Martiño é un neno que adora o monte. Pero unha tarde de outono, algo inesperado cambia todo: un incendio aparece e o monte deixa de ser o mesmo. Martiño terá que descubrir como pode enfrontarse a esta nova realidade, e intentará poñerlle solución coa axuda de toda a escola. Tras este suceso, todo o mundo entenderá a grande importancia que ten o coidado da natureza.