Eurocidade Chaves-Verín c h a v e s - v e r i n
Nº 3 - Setembro 2010
UE FEDER Invertemos no seu futuro
Saúdos dos alcaldes, Unha vez máis, con esta nova newsletter, queremos continuar transmitindo todas os eventos e actividades de educación, deporte e cultura así como as accións conxuntas de desenvolvemento económica e desenvolvemento sostible que pretenden promover unha maior interacción entre os cidadáns flavienses e verineses, hacia una converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre dúas cidades. Ante esta gran unión que representa a Eurocidade Chaves-Verín, deuse un paso máis na consolidación institucional da mesma coa aprobación por os dous municipios na súa incorporación na Agrupación Europea de Cooperación Territorial ChavesVerín, un novo instrumento xurídico europeo que permite ós entes territoriais de Estados distintos por en marcha grupos de cooperación dotados de personalidade xurídica. Mostra deste ambicioso proxecto que representa a Eurocidade e do seu continuo crecemento son as catro candidaturas que se presentaron á nova convocatoria do POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal) para os anos 2011-2012 co fin de consolidar esta área como un espazo común de servizos e oferta cultural, reforzando a calidade de vida dos seus veciños e veciñas. A Eurocidade permite así reforzar os lazos xa existentes entre estes dous municipios á vez que vai tomando forma e consolidándose co aumento da participación dos cidadáns en cada proxecto mellorando así a calidade de vida dos seus habitantes e impulsando o sentimento de pertencer a un territorio común. Ademáis da nova páxina web da Eurocidade recentemente presentada, esperamos que con esta publicación, os destinatarios da newsletter poidan seguir periodicamente as accións realizadas e os proxectos futuros que con paso firme está a realizar a Eurocidade. João Gonçalves Martins Batista Alcalde-Presidente Municipio de Chaves Juan Manuel Jiménez Morán Alcalde-Presidente Municipio de Verín
OS MUNICIPIOS DE CHAVES E VERIN PRESENTAN CATRO CANDIDATURAS A NOVA CONVOCATORIA DO POCTEP No ámbito da Eurocidade, os municipios de C h a v e s e Ve r í n p r e s e n t a r o n c a t r o candidaturas conxuntas á nova convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) para os anos 2011-2012, co obxectivo de consolidar esta área como un espazo común de servizos, oferta cultural, de lecer e negocio, reforzando a calidade de vida dos veciños e veciñas, a mentalidade do cidadán e fixando a poboación.
As catro candidaturas presentadas son as seguintes: 1. Eurocidade II. Busca dar continuidade ao proxecto, aprobado na primeira convocatoria do POCTEP. Un obxectivo que se enmarca no desenvolvemento de catro liñas de traballo: posta en marcha da Eurocidade Chaves-Verín, AECT -inclúese o funcionamento operativo e institucional da Eurocidade Chaves-Verín e dos seus órganos, do Portelo da Eurocidade para atender ao cidadán sobre as actividades realizadas no ámbito deste territorio e unha unidade de publicacións sobre a mesma-, potenciamento da Eurocidadanía establécese a organización de servizos públicos transfronteirizos -, formación da Eurocidadanía e a posta en marcha da Oficina Transfronteiriza da Xuventude e do Local de Ensaios Transfronteirizos coa participación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, organización conxunta de eventos culturais e deportivos (aséntase na cooperación das entidades para crear unha oferta conxunta que promocione os eventos deportivos e culturais de ambos municipios), dinamización económica da Eurocidade establece un plan de desenvolvemento do turismo -centralizado en temas de saúde e benestar-, potenciamento das rutas turísticas e a promoción da Fronteira Comercial Aberta (co fin de desenvolver iniciativas de fomento dos centros de comercio tradicional, cara a renovación do mesmo e animación das zonas comerciais).
2. Proxecto da ciclovía da Eurocidade Chaves-Verín: destinado á creación dunha rede de circuítos de ciclovía nas marxes do río Támega que potenciará o uso da bicicleta, conservará e dará valor ao patrimonio natural asociado ao río Támega. 3. Centro de Formación Turístico-Termal e da Investigación da Auga. Este proxecto, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense (Xefe de Fila), Secretaría Xeral para o Turismo, Turismo do Porto e Norte de Portugal, ER, Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica, Asociación de Termas de Portugal, ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de F o r m a c i ó n T u r í s t i c o - Te r m a l e d e Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga. 4. Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET). O fin último deste proxecto, que ten como socios o Triángulo Urbano Ibérico Rayano (Xefe de Fila), Asociación Ibérica de Municipios Ribereños del Duero, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e a Diputación de Salamanca; é apoiar a posta en marcha e consolidación dunha rede de entidades transfronteirizas en toda a fronteira luso-española, que permita a obtención de sinerxias, o intercambio de boas prácticas, análise prospectivo e maior visibilidade. As tres principias accións do proxecto consiste en crear un Observatorio de Fronteira -situado en Cáceres e Portalegre-, un Servizo de Estudos -con sede en Salamanca- e constituír un Centro de D o c u m e n t a c i ó n Tr a n s f r o n t e i r i z o n a Eurocidade Chaves-Verín.