EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 5 Maio 2011
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
1
Galicia e Portugal debaten un acordo transfronteirizo para reforzar a cooperación na área da saúde na Eurocidade Chaves-Verín
A conselleira de Sanidade de la Xunta de Galicia, Pilar Farjas, e o secretario de Estado adjunto e dá saúde, Manuel Pizarro, reuníronse o día 18 de marzo, en Chaves, para abordar a coordinación dos servizos de saúde transfronteirizos. No contexto do acordo, entre España e Portugal, as dúas administracións comprometéronse a levar a cabo actuacións en materia de saúde. Como primeiro paso crearanse dúas comisións, unha xeral para caracterizar os servizos de saúde na zona transfronteiriza, Galiza - Norte de Portugal, e outra especifica dedicada á Eurocidade Chaves-Verín. Despois desa análise e caracterización ambas as dúas administracións esforzaranse para promover acordos de cooperación entre os servizos de saúde de ambos os dous lados, para que de modo conxunto se preste un mellor servizo aos cidadáns. Na reunión, participaron o presidente de Chaves e o alcalde de Verín, João Batista e Juan Manuel Jiménez, entre outras personalidades. Entre os temas abordados, poden destacarse a formación profesional e a posibilidade dos alumnos para realizar a correspondente formación práctica no país veciño, o reforzo e a coordinación do transporte de saúde urxente e a complementariedade entre os centros hospitalarios. Neste sentido, nos próximos días asinarase un memorando de entendemento entre ambas as dúas administracións, que planificará e establecerá as liñas estratéxicas para o futuro traballo a desenvolver. Todo co obxecto de que, nun futuro próximo, poida existir unha planificación e coordinación conxunta dos servizos de saúde do territorio, sen ter en conta a fronteira, como é o caso dos servizos de emerxencia e a actuación complementaria entre os servizos de saúde.
Alumnos lituanos e italianos visitan a Eurocidade Chaves-Verín dentro do programa educativo Comenius Dende e 4 ao 8 de abril, vinte e catro alumnos do Istituto Tecnico Industriale 'E. Fermi' de Barletta (Italia) e Plunge Senamiescio Secondary School de Plunge (Lituania), acompañados de profesores, once estudantes do IES García Barbón e educadores do mesmo centro visitaron a Eurocidade Chaves-Verín, para clausurar o proxecto 'Explorando a Similitude e Diferenza', enmarcado dentro do programa educativo Comenius. Na primeira xornada, alumnos e profesores dos tres centros educativos foron recibidos polos rexedores municipais de Verín, Juan Manuel Jiménez, e Chaves, Joâo Batista, que lles mostraron os proxectos que se están a desenvolver no ámbito da Eurocidade ChavesVerín. Durante os restantes días, ademais de presentar os traballos realizados, visitaron diferentes cidades galegas e os recursos termais, vitivinícolas e patrimoniais das localidades de Chaves e Verín. O proxecto 'Explorando a Similitude e Diferenza', realizado durante dous cursos lectivos (2009-2011), naceu co obxectivo de analizar as semellanzas e diferenzas de dous aspectos básicos da cultura tradicional dun país: gastronomía e música. Nas respectivas viaxes a Italia e Lituania expuxéronse traballos sobre instrumentos tradicionais e proceso de elaboración do pan, nesta visita presentaranse os dous últimos: cancións tradicionais -transcribidas ao inglés da súa lingua orixinal e interpretadas por xente maior da zona- e menús festivos da época da Coresma -martes de Entroido en Verín, festa de Pascua en Barletta e xoves de Despedida do Inverno en Plunge.
6ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves-Verín A Eurocidade Chaves-Verín puxo en funcionamento a sexta edición do Programa de Termalismo Social, dende o 28 de marzo ao 9 de abril, que permitiu a persoas da bisbarra de Verín-Monterrei acudir ás Termas de Chaves - Spa del Imperador, beneficiándose dun desconto especial. Unha iniciativa que é posible grazas á firma dun protocolo entre a empresa municipal que xestiona as Termas de Chaves e o Concello de Verín, polo que os/ás veciños/ás de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas. Uns beneficios, xunto con outros, englobados na Tarxeta do Eurocidadán, que se presentará en breve, e que permitirá que os habitantes de ambos os dous municipios teñan acceso a servizos en iguais condicións que na súa localidade, impulsando un incremento na calidade de vida. Esta sexta edición permitiu que as persoas maiores de 50 anos PÁGINA 8
acudisen durante nove días -exceptuando o domingo-, a realizar o tratamento que, en cada caso, o médico hidroloxista lles prescribiu na consulta, que se efectuou no primeiro día. O valor do paquete dende 125 euros, segundo a tipoloxía e o número de tratamentos que o participante decida escoller, tras a consulta médica e respectiva prescrición clínica. O participante tivo acceso ás prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, cun desconto do 50% sobre o prezo oficial. No paquete incluíuse transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta do médico e acompañamento de enfermaría, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos.