A REPORTAXE
Xosé Lois Lamazares, un dos socios fundadores da empresa chantadina
Galletas Mariñeiras, a longa e frutífera travesía de Daveiga As Galletas Mariñeiras son unha adaptación moderna do pan de barco, unha solución antiga dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de forma natural. Pódense comer soas ou como acompañantes a calquera hora, xa que se poden combinar con doce ou salgado e a súa resistencia á absorción de humidade permite que non se abranden co paso das horas. Coñecemos como C R A E G A 1 3
5 7
chegaron estas galletas a Chantada da man de Xosé Lois Lamazares, un dos seus creadores, onde traballan actualmente máis de oitenta persoas cun modelo de réxime asociativo que, entre outras vantaxes, ten as da flexibilidade horaria e a transparencia a nivel empresarial, pois todos forman parte das decisións e están ao día dos datos económicos, tanto dos gastos coma dos beneficios.