EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 7 Setembro 2011
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
1
A Eurocidade presente nas 'Xornadas sobre Cooperación' Os días 27 e 28 de xuño, o castelo de Monterrei acolleu a realización do encontro 'Os GDRs e a cooperación no marco da Macroeurorrexión Galicia-Norte de Portugal-Castela e León', organizada pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia. O obxectivo desta xornada foi o de acadar un maior coñecemento sobre as posibilidades de levar a cabo proxectos de cooperación transnacionais no ámbito da macroeurorrexión. Tamén, tentouse lograr un maior coñecemento dos territorios e proxectos xa en marcha, e propostas destes proxectos existentes neste ámbito territorial, así como estreitar lazos con grupos veciñais cos que se poidan levar a cabo novas iniciativas. Ademais de relatorios sobre o futuro da cooperación tanto transfronteiriza como transnacional no seo da macroeurorrexión, foron presentadas iniciativas de especial interese e exportadas a outros territorios como o da Eurocidade Chaves-Verín, destinada a amosar a importancia dun proxecto que naceu co obxectivo de converter a fronteira nunha oportunidade que garanta o desenvolvemento deste territorio.
Eurocidade Chaves-Verín co deporte Co fin de contribuír a unha maior integración dos cidadáns dos dous municipios transfronteirizos, a Eurocidade Chaves-Verín apoiou varios eventos deportivos de gran releve que se organizaron durante todo o verán. Coa presenza de 12 equipos, levouse a cabo a “V Maratón Femenino Fútbol Sala Ciudad de Chaves/Eurocidade”, nos días 25 e 26 de xuño. A final foi disputada por dous equipos, da provincia de Ourense. Este evento deportivo, que tivo o apoio da Eurocidade foi organizado polo Hóquei Clube Flaviense. O 9 e 10 de xullo a Eurocidade organizou a "I Maratón de Futsal Feminino de Verín/Eurocidade Chaves-Verín ", que tivo lugar no Pavillón Deportivo Municipal Verín, e contou con oito equipos de España e Portugal .Os días 23 e 24 de xullo, realizouse o "I Maratón de Futsal Verín/Eurocidade Chaves-Verín", que foi disputado no Complexo Deportivo de A Granxa e no Pavillón Deportivo Municipal Verín, e contou coa participación de 18 equipos. Posteriormente, a eurocidade colaborou por segundo ano consecutivo no “4º Maratón de Fútbol de Playa de Chaves”, organizado polo Grupo Desportivo Recreativo e Cultural dos Ases da Madalena, e que foi realizado no 29, 30 e 31 de xullo. Ademais, nos dous fins de semana seguintes celebráronse o Torneo de “Futvóley” e o “Torneo de Vóley Playa”, eventos deportivos que integran o Maratón. O apoio da Eurocidade a eventos deportivos permite unha maior integración e coexistencia entre os dous municipios. Ademais, a promoción conxunta e a participación de equipos dos dous lados da fronteira contribuíron o aumento da calidade de vida e a competitividade dos eventos realizados.
PÁGINA 8
A Eurocidade Chaves - Verín presente nos Open Days 2011 As cidades de Vigo, Braga e Oporto acolleron durante os días 6, 7 e 8 de xullo a celebración dos Open Days 2011 Evento Local da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, destinado a presentar algúns dos principais proxectos e actividades levadas a cabo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, tanto á cidadanía como aos representantes da Unión Europea para, deste xeito, promover a investigación, a innovación, o desenvolvemento, a mobilidade, o turismo, e as iniciativas levadas a cabo nestas áreas para fomentar un crecemento intelixente, sustentable e integrador. A primeira xornada tivo lugar no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo e na mesma, que foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, expuxéronse cuestións referentes a 'Política de cohesión despois de 2013', 'A Macrorrexión de Rexións do Sudoeste de Europa', 'O Mar: un proxecto orientado cara os sectores de produción marítimos', 'O sector da automoción: unha alianza estratéxica na Eurorrexión' e 'Presentación da Plataforma das AECTs e do Comité das Rexións'. No día 7 de xullo, o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga acolleu a presentación dos relatorios 'Cara a unha Economía do Coñecemento', 'Cooperación en Nanotecnoloxía', 'Exemplos de Boas Prácticas: Economía, Innovación, Coñecemento e Medio Ambiente' e a mesa redonda 'Investigación, Desenvolvemento e Innovación: unha realidade de futuro?'. Na última xornada, a do 8 de xullo, na Casa da Música de Oporto amosaronse aspectos como 'Estratexia de Cohesión', 'Emprego, Formación e Inclusión Social: Futuro do Fondo Social Europeo', 'Asuntos sociais en zonas transfronteirizas' e 'Cooperación para a eliminación das barreiras transfronteirizas'.
Foi nesta última xornada cando o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentou o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín aos/ás asistentes aos Open Days 2011. Un proxecto de cooperación transfronteiriza que desde a súa constitución conforma un verdadeiro exemplo de integración europea de segundo grado, o que permite que se posicione ao nivel de outras conurbacións europeas como a Eurometropole de Francia e Bélxica, a Agrupación Ister-Granum de Eslovaquía e Hungría ou a de Frankfurt-Oder e Slovice en Alemania e Polonia. Durante a presentación o alcalde verinense, que xa participou xunto co presidente do Municipio de Chaves João Gonçalves Martins Batista nos Open Days 2008, expuxo os obxectivos da Eurocidade, axenda estratéxica, accións (Infraestrutura técnica da Eurocidade Grupo de Traballo, Gabinete de Apoio Técnico e a plataforma de comunicación www.eurocidadechavesverin.eu-, Construción da Eurocidadanía -oferta deportiva, cultural e termal común, axenda cultural, concursos e actividades para a infancia, Fronteira Comercial Aberta e promoción turística conxunta-, Dinamización e Promoción Económica -Fronteira Comercial Aberta e promoción turística conxunta- e Territorio Sostible) e os proxectos futuros.