EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 4 Febreiro 2011
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
1
A Eurocidade Chaves-Verín galardoada nos Centro de Formación Turístico-termal ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’ e de investigación da auga
O día 1 de febreiro, a Eurocidade Chaves-Verín recibiu un dos galardóns dos ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’, entregados pola Comisión Europea en Bruxelas aos seis compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea da Seguridade Viaria. Unha iniciativa que destaca as prácticas máis innovadoras realizadas no marco desta carta, creada pola Comisión Europea no ano 2001 co obxecto de reducir o número de vítimas dos accidentes de tráfico, e que premia as actuacións destinadas a mellorar a seguridade viaria e salvar vidas nas estradas europeas. O Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín ten como obxecto establecer un marco cara á implementación desta iniciativa innovadora no ámbito da educación e seguridade viaria, que poida servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, na que unir esforzos e intercambiar experiencias e dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente para a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, nunha zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas. Durante o acto, presidido por Siim Kallas, vicepresidente da Comisión Europea e Comisario de Transportes, participaron Sílvio José Sevivas da Silva e Fernando Castro Salgado como representantes dos municipios de Chaves e Verín, que mostraron aos presentes a realidade do Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín, así como as actuacións desenvolvidas no mesmo durante estes últimos anos. Esta xornada tamén incluíu a sinatura da Carta Europea de Seguridade Viaria por parte de novos membros e a realización dos workshops sobre os seguintes temas “Actividades de seguridade viaria internacionais na próxima década”, “Seguridade viaria profesional: como construír unha solución integrada” e “Seguridade viaria na cidade: como mellorar a seguridade dos
usuarios vulnerables”.
Eurocidade presente na mostra Sabores & Saberes Por cuarto ano consecutivo, a Eurocidade Chaves-Verín participou na mostra “Sabores e Saberes”, que se celebrou os dias 4, 5 e 6 de febreiro, en Chaves. Durante os tres días do evento, miles de persoas pasaron polo recinto da feira, para apreciar a artesanía e a gastronomía. O stand da Eurocidade suscitou moito interese entre os visitantes, a xulgar polas dúbidas e preguntas realizadas, máis concretamente sobre as accións deste proxecto de cooperación transfronteiriza, ou con respecto a tradicional figura do ‘Cigarron’, característico do Entroido de Verín.
PÁGINA 8
O pasado 4 de xaneiro, a localidade de Verín acolleu unha nova reunión do Grupo de Traballo da Eurocidade Chaves-Verín, na que Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, aceptou a presidencia do mesmo e tamén se repartiron os primeiros carnés de Eurocidadáns aos representantes institucionais presentes. No acto presidido por Rueda Valenzuela presentáronse no só o informe do Secretariado Técnico Conxunto, no que se explicaron as actuacións realizadas e futuras-, senón tamén o "Estudio de Transportes da Eurocidade", "Centro de Investigación Turístico-Termal e Investigación da Auga", "Cidade da Saúde" e "Estratexia de cooperación institucional da Rexión do Norte". Nestes dous anos, a Eurocidade Chaves-Verín logrou catro proxectos aprobados, tres POCTEP (Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España Portugal), e un URBACT, “algo inusual, pero que revela o traballo ben feito por parte da Eurocidade”, dos que os dous xa se realizaron e os restantes “poranse en marcha a finais de xaneiro ou principios de febreiro”. Unha destas candidaturas é a do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga, presentado aos asistentes por Carmen Pardo López, secretaria xeral para o Turismo. Un proxecto, cun orzamento de 1.786.923,20 euros -75% financiado por Fondos Feder- e no que colaboran a Deputación de Ourense, Secretaría Xeral para o Turismo e Turismo do Porto e Norte de Portugal, Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e Asociación de Termas de Portugal. O mesmo ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga, e na que tamén se incluirá unha ruta transfronteiriza termal e da auga. Unha cuestión apoiada polo titular de Presidencia que indicou que “a Eurocidade, tanto cos proxectos realizados como futuros, revela a existencia dun modelo de cooperación transfronteiriza na que os cidadáns poidan comprobar os efectos positivos e beneficios da mesma, e conforman un exemplo para toda a fronteira entre Galicia e Norte de Portugal”. Na mesma liña expresouse o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán entregou xunto co seu homónimo de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, os primeiros carnés do Eurocidadán, e afirmou que “os dous municipios teñen o reto de ser un laboratorio de construción de cidadanía europea, destinado a mellorar a calidade de vida de verinenses e flavienses”.