Boletín informativo Eurocidade nº2

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 2 Febreiro 2010

a eurocidade da água

CONCELLO DE VERÍN

1

Chaves e Verín asinan a Carta Europea de Seguridade Viaria O presidente da Cámara Municipal de Chaves, João Batista, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán asinaron a Carta Europea de Seguridade Viaria, impulsada pola Comisión Europea co fin de reducir o número de vítimas de accidentes de tráfico. Esta actuación permitirá desenvolver accións concretas, entre os municipios de Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria como son: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e reposición de sinais de tráfico e sobre todo, repetir en anos posteriores, a ‘Semana da Seguridade e Educación Viaria’ na Eurocidade Chaves-Verín. Nesta actividade participaron a Dirección General de Tráfico, Jefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública e Guarda Nacional Republicana de Portugal. E a través da realización de charlas-coloquios e xornadas prácticas, como exposicións, exhibicións de medios, teatro ou actividades con karts, mostráronse actuacións conxuntas.

I Concurso de Fotografía “Recursos Históricos e Naturais da Eurocidade Chaves-Verín”

Eurocidade premiada como “Destino Turístico de Futuro” A Eurocidade Chaves-Verín recibiu o premio de 'Mellor Destino Turístico de Futuro', concedido pola revista Viajes y Turismo, que distingue aos destinos nacionais e internacionais con iniciativas innovadoras e pioneiras no ámbito do desenvolvemento turístico. Este galardón recoñece o patrimonio termal, histórico e turístico dos municipios de Chaves e Verín; así como, a labor de divulgación do destino e a asociación deste ao termalismo, saúde, benestar e natureza. Nesta edición, a revista Viajes y Turismo tamén premiou a Galicia como “Completo destino turístico mirando cara ao Ano Xacobeo”. Xunto con Galicia, na sección nacional, resultaron galardoadas Ciudad Real, El Puerto de la Cruz, San Nicolás de Tolentino (Gran Canaria), D.O. Jamón de Teruel ou a comarca Entreparques de Castilla-La Mancha, entre outros. Xa dentro do apartado internacional os premios repartíronse entre India, a rexión de Campania (Italia), Malopolska (Polonia) e Madeira (Portugal).

A Eurocidade Chaves-Verín promove o primeiro concurso fotográfico 'Recursos históricos e naturais da Eurocidade', destinado aos/ás nenos/as e mozos/as de ambos municipios e co fin de incentivar a súa capacidade artística, o interese pola fotografía e a importancia dos recursos naturais, históricos e culturais de Chaves e Verín. As bases para participar no concurso fotográfico 'Recursos históricos e naturais da Eurocidade Chaves-Verín' son os seguintes: 1º.- Obxectivo Despertar o interese pola fotografía, e coñecer os recursos históricos e naturais do Concello. 2º.- Tema Libre nos procedementos técnicos a empregar, deberá obedecer ao tema xenérico 'Recursos históricos e naturais da Eurocidade'. 3º.- Destinatarios Nenos/as e mozos/as con idades entre os 6 e 15 anos. 4º.- Traballos Os traballos a concurso serán individuais. Non está permitida a fotografía manipulada. Os traballos poderán entregarse en papel fotográfico (dimensións de 20 cm x 15 cm) ou en formato dixital a través dun CD. Cada participante poderá participar con tres exemplares. (continuação)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Boletín informativo Eurocidade nº2 by AECT Eurocidade Chaves-Verín - Issuu