formas diferentes: tus palabras. sexual e asexualmente.
7
U3
Como se relacionan as plantas? As plantas non teñen ollos nin oídos, así que che pode parecer que non se decatan de nada... pero non é así!
A función de relación nas plantas As plantas viven fixas ao chan, non poden moverse e carecen de órganos dos sentidos como os dos animais. Aínda así, son capaces de percibir os cambios do seu medio e de reaccionar fronte a eles. Dese modo realizan a función de relación. Algúns exemplos son os seguintes:
As plantas notan os cambios de estación. As variacións na temperatura, a luminosidade ou a duración da noite inflúen nos seus ciclos.
oo! Que noxoo que Este zume ba doce antes esta e fatal! agora sab
As plantas son capaces de percibir o ataque de insectos e de reaccionar producindo substancias tóxicas. Por exemplo, esta planta reacciona ante a presenza de pulgóns.
Os talos da maioría das plantas crecen cara á luz.
As follas da mimosa púdica préganse respondendo ao estímulo táctil.
Observamos como reaccionan as plantas A imaxe da dereita mostra o resultado dun experimento realizado para comprobar a dirección do crecemento das plantas en relación co sol. Obsérvaa con atención e responde no teu caderno: 1
Describe o que se observa en cada unha das imaxes.
2 Que conclusións podes obter á vista destes resultados?
3
Asemblea de ideas
Pensade como se realizou este experimento e escribide que materiais se necesitan para levalo a cabo. Despois describide, paso por paso, o procedemento que seguiriades. Comprobade que ao realizar a vosa proposta se obteñen os mesmos resultados das imaxes.
Toma nota! Aínda que non adoitan moverse, todas as plantas reaccionan aos cambios do seu medio. 63
8 Que plantas viven en Galicia? Galicia é un lugar ideal para que moitas plantas diferentes poidan vivir. Algunhas só viven aquí!
Facemos un herbario fotográfico da flora galega En Galicia temos a sorte de ter un clima temperado e húmido moi favorable para as plantas. Ademais, hai varios medios moi diferentes, desde os vales e outeiros do interior ata os acantilados, praias e rías da costa. Isto fai que teñamos unha gran diversidade de plantas autóctonas, é dicir, propias da rexión, ademais de poboacións de especies introducidas e máis ou menos integradas na nosa flora. Imos coñecer algunhas das máis representativas. Carballo Bidueiro
As árbores e os arbustos
Piñeiro silvestre
Teixo
y Árbores caducifolias. Entre
as árbores de folla caduca máis características de Galicia destacan os carballos, as faias, os bidueiros, os castiñeiros, os pradairos ou as nogueiras, que forman densos bosques. Xunto aos ríos, crecen os ameneiros, os freixos e os salgueiros.
y Árbores perennifolias. Como
especie autóctona destaca só o teixo. Os piñeiros silvestre e marítimo proceden de antigas reforestacións xa integradas nos medios. Os eucaliptos, que nin son autóctonos nin están integrados, abundan como cultivos forestais.
64
Abeleira
e os típicos de Arbustos. Entr , abeleira, o toxo Galicia están a , o sabugueiro, o breixo, o espiño a ou o acivro. a silveira, a hedr
Toxo
Breixo
U3
Botón de ouro
Aro
Herbáceas
y Dos bosques. Na espesura e nos seus cla-
ros crecen a dedaleira, a anemone de bosque, o botón de ouro, a centáurea ou o aro.
y Dos pastos. Nestes medios humanizados
viven sobre todo poáceas (gramíneas).
Azucena de mar Herba de namorar
y Dos acantilados. Nos cortados de rochas
Cardo marítimo
da costa crecen a armeria ou herba de namorar, a camariña ou o perexil de mar.
y De praias e dunas. Neste ambiente crecen
a carriza ou feo, a azucena de mar, o cardo marítimo, a herba do sal, a acelga marítima, a algodoeira, o alelí das praias e o tártago mariño, entre outras.
y Das rías e brañas. Aquí sobre todo crecen
os xuncos, a celidonia (herba das anduriñas), as ciperáceas ou a acelga salgada.
Acelga salgada
Outras plantas
Fento común
Alelí das praias
Cola de cabalo
obosques e nas e o fento real. brañas crecen o fento común ilaria e a linEn rochas e pozos crecen a cap i frecuente gua de cervo. Nas ribeiras é mo cabalo. o equiseto, chamado cola de as plantas crecen y Musgos e hepáticas. Est idos e somsobre rochas de lugares húm bríos.
sot y Fentos e equisetos. Nos
1
Por que non fas un «herbario fotográfico» da flora da túa zona? Necesitas un smartphone ou unha cámara dixital e un ordenador. • Sal ao exterior e intenta recoñecer as plantas do teu medio que son autóctonas. Fai fotos de cada planta intentando que saian o seu talo, as súas follas, as súas flores ou os seus froitos (pode que teñas que facer fotos en diferentes épocas). • Identifica cada planta e busca información sobre a súa clasificación, a súa distribución, os seus usos ou algunha curiosidade sobre ela. Despois, integra todo nunha presentación dixital que será o teu herbario.
2 Para informarte, visita un xardín botánico próximo á túa zona ou a web da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á agricultura.
Toma nota! Como ves, en Galicia crecen bosques repletos de vida. Anímaste a protexelos? 65
P O R TA F O L I O
Que aprendín? 1
Explica coas túas palabras que son a función de nutrición, a de relación e a de reprodución.
2
Aplica a técnica do espello para indicar os parecidos e as semellanzas da función de nutrición nas plantas e nos animais. O espello
3 Completa as oracións do texto seguinte coa palabra adecuada en cada caso: branquias, células, refugallos, osíxeno, estómago, circulatorio, ano, carnívoros, boca, intestino
6 Entre os seguintes animais, indica cales teñen como aparato respiratorio branquias, cales pulmóns e cales traqueas: robaliza, vieira, pardal, formiga, lagarto, gamba, bolboreta. 7 O animal da imaxe é un ornitorrinco. Elabora unha ficha recompilando a información seguinte. Podes buscar en internet o que non saibas ou deduzas a partir da imaxe. a) Nome. b) Descrición.
A s qu en ll as e se As quenllas son... qu peixes e de alimentan doutros invertebrados. distintas clases de as fileiras de Na... teñen numeros r as preutilizan para tritura dentes afiados, que lo esó, o alimento pasa po sas. A continuación fago ao... . pregada, n unha zona moi re O... das quenllas te entes. Ao a maioría dos nutri onde se absorben mata na rase o recto, que re final deste, encónt s do... . re ao exterior a travé cloaca, a cal se se ab carbono, e eliminar dióxido de Para captar... da auga tamente ..., que se abren direc as quenllas utilizan as l. dunhas fendas na pe ao exterior a través rtados a osíxeno son transpo o e s te en tri nu Os a... . mo grazas ao sistem todas as... do organis forma de n os... das células en As quenllas elimina cloaca. s riles e vai parar á urea que se filtra no 4
Os nutrientes que se poden obter dos alimentos son: graxas, proteínas, hidratos de carbono, auga, sales minerais. Busca información sobre os seguintes alimentos e indica que tipo de nutriente é máis abundante en cada un deles: aceite de oliva, pan, zume de laranxa, pescada.
5 Compara o aparato locomotor dun cangrexo, o dunha araña e o dunha mosca. Anota semellanzas e diferenzas nunha táboa.
66
c) Como o alimento.
toma
d) Órganos dos sentidos. e) Aparato locomotor. f) Como se reproducen e coida as súas crías. 8 Emparella:
a) Zume bruto. b) Fotosíntese. c) Zume elaborado. d) Respiración.
1
Desprende osíxeno.
2 Desprende dióxido de carbono. 3 Rico en sales minerais. 4 Rico en hidratos de carbono.
9 Nas selvas tropicais, as plantas compiten para ser as máis altas e ter máis acceso á luz solar. Que cres que lle sucederá a unha planta que non consegue crecer o suficiente e se ve obrigada a vivir baixo a sombra de árbores moito máis altas? 10 Reflexiona e explica a túa resposta: a) Cres que o froito e a semente se poderían formar sen fecundación? Si/Non b) Cres que se pode formar o froito e a semente sen polinización? Si/Non Non esquezas encher o álbum de fotos desta unidade dispoñible en anayaeducacion.es. O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se necesitaches axuda ou se non a soubeches responder
U3 TIVO OBXEC IÓN EN ACC Facemos un póster dunha especie que non se sabe se é planta ou animal 1
Elixe un dos seres vivos da lista ou, se o prefires, propón un ser vivo que non teñas claro se é un animal ou unha planta. A continuación, enche no teu caderno o seguinte organizador gráfico aplicando a técnica de pensamento Penso-Interésame-Investigo:
Orquídea Anemon
abellón ( Ophrys a pifera). es
Le s m a ( E lysia chlo rotica) Percebe (Pollicip es pollic ipes) E s p o n xa s de mar Corais
Bolboret a folla se c a (G a st quercifo ro p a c h a lia). Penso
Interésame
Busca imaxes do ser vivo que elixiches
Que preguntas che xorden sobre o ser vivo que elixiches?
Que sabes xa sobre este ser vivo? Tes algunha idea sobre se é unha planta ou un animal?
Investigo
Que aspecto che chama a atención?
Busca información para respond er as pregunas que che xurdiron no apartado anterior Anota aquí as túas conclusións
Que che interesa acerca de como se nutre, relaciona e reproduce este ser vivo?
Ocórreseche como pode realizar algunha das funcións vitais?
2 A continuación, deseña un póster usando a información que encontraches. Nel debes aclarar se o ser vivo que elixiches é un animal ou unha planta e explicar como realiza cada unha das súas funcións vitais. Intenta que, ademais de textos, o teu póster teña imaxes e cores para que resulte visualmente atractivo.
Como aprendín? 1
Abofé que ao estudar a unidade haberá cousas que che resultaron sinxelas de aprender e outras que che custaron un pouco máis. Escribe no teu portafolio as tres cousas que che resultaron máis difíciles e explica por que.
2 O que agora xa sabes dos seres vivos, fíxoche pensar en como debes protexelos? Cambiaches algún dos teus hábitos cando te encontras con algunha planta ou con algún animal? Explica como cambiaches.
O que máis me cust ou aprender
?
... ... ...
Porque..... ... ... ...
67
© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.