EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 8 Decembro 2011
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
1
Eurocidade Chaves-Verín presente en Termatalia 2011 Por cuarto ano consecutivo, Chaves e Verín estiveron presentes conxuntamente na Feira Internacional de Turismo Termal “Termatalia”, que se realizou os días 23 e 25 de setembro, en Expourense. Durante os tres días de feira, os visitantes poideron coñecer o stand da Eurocidade co lema “Eurocidade da Auga”. Dito stand, que se utiliza en todas as feiras que se realizan no ámbito da Eurocidade, está formado por oito paneis con imaxes representativas dos municipios de Chaves e Verín. A Casa do Escudo e a figura do “Cigarrón” (Verín) e a Torre do Menagem e o Centro Histórico de Chaves, son algunhas das imaxes que os visitantes de Termatalia poderán ver nos paneis, unidos póla auga mineral e o termalismo e representados pólo río Támega e os diferentes balnearios de ambas localidades.
8ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves-Verín A Eurocidade Chaves-Verín puxo en funcionamento a oitava edición do Programa de Termalismo Social, entre os días 3 e 12 de outubro, que permitiu a 25 persoas da comarca de Verín acudir ás Temas de Chaves Spa do Imperador, beneficiándose dun desconto especial. Unha iniciativa creada para dar continuidade ao programa de turismo de benestar e saúde sen saír da casa, e que foi posible grazas á firma dun protocolo entre Chaves e Verín polo que os/as veciños/as de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas e que permite aos participantes disfrutar dun programa de nove días de tratamento. O participante tivo acceso as prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, cun descuento do 50% sobre o precio oficial. Uns beneficios, xunto con outros, englobados na Tarxeta do Eurocidadán, que se presentará en breve, e que permitirá que os habitantes de ambos municipios teñan acceso a servizos nas mesmas condicións que na súa localidade, impulsando un incremento na calidade de vida. No paquete incluiuse: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos.
A Tarxeta do Eurocidadán aproba o seu regulamento Chaves e Verín aprobaron o regulamento da Tarxeta do Eurocidadán, unha iniciativa de ambos municipios no ámbito do proxecto de cooperación tranfronteiriza da Eurocidade. En Chaves, o regulamento foi aprobado polo executivo na última reunión da Cámara, o pasado día 17 de outubro, en Verín validouse o día seguinte, no pleno municipal.
Ademais poderon coñecer mellor as accións en curso deste proxecto de cooperación transfronteiriza, o visitante tivo a súa disposición persoal especializado das Termas de Chaves: o SPA do Imperador, que o informou das indicacións terapéuticas, técnicas termais e ofertas existentes neste complexo termal. Este ano, no programa do Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, que se celebrou de forma paralela con Termatalia, estivo previsto a realización, o dia 25 de setembro, de un tour transfronteirizo con saída de Ourense e que contemplou a visita ás Termas de Chaves, ao Parque Termal de Vidago e, finalmente, às Termas das Pedras Salgadas. Cerca de 40 especialistas de prestixio internacional formaron parte do grupo de visitantes que foron a coñecer as prácticas termais destes tres complexos termais do Alto Támega. A esta tarxeta estarán asociadas algunhas funcionalidades e facilidades, que serán aplicadas gradualmente, co obxecto de fomentar un sentimento de pertenza a unha mesma unidade territorial, implicando así os cidadáns no proxecto e na percepción dos seus beneficios. Trátase dun instrumento que permitirá o uso común de equipamentos públicos aos residentes no territorio da Eurocidade -municipios de Chaves e Veríngratuitamente ou a prezos bastante reducidos. Esta iniciativa, que representará o principal instrumento para a creación dunha zona franca social na Eurocidade, contribuirá ao adecuado desenvolvemento do proxecto, dos intereses institucionais comúns e superación das barreiras físicas, administrativas e sociais derivados da pertenza a realidade político-administrativa distintas. Ademais evitará a duplicidade de equipamentos e consecuente duplicación de custos, e proporcionará os mesmos beneficios aos residentes nos municipios de Chaves e Verín, nas mesmas condicións que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo desta forma o intercambio entre as poboacións destes dous municipios e o aumento da oferta e a diversidade de servizos. PÁGINA 8