Revista do Craega 58 | outono 2021

Page 30

ALIMÉNTATE BIO

O Craega colaborou por segundo ano na campaña “Come Local” Por segundo ano consecutivo o Consello implicouse na campaña “Come Local”, que leva a cabo a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) nos comedores escolares galegos co fin de concienciar as novas xeracións sobre a vital importancia que supón habituarse a alimentarse dun xeito saudable e, ao tempo, respectuoso co medio ambiente. Slow Food Compostela foi a encargada de promover os produtos dentro das DOP, IXP e da agricultura ecolóxica de proximidade. A iniciativa levouse a

cabo en 20 centros educativos, repartidos polas provincias galegas, entre eles os comedores escolares distinguidos como km 0. Esta proposta abordou diversas actividades formativas, tanto sobre as características nutricionais dos produtos eco coma o impacto que supón o consumo de alimentos certificados na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU (ODS), ademais de degustar os menús especiais elaborados con produtos de proximidade galegos, algúns deles facilitados polo Craega.

Os menús eco dos centros participantes Os diferentes centros participantes recibiron variados produtos de orixe ecolóxica cos que puideron cociñar receitas das que desfrutaron os usuarios dos seus comedores: no CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro) ofreceron unhas cremas de leite de vainilla e canela e xeado manteigoso de froitos vermellos; no CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral), kiwi e leite; no CEIP López Ferreiro (Compostela), arroz con leite e canela; no Colexio La Milagrosa C R A E G A 3 0

5 8

de Santiago de Compostela, xeados; no Colexio Alca de Ames, leite e salsa de tomate; no CEIP Santa Baia de Boiro, polo con patacas e chícharos e iogures; no CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba, leite, salsa de tomate e tenreira, cos que elaboraron pudin de leite, pasta á boloñesa e hamburguesa con pan, cebola, leituga e tomate; no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda, kiwis e tomates; no CEIP Joaquina Gallego Jorreto da Merca, arroz con leite; no CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, xeados e hamburguesa de tenreira; no colexio Salesianos-A Mercé de Cambados, xeado e marmelo; no CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa, guiso de polo; no CEIP A Paz de Coruxo (Vigo), espetos de polo con froitas e verduras e, por fin, no CEIP Santa Eulalia (Dumbría), cabaciña gratinada con queixo da DOP San Simón da Costa e polo e kiwis de sobremesa.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Revista do Craega 58 | outono 2021 by Transmedia Comunicación - Issuu