NOVAS BREVES
Xuntanza en Vilanova de Arousa coa conselleira do Mar para visibilizar o sector acuícola Co fin de darlle visibilidade ao sector da acuícola ecolóxico, a comezos deste outono diversos representantes do Craega desprazáronse ata o concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, onde se levaron a cabo unha serie de actividades conxuntamente coa Consellería do Mar. En primeiro lugar, os vogais do Consello celebraron un Pleno no Centro Cultural Teatro-Auditorio Valle Inclán, sito na vila arousá. Seguidamente, reuníronse co director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos Corral, e coa directora de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez Moreda, e o equipo achegouse ata a conserveira Antonio López Lafuente (Pan do Mar).
O Craega, comprometido co deporte
O evento pechouse cun xantar a base de produtos ecolóxicos no que se incluíron produtos do mar, ao que asistiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo. Neste encontro debatéronse diversos aspectos relacionados co sector primario en ecolóxico que depende desta consellería, como son o cultivo de algas e as bateas.
Como xa vos contamos, na pasada primavera o presidente do Consello Regulador, Francisco López Valladares, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlon Moderno (Fegatri), Gonzalo Mario Triunfo, asinaron un convenio de colaboración co fin de incentivar as actividades deportivas e fomentar o consumo de produtos amparados polo Craega.
C R A E G A 2 4
5 8
A raíz dese convenio, ao longo destes meses disputáronse diversas probas nas que a imaxe do Consello estivo presente, tanto na roupa dalgúns participantes, coma nas máscaras ou nas bandeirolas que formaban parte dos circuítos. Entre eses campionatos, celebrouse o Xunta de Galicia de Tríatlon e o Xunta de Galicia de Remudas Mixtas, en Pontevedra, onde contaron coa presenza da maioría dos mellores triatletas galegos, internacionais e campións mundiais. A imaxe do Craega tamén tivo presenza no Campionato Xunta de Galicia (absoluto, júnior, sub23 e veterano), que se enmarca no IV Acuatlón do Concello de Poio, así como na proba popular de Tríatlon Cros, organizada polo Concello de Miño e a Deputación da Coruña e celebrada nas inmediacións da Praia Grande de Miño. O Consello tamén formou parte do XX Gran Premio Ciclista San Froilán (Lugo), no que participaron uns 400 deportistas de 35 clubs de toda Galicia. O Craega, xunto co Concello de Lugo, Mybike, Codan, Cabreiroa, Grupo Ditram e Esturion Galicia, colaboraron neste evento organizado polo Clube Ciclista Cidade de Lugo.